Conclusións finais
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Acabamos de chegar ao final do curso de Virtualización, até agora isto sería experimentación, porque por onde hai que comezar é polo final, isto é:
- Analizar que tipos de Servizos queremos dar coas MVs (Acostúmase a atomizar: unha MV -> moi poucos servizos, por se hai que reiniciala causar os menos problemas posibles).
- Analizar os hosts dos que dispoñemos ou vaiamos dispoñer:
- Similitudes na CPU
- RAM necesaria (Hai que analizar a suma das RAMs das MVS), para que un host poida asumir as MVs ou parte doutro host que se caeu ou hai que apagar.
- Tarxetas de rede dos hosts.
- Infraestructura de rede:
- Vaise separar o tráfico, ou non, de xestión, MVs e almacenamento?.
- Vaise realizar Bonding, que tipo?
- vaise usar Multipath?
- Cabina de almacenamento:
- Ten 2 ou máis interfaces de rede?.
- Soporta iSCSI?
- Soporta Bonding ou Multipath?
- Cantos discos admite?
- Imos ter todo na cabina ou imos ter unha cabina redundante?.
- Programación das políticas de protección das MVs, cantos recursos vai consumir?
- Todas estas, e outras, son preguntas a facerse antes de instalar unha MV nun host.
- Primeiro boli e papel, como sempre, e aproveitar a experimentación do curso para crear os escenarios que se adapten ás nosas necesidades e que nos encaixen nas nosas posibilidades presentes e futuras.
- E antes de crear as MVs hai que ter montada toda a infraestrutura (rede e almacenamento).
- E como aquela frase que se oía antes cando se remataba de construír unha casa: agora había que tirala e facela de novo... para corrixir os erros cometidos.
- A continuación amósase unha abstracción do proceso de análise:
- E un exemplo, tomado de EMC2, de tráfico iSCSI, NFS/SAMBA e Fibre Channel a través de HBAs e switches de Almacenamento.
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)