Configuración Basica
En varios apartados de este tutorial teremos que cambiar ó usuario root (no terminal). O terminal estará dispoñible dende o menú de aplicacións de Gnome.
Introducimos o seguinte para cambiarnos a usuario root:
su - %rootpassword%
Poderemos volver ó usuario anterior tecleando:
exit
Yum
Instalaremos algúns paquetes recomendados para evitar problemas con Yum e módulos do Kernel (necesítanse privilexios de root):
yum install yumex yum-fastestmirror yum-skip-broken yum-fedorakmod yum-kernel-module yum-refresh-updatesd
Repositorio DVD
O DVD é o repositorio por defecto. Si temos unha conexión a internet máis ou menos o máis recomendable é saca-lo dvd do repositorio, xa que así obteremos as derradeiras versións dos paquetes dende internet. Para eliminar o dvd do repositorio (necesítanse privilexios de root):
rm -f /etc/yum.repos.d/Fedora-install-media.repo
Livna
O repositorio Livna proporciona moitos paquetes, incluíndo aplicacións multimedia e drivers para tarxetas gráficas ATI e Nvidia. É 100% compatible co repositorio fedora. Instalaremos este novo repositorio (necesarios privilexios de root):
rpm -ivh http://rpm.livna.org/livna-release-8.rpm