LIBGDX Instalación do GWT Plugin
UNIDADE 1: Instalación do GWT Plugin
Como dixemos anteriormente imos centrarnos no desenvolvemento de xogos para escritorio / móbil, pero neste punto imos ver como tamén poderíamos facer uso dos navegadores para executar o xogo.
O framework LIBGDX permite a execución dos xogos utilizando Javascript/WebGL nos seguintes navegadores: Chrome, Safari, Opera, Firefox, IE via Google Chrome Frame
- Para instalar o GWT:
- Averiguar a versión de eclipse
-
Primeiro debemos de averiguar que versión de eclipse temos instalada. Para iso abrimos o eclipse e imos o menú de Help.
-
Despois prememos sobra a icona de eclipse.
-
Na parte baixa temos a versión de eclipse que estamos a usar.
- Instalación do plugin GWT
-
Imos a opción de menú Help => Install new software
-
Agora debemos ir a este enlace e copiar no portapapel a dirección indicada en función da versión do eclipse. No meu caso sería https://dl.google.com/eclipse/plugin/4.2.
-
Prememos o botón Add e na ventá que aparece escribimos GWT e a dirección copiada.
-
Na ventá nova marcamos as opcións de Google Plugin e SDK. Prememos o botón Next, aceptamos as lincezas e no seguinte paso prememos o botón Finish e instalamos.