Biblioteca de imaxes ISO
Introdución
- Existen varias formas de instalar un S.O. nunha MV:
- A través da unidade de CD/DVD física do host.
- A través dun repositorio de imaxes ISO a través de recursos compartidos por CIFS/SMB ou NFS. Verase a continuación.
- Algúns sistemas Linux poden ser instalados a través de internet indicándolle a url de onde obter o S.O.. Esta forma será coa que se peche esta parte IV do material.
Engadir un repositorio de imaxes ISO: CIFS
Neste caso un equipo Windows ten un recurso compartido chamado Recursos que contén un subdirectorio ImaxesISO que alberga imaxes ISO de varios Sistemas Operativos. Lembrar que o recurso compartido é Recursos. O repositorio de IMAXES ISO pode estar en calquera equipo que comparta unha carpeta a través de CIFS ou NFS.
Introducir os datos para chegar ao repositorio. Formato: \\servidor\recurso_compartido. Pero neste caso o recurso compartido non contén as imaxes ISO directamente senón que están nun subdirectorio. Pois neste caso deberá poñerse: \\servidor\recurso_compartido\ruta_ate_as_imaxes_iso. Ademais se o recurso precisa que nos autentiquemos indicar usuario e contrasinal.
Engadir un repositorio de imaxes ISO: NFS
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 1014)