Curso POO PHP Características da POO

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 18:42 27 jun 2013 de Vlourido (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Características da POO

Na actualidade con PHP podes utilizar dous estilos de programación: programación estruturada e programación orientada a obxectos.

Non obstante, a linguaxe PHP orixinal non se deseñou con características de orientación a obxectos. Só a partir da versión 3, empezáronse a introducir algúns trazos de POO na linguaxe. Isto potenciouse na versión 4, aínda que de forma moi rudimentaria. Por exemplo, en PHP4:

  • Os obxectos pásanse sempre por valor, non por referencia.
  • Non se pode definir o nivel de acceso para os membros da clase. Todos son públicos.
  • Non existen os interfaces.
  • Non existen métodos destrutores.

Na versión actual, PHP5, reescribiuse e potenciouse o soporte de orientación a obxectos da linguaxe, ampliando as súas características e mellorando o seu rendemento e o seu funcionamento xeral. Aínda que iremos detallando e explicando cada unha posteriormente con detemento, as características de POO que soporta PHP5 inclúen:

  • Métodos estáticos.
  • Métodos construtores e destrutores.
  • Herdanza.
  • Interfaces.
  • Clases abstractas.

Entre as características que non inclúe PHP5, e que podes coñecer doutras linguaxes de programación, están:

  • Herdanza múltiple.
  • Sobrecarga de métodos (incluídos os métodos construtores).
  • Sobrecarga de operadores.


--Víctor Lourido 19:36 27 jun 2013 (CEST)