Obxectivos e escenarios da PARTE I

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 22:15 9 ene 2014 de Antonio (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

No Apartado I do curso trataremos de familiarizarnos con seguintes aspectos:

  • Virtualización.
  • Máquinas virtuais.
  • Instalar e configurar unha ferramenta de virtualización: VirtualBox.
  • Instalar sistemas operativos de escritorio en VirtualBox.
  • Copiar, importar, exportar e clonar máquinas virtuais.
  • Acceder dende as máquinas virtuais a recursos da máquina física.

Nas seguintes imaxes amósanse os distintos escenarios que se van manexar na PARTE I:

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 01 A.jpg

Neste primeiro escenario instalarase a ferramenta VirtualBox sobre un equipo físico co sistema operativo Linux (Ubuntu).


00 Simulacion Redes Escenarios Semana 01 B.jpg

Neste segundo escenario instalarase a ferramenta VirtualBox sobre un equipo físico co sistema operativo MS Windows.


00 Simulacion Redes Escenarios Semana 01 C.jpg


Este escenario amosa un equipo físico "host" con 2 máquinas virtuais instaladas.


00 Simulacion Redes Escenarios Semana 01 D.jpg

Neste outro escenario clónanse as dúas máquinas anteriormente instaladas.


00 Simulacion Redes Escenarios Semana 01 E.jpg

E finalmente accédese dende ás máquinas virtuais a recursos físicos conectados ao ordenador real.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --