Activar-Desactivar matriculación en cursos
Revisión del 01:28 27 ago 2014 de Veiga (discusión | contribs.) (→Desactivación de Auto-matriculación de alumnos en cursos Moodle)
Activación de Auto-matriculación de alumnos en cursos Moodle
Para permitir que os alumnos se matriculen nos cursos de xeito automático é recomendable asignar un contrasinal no curso, para que só se poidan matricular os que coñezan ese contrasinal que vos lle facilitaredes.
Unha vez dentro do curso facer o seguinte:
- Ir á sección de Administración do curso.
- Na ventana da dereita comprobar que están activos os métodos de Matriculación manual e Auto-matriculación. Se soamente aparece a matriculación manual teremos que engadir o método de auto-matriculación na lista desplegable.
- Na ventana de opcións que aparece cubriremos simplemente o apartado de clave de auto-matriculación co contrasinal que deberán saber os alumnos para auto-matricularse no noso curso:
- Pulsaremos en Añadir Método e xa estará dispoñible para que os alumnos se poidan matricular.
Cando remate o período de matriculación deberíase modificar o contrasinal, para evitar que se matriculen máis alumnos no curso.
Desactivación de Auto-matriculación de alumnos en cursos Moodle
Para desactivar a auto-matriculación simplemente teremos que volver a métodos de matriculación:
- Poderemos editar a auto-matriculación (símbolo * o carón de Automatriculación á dereita) e cambiaremos o contrasinal por un distinto.
- Outra forma de desactivar que os alumnos se matriculen e ocultar (pechando o ollo) o método de auto-matriculación.
- Ou por último eliminar do curso si así o desexamos o método de auto-matriculación coa X.