Multipath I/O (MPIO). Configuración iSCSI MPIO en FreeNAS
Características e funcionamento de Multipath I/O (MPIO)
- MPIO é un protocolo que:
- Só opera con conexións iSCSI.
- Balancea o tráfico (aínda que só haxa unha soa conexión orixe-destino) por todos os camiños dispoñibles entre o orixe e o destino da comunicación.
- Cada interface de rede que participa en MPIO ten a súa configuración IP, non se crea ningún interface virtual.
- Só no iniciador iSCSI hai que facer unha operación cos dispositivos iSCSI, pois aínda que só nos conectemos a un target, imos ter tantos targets como rutas haxa para alcanzar a NAS. Pero non hai que facer nada a nivel IP, salvo configurar as tarxetas.

- A imaxe da esquerda amosa un equipo cunha soa IP que se conecta a unha NAS que comparte por NFS, segundo a técnica de Bond que usen, poderá usar: un dos camiños ou os dous.
- A imaxe da dereita amosa un equipo con 2 IPs conectado a unha NAS/SAN que presenta dispositivos iSCSI. Neste caso en calquera transmisión vaise balancear a carga polos 2 camiños, salvo que caia un.
Escenario a virtualizar
- Nos seguintes puntos vaise ver como se realiza o proceso MPIO con iSCSI, tanto en Linux como en Windows.
- Un exemplo do que se pretende é:
Configuración dos interfaces de rede en FreeNAS
- Comezaremos configurando as dúas interfaces de rede que van participar no MPIO.
- Configuración interfaces
-
Lembrar que en VirtualBox engadíronse á máquina FreeNAS 2 adaptadores de rede,
-
en modo Rede Interna.
-
En FreeNAS os dous interfaces de rede estaban agregados a un Lagg.
-
Borrar o Lagg.
-
Engadir un novo interface para a tarxeta em1. IP: 172.16.0.100/24.
-
E engadir outro novo interface para em2. IP: 172.16.1.100/24. Como se pode ver os dous interfaces están en redes IP distintas.
-
No modo consola amósanse as IPs polas que está accesible FreeNAS.
Configuración do destino iSCSI en FreeNAS
- Dos 3 discos iSCSI dos que se dispoñía vaise traballar só con 1: o disco2.
- Vanse cambiar as configuracións de iSCSI.
- Configuración do dispositivo iSCSI.
-
Modificar o Iniciador 1, que se tiña das prácticas anteriores.
-
En redes autorizadas eliminar o que se tiña e engadir: 172.16.0.0/24 e 172.16.1.0/24
-
Configuración do iniciador para facer uso de MPIO.
-
O Portal 1 actual ...
-
... adaptámolo ás novas interfaces de rede.
-
Nova configuración do Portal 1.
-
En Destinos editar o disco2 ...
-
Escribir o nome de destino discompio (recórdese que como o nome non comeza por iqn, este vaise engadir como sufixo ao nome iqn da Configuración Global do Destino). Observar que se segue usando o mesmo número de Iniciador, Portal, Usuario, etc.; só que agora o Iniciador e o Portal están cambiados.
-
O destino iSCSI discompio xa está asociado co medio disco 2. Eliminar todo o concernente aos discos 1 e 3.
-
Reiniciar o servizo iSCSI
