Curso POO PHP Operadores

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 09:58 26 jul 2013 de Vlourido (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Operadores

Os operadores que podes usar en PHP son similares aos de moitas outras linguaxes como Java. Entre eles temos operadores para:

  • Realizar operacións aritméticas: negación, suma, resta, multiplicación, división e módulo. Entre estes inclúense operadores de pre e post incremento e diminución, ++ e --. Estes operadores incrementan ou decrementar o valor do operando ao que se aplican. Se se utilizan xunto a unha expresión de asignación, modifican o operando antes ou despois da asignación en función da súa posición (antes ou despois) con respecto ao operando.
  • Realizar asignacións. Ademais do operador =, existen operadores cos que realizar operacións e asignacións nun único paso (+=, -=...).
  • Comparar operandos. Ademais dos que nos podemos encontrar noutras linguaxes (>, >=...), en PHP temos dous operadores para comprobar igualdade (==, ===) e tres para comprobar diferenza (< >, != e !==). Os operadores < > e != son equivalentes. Comparan os valores dos operandos. O operador === devolve verdadeiro (true) só se os operandos son do mesmo tipo e ademais teñen o mesmo valor. O operador !== devolve verdadeiro (true) se os valores dos operandos son distintos ou ben se estes non son do mesmo tipo.
  • Realizar operacións booleanas. Tratan aos operandos como variables booleanas (true ou false). Existen operadores para realizar un Y lóxico (operadores and e &&), O lóxico (operadores or e ||), No lóxico (operador !) e O lóxico exclusivo (operador xor).
Os operadores and, &&, or e || funcionan en modo "cortocircuito". Isto quere dicir que non evaluan o segundo operando se non é preciso. Por exemplo, son habituais as sentenzas co seguinte formato:
$arquivo = fopen($nome_arquivo, 'r') or exit;
Isto é, se non se abre o arquivo o primeiro operando do or é falso e polo tanto terá que avaliar o segundo operando execuntando o exit que finaliza a execución do script.

Outros operadores especiais da linguaxe PHP son:

echo "Hola "."mundo";
@include "funcions.php";
  • Operador de execución (``). PHP executa no shell a sentenza que figura entre as comiñas invertidas e as sustitúe co resultado obtido. É semellante a empregar a función shell_exec.
echo "`ls -l`";
  • Operador de tipo (instanceof). Emprégase para averiguar se un obxecto é unha instancia de certa clase.
if ($a instanceof MiClase) { ... }

--Víctor Lourido 14:42 25 jun 2013 (CEST)