Actualizacións en XCP
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Dende a versión 1.6 (coa que se elaborou o material da Primeira edición) XCP recomenda que as actualización do hipervisor se realicen como se indica máis abaixo.
- Esta sección non é preciso vela, salvo por curiosidade ou porque se dispón dun servidor XCP.
Repositorio
- Calquera actualización de XCP vai estar no seguinte repositorio Yum: http://downloads.xen.org
- Esta versión 1.6 xa trae un ficheiro coa configuración necesaria para acceder a ese repositorio: /etc/yum.repos.d/xcp.repo
- O contido dese ficheiro:
[xcp] name=XCP 1.6 Updates baseurl=http://downloads.xen.org/XCP/repo/xcp-1.6.10/ enabled=0
- Por agora o repositorio non está configurado para usar cifrado gpg. Ademais no ficheiro o repositorio está deshabilitado por defecto (enabled=0), se se desexa habilitar pódese cambiar o valor a 1 editando o ficheiro co editor nano, por exemplo.
Actualización
- Para aplicar as actualizacións faise uso do comando yum (equivalente a apt-get en distribucións baseadas en debian) e por agora non usando gpg. Fixarse que se indica que se habilite o repositorio.
yum --enablerepo xcp --nogpgcheck update