Blogs
Introdución
Un blog, ou bitácora, é un sitio web periódicamente actualizado que recopila cronoloxicamente textos ou artigos de un ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente.
O termo blog ven das palabras web e log (log en inglés = diario). O termo bitácora, ven por referencia ós antigos cadernos de bitácora dos barcos, emprégase preferentemente cando o autor escribe sobre a súa vida propia como se fose un diario, pero publicado en Internet en liña.
As ferramentas de mantemento de weblogs clasifícanse, principalmente, en dous tipos: aquelas que ofrecen unha solución completa de aloxamento, gratuíta (como Freewebs, Blogger e LiveJournal), e aquelas solucións consistentes en software que, ó seren instaladas nun sitio web, permiten crear, editar e administrar un blog directamente no servidor que aloxa o sitio (como é o caso de WordPress, Eggblog, FlatPress ou Movable Type).
WordPress
WordPress é un sistema de xestión de contidos enfogado á creación de Blogs. Está desenvolvido en PHP e MySQL, baixo licencia GPL, ten como fundador a Matt Mullenweg. WordPress foi creado a partir do desaparecido b2/cafelog e convirtiuse xunto a Movable Type no CMS mais popular da blogosfera. As causas do seu enorme crecemento son, entre outras, a súa licencia, a súa facilidade de uso e as súas características como xestor de contidos. Ten por detrás unha grande comunidade de programadores e deseñadores que se encargan de crear plugins e themes para toda a comunidade.