Auto inicio das MVs. vApps
Introdución
- Cando se acende o host (servidor físico) o ideal sería acender aquelas MVs que desexa o usuario para non ter que entrar ou no xsconsole ou a través de xe ou con XenCenter para ir acendendo as MVs.
- Esta funcionalidade coñécese co nome de Auto-start.
- As versións actuais de XenServer e XCP deshabilitaron esta funcionalidade (Auto-start) dende XenCenter.
- Esta foi deshabilitada en XenCenter, porque cando se usaba a funcionalidade de Alta Dispoñibilidade (HA) producía resultados inesperados.
- Para iniciar unha MV automaticamente despois de que se inicie o host hai que facelo co CLI xe.
- Tamén sería ideal ter unha especie de folla de ruta na indicar que MVs se inician nun orde determinado e ademais, se fose necesario, que unhas MVs non se iniciaran até que outras xa estiveran iniciadas.
- Isto resólvese co agrupamento lóxico de varias MVs nun vApp, de tal sorte que cando se inicia ese vApp inícianse as MVs que forman o agrupamento, na orde establecida e en función das dependencias existentes entre elas.
Iniciar MVs automaticamente: Auto-start
- Como xa se indicou vaise activar esta funcionalidade a través do CLI xe no host xen00 e na MV dMySQL.
- Auto-start
-
Habilitar primeiro a funcionalidade no Pool, que aínda que o usuario non creara ningún, existe un por defecto. Imos ver os uuid dos pooles con: xe pool-list.
-
Habilitar Auto-start no pool: xe pool-param-set uuid=UUID other-config:auto_poweron=true.
Reemprazar UUID có UUID do pool. Lembrar a tecla TAB. -
A continuación realízase algo semellante coas MVs:xe vm-list.
-
xe vm-param-set uuid=UUID other-config:auto_poweron=true, para activar Auto-start na MV dMySQL. Reiniciar o host (xen00) e comprobar que a despois de acenderse este acéndese dMySQL.
Como tódalas MVs están paravirtualizadas ou teñen as XenServer Tools instaladas, se estas están acesas e se decide apagar o host non é preciso ir apagando MV por MV, pois xa o host lle envía o sinal para que fagan un apagado ordenado.
Crear un grupo lóxico de MVs relacionadas: vApp
- A continuación vaise crear un grupo lóxico de dúas MVs cunha suposta relación entre elas á hora de acendelas, de modo que dx2go vaise acender 15 segundos despois de dMySQL.
- vApp
-
Deshabilitamos Auto-start de dMySQL: xe vm-param-set uuid=UUID other-config:auto_poweron=false
-
Premer no menú Pool: Manage vApps...
-
Crear un novo vApp.
-
Indicar o nome, neste caso: Inicio Servidores.
-
Seleccionar as MVs que formarán parte do vApp.
-
Configurar a orde de inicio das MVs. Fixarse que a MV dMySQL, que se inicia na orde 0, ten configurados 15 segundos para que as MVs que van na orde 1 se acendan 15 segundos despois dela.
-
Se agora se premerse en Start estas 2 MVs acenderíanse na orde na que se indicou.
-
Unha vez acesas as MVs do agrupamento tamén se poden apagar en orde. Premendo en Shutdwon.
-
Na lapela General das MVs amósase a que vAapp pertence a MV.
-
Nas propiedades das MVs que pertencen ao agrupamento en Start Options tamén se pode ver a orde de inicio e o tempo que debe pasar para que se inicie a que vai na seguinte orde.
Facer que se inicie un vApp automaticamente
- A continuación vaise configurar o host xen00, para que cando se acende, este lance o vApp e por tanto as MVs que hai configuradas dentro do vApp.
- Por desgracia vApp non ten o parámetro: other-config:auto_poweron=true
- vApp
-
Amosar o uuid do vApp creado anteriormente: xe appliance-list.
-
Coa instrución xe appliance-start uuid=UUID lánzase o vApp e como se pode ver as MVs comezan a iniciarse e non se devolve o control á consola ...
-
... até que están as 2 MVs iniciadas.
-
Copiar a instrución anterior e pegala ...
-
Ao final do ficheiro /etc/rc.local que se executa ao final do proceso do inicio do host. Indicar que espere 40 segundos (como mínimo, ao mellor precísase máis tempo) antes de lanzar o vApp: sleep 40.
Reiniciar o host e comprobar que se lanza o vApp e por tanto as MVs que están agrupadas nel.
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)