Obxectivos e escenarios da PARTE II.

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 22:24 7 oct 2014 de Antonio (Hablar | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Neste Apartado II tratarase de afondar no manexo de VirtualBox sobre todo no tocante a virtualizar servizos en rede. Por tanto estudarase:

  • Parámetros de configuración das tarxetas de rede das máquinas virtuais.
  • Instalar 2 máquinas virtuais de servidor: Windows e Debian.
  • Os ficheiros de configuración de VirtualBox.
  • O manexo de VirtualBox sen necesidade de interface gráfica, tanto no host coma nos guests.
  • A configuración dunha máquina física como servidor de virtualización con VirtualBox.


  • As seguintes imaxes amosan os distintos escenarios que se van manexar na PARTE II

Este escenario amosa que as máquinas virtuais teñen as tarxetas de rede configuradas por defecto: NAT

Este escenario amosa que as máquinas virtuais teñen as tarxetas de rede configuradas en modo de rede NAT, recentemente incluído en VirtualBox. Desta forma poden comunicarse entre si e acceder ao exterior.

Neste escenario os equipos virtuais compórtanse como se fosen equipos reais e poden comunicarse con calquera elemento da LAN e calquera elemento da LAN con eles.


Neste caso os equipos virtuais só se poden comunicar entre si.


Neste escenario os equipos virtuais pódense comunicar entre si e co equipo host.


Cada equipo virtual ten dúas tarxetas de rede, unha delas para comunicarse co outro equipo virtual e a outra para poder acceder ao exterior.


Virtualización dun servidor que fai de router e firewall nunha rede.


Configuración dun equipo físico como servidor de virtualización, co obxectivo de executar máquinas virtuais.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --