Curso POO PHP Expresións regulares

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 09:59 26 jul 2013 de Vlourido (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Expresións regulares

PHP ofrece soporte para utilizar expresións regulares ao estilo das que ten a linguaxe Perl por medio da librería PCRE, que dende a versión 5.3.0 da linguaxe PHP xa non pode ser deshabilitada.

As expresións regulares empréganse xunto con certas funcións para realizar buscas, sustitucións ou divisións en cadeas de texto. O patrón que contén a expresión regular encérrase entre delimitadores. O delimitador pode ser calquera caracter alfanumérico menos a barra invertida e o espazo.

Patróns

Dentro dos patróns, pódense empregar caracteres especiais como os seguintes:

Caracter Significado
\ Escapa calquera dos caracteres especias para poder empregalo dentro do patrón perdendo o seu significado.
^ Fixa o comezo da cadea
$ Fixa o final da cadea
. Un caracter calquera
? O caracter anterior é opcional; pode figurar 0 ou 1 veces
+ Repite o caracter anterior 1 ou máis veces
* Repite o caracter anterior 0 ou máis veces
| Separa dúas expresións alternativas
[] Abranguen un conxunto ou rango de caracteres

Por exemplo:

Patrón Significado
^<b>.*</b>$ Calquera texto que comeza coa etiqueta <b> e remata con </b>
^a|A$ Letra a minúscula ou A maiúscula
a|A Calquera texto que conteña a letra a minúscula ou letra A maiúscula
[oO]?la Calquera texto que conteña "ola" ou "Ola"

Funcións

Entre as funcións que soportan expresións regulares temos:

  • preg_match. Compara unha cadea de texto con unha expresión regular.
  • preg_replace. Realiza sustitucións de expresións regulares en cadeas de texto.
  • preg_split. Divide unha cadea de texto mediante unha expresión regular.

--Víctor Lourido 20:19 26 jun 2013 (CEST)