Instantáneas / Snapshots
Introdución
- XenServer (e XCP) ofrecen un mecanismo para realizar instantáneas do almacenamento das MVs e dos seus metadatos.
- As operacións de E/S son temporalmente detidas mentres se realiza a instantánea para garantir a consistencia dos discos capturados.
- Unha instantánea ten as mesmas características que un template: contén a información de almacenamento e a configuración da MV.
- Unha instantánea pode ser exportada e restaurada.
- O proceso ten 2 pasos:
- Capturar nun template os metadatos.
- Crear unha Imaxe de Disco Virtual (VDI) dos discos da MV.
- Existen tres tipos de instantáneas:
- Instantáneas normais (Regular): son as idóneas para os backups, soportadas por todo tipo de MV.
- Instantáneas con memoria: engade ás instantáneas anteriores o estado da memoria.
- Instantáneas "durmidas ou inactivas" (Quiesced): Este tipo de instantáneas pódense usar en MV Windows que usan o servizo Volume Shadow Copy (VSS) (Copia na sombra de volumes), que permite realizar copias ou instantáneas de ficheiros abertos. Isto é moi útil para servidores de BBDD (MS SQL Server), de correo (MS Exchange), etc. Para afondar máis sobre VSS
- Neste curso vanse ver o primeiro tipo de Snapshots usando a MV dMySQL.
Xestión de instantáneas
- Snapshots
-
Seleccionar a MV, sen apagala, e Tomar unha instantánea.
-
Indicar o seu nome e o tipo, neste caso Normal (só os discos).
-
A instantánea creada na lapela Sanpshots ...
-
Crear unha carpeta na MV.
-
Volver tomar unha instantánea.
-
O fluxo de instantáneas tomadas.
-
Crear unha nova carpeta e realizar moitas cousas máis. Isto sería o estado actual da MV.
-
Agora, despois de probar moitas cousas decídese volver ao estado de antes de crear a primeira carpeta.
-
Advertencia que indica que se desexa, antes de volver atrás, pódese facer unha instantánea do estado actual da MV.
-
Poñerlle un nome a instantánea do estado actual da MV.
-
O fluxo de instantáneas tras reverter o estado. No proceso reiniciouse a MV.
Se se desexara poderíase borrar algunha instantánea para liberar espazo no disco do host.
Ou poderíase exportar unha delas. -
Comprobación de que as carpetas xa non existen.
-
Como se comentou unha instantánea tamén se comporta como un template. Se se crea unha nova MV faríase do mesmo modo que cun template.
-
Na lapela de Storage de Local Sotrage do host pódense ver os distintos discos das MVs e das instantáneas. Observar como para cada instantánea hai 2 discos: o do SO e o que engadimos máis enriba.
-
Co comando xe snapshot-list podemos ver as Instantáneas creadas. Como sempre axudámonos da tecla TAB. Para afondar máis sobre outros comandos relacionados con Snapshots: http://docs.vmd.citrix.com/XenServer/6.2.0/1.0/en_gb/reference.html#id981449
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)