Xestor de medios virtuais

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 23:49 7 oct 2014 de Antonio (discusión | contribs.) (→‎Eliminar un medio virtual)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

O Xestor de medios virtuais (ao que accederemos mediante o menú de VirtualBox Ficheiro->Administrador de medios virtuais) leva o seguimento dos discos duros, imaxes ISO e de disquetes que está a xestionar o hipervisor VirtualBox, na sesión dun usuario concreto, non en todo o host. Téñase en conta que cada usuario do sistema anfitrión ten a súa configuración de VirtualBox, aínda que dous usuarios distintos poden abrir a mesma máquina se teñen permiso de acceso á carpeta na que está almacenada.

A continuación vanse facer algunhas prácticas a modo de exemplo de como xestionar imaxes ISO.

Eliminar un medio virtual

Vaise simular que unha das imaxes ISO non fai falla e deséxase eliminar do xestor (Ollo que isto non implica que se vaia eliminar a imaxe ISO da carpeta na que se atope). Na pestana de Discos ópticos, seleccionar a imaxe iso de Ubuntu e eliminala:

Simulacion Redes Vbox MediosVirtuais 1.jpeg

Liberar un medio virtual

Consiste en desligar un medio virtual dunha MV.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --