Aplicación a desenvolver
Aplicación Memoriae
Neste curso vaise tratar de crear a aplicación que está no seguinte enlace: Media:ActivityPresentacion.apk.zip
- A aplicación hai que descomprimila e instalar o apk.
- Unha vez instalada é bo ver como funciona.
- Para aqueles que se atopen con dificultades seralles facilitado parte do código.
Actividade Unidade 2
- Para a realización da tarefa 2 facilítanse algúns recursos nos seguintes enlaces:
- /res/valuesX: Media:valuesX.zip
- /res/drawableX: Media:drawableX.zip
- /res/color: Media:color.zip
- Idiomas:
- Por defecto: galego
- Inglés
- Se se desexa usar código facilitado por nós é aconsellable comezar seguindo as instrucións que se indican a continuación:
Proxecto
- Nome do paquete: com.platega.memoriae
- Nome das Activities: o que se indica a continuación para cada pantalla.
- A seguinte imaxe recorda onde está ese campo.
Pantalla de entrada: ActivityPresentacion
- Ao premer en Entrar:
- debemos pasar á seguinte Activity
- debemos destruír esta Activity.
- Observacións: Non facer a terra por agora.
Pantalla principal: ActivityPrincipal
- Escollemos que xogo desexamos realizar ou mirar os resultados.
- Os compoñentes da pantalla distribúense de distinta forma en función da orientación.
- Accións: se se preme en:
- Parellas iremos á activity: ActivityParellas
- Preguntas iremos á activity: ActivityPreguntas
- Resultados iremos á activity: ActivityScores
- Observacións: non poñer os botóns superiores dereita.
- Premer o botón Menú do teclado para realizar a posta apunto.
Pantalla preguntas: ActivityPreguntas
- Funcionamento:
- Para responder:
- Android 3.0 ou superior: premer na icona do interrogante e arrastralo cara as imaxes verdadeiro ou falso.
- Noutro caso: premer sobre as iconas de verdadeiro ou falso.
- Se se mantén pulsado o rato sobre a pregunta, permite engadir preguntas ou eliminar a presente.
- Para responder:
Implantar:
- Amosar os elementos da pantalla, e no lugar no que están, pero sen as funcionalidades anteriores.
- Onde está a pregunta que apareza un texto que diga "Aquí estará a pregunta". As preguntas móstranse nun TextView e ten a posibilidade de scroll, aínda que sexa a través de outro Layout.
- O cronómetro.
Pantalla parellas: ActivityParellas
- Funcionamento:
- Cando se preme nunha imaxe interrogante aparece outra detrás.
- Pódense descubrir dúas imaxes como máximo.
- Trátase de emparellar as imaxes que están detrás da imaxe do interrogante.
- Implantar:
- Os elementos da pantalla pero sen as funcionalidades anteriores.
- A pantalla amosando só as imaxes dos interrogantes cargadas en tempo de execución. O número de filas x columnas é configurable.
- Ao pulsar a imaxe do interrogante cargase calquera outra detrás e amosara un TAG distinto para cada unha.
- O lugar onde se dispoñen as imaxes ten un scroll vertical.
- O cronómetro. Ollo que vai en senso inverso.
Pantalla resultados: ActivityScores
- Implantar os elementos da pantalla sen as funcionalidades.