Pool de servidores: Homoxéneos, Heteroxéneos
Revisión del 20:02 13 jun 2013 de Carrion (discusión | contribs.) (→Instalar xcp01: Host que se vai unir ao Pool)
Introdución
- Unha das funcionalidades que aporta XCP/XenServer é que se poden agrupar varios hosts XCP/XenServer nunha única entidade de xestión. Esta entidade denomínase Pool.
- Dispor dun Pool favorece:
- Iniciar MVs en calquera host do pool, icluso o Pool pode escoller iniciala no host menos cargado.
- Migrar MVs en quente dun host a outro, este proceso coñecese como XenMotion e débese dispoñer de almacenamento externo compartido.
- Se cae un host, as MVs que estaba executando móvense automáticamente para os outros hosts do Pool. Esta funcionalidade denomínase Alta dispoñibilidade, High Avaialability (HA) e non está dispoñible en XenServer Free Edition e en XCP tampouco ten esa funcionalidade proporcionada por XenServer. Pódese intentar ter HA en XCP facendo uso da ferramenta de HA: DRDB
- Páxina do proxecto:http://www.drbd.org/
- Indicación na wiki de XCP:http://wiki.xen.org/wiki/XCP_DRBD
- Nun Pool un dos hosts actúa como Mestre (Master). Ese host é o que expón o interface de administración de toda a entidade.
- Se se realiza unha operación no Master, esta reprodúcese nos demais membros.
- Se o Master cae, entón cae todo o Pool, salvo que se dispoña da funcionalidade HA.
- Cando se engade un host a un Pool, este herda:
- os SRs externos dos que dispoña o Pool, pero para que sexan efectivos ese host debe dispoñer dos mesmos camiños para chegar aos recursos de almacenamento.
- As redes (Switches Virtuais) que teña o pool.
- Esta é a razón pola que no escenarios anteriores xcp00 se foi cargando de cousas (Rede, Almacenamento) para cando sexa o Master dun Pool observar que pasa co host que se una a ese Pool.
- Os Pools pode dividirse en:
- Homoxéneos: As CPUs dos hosts son do mesmo tipo, modelo e funcionalidades.
- Heteroxéneos: Cando as CPUs non son do mesmo tipo. Neste caso hai que engadir o equipo ao Pool a través de xsconsole ou CLI xe.
- XenServer Free Edition non pode crear Pools Heteroxéneos
- Para engadir elementos a un Pool:
- Estes debe estar correndo a mesma versión de XEN, e as mesmas actualizacións.
- Non é membro doutro Pool.
- Non usa almacenamento compartido (remoto)
- Non ten MVs funcionando o suspendidaas
- Non hai operacións activas no momento da unión.
- Revisar que os reloxos estean sincronizados
- O Management Interface non debe estar en Bonding (Pódese configurar despois de unirse ao Pool)
- Os membros dun Pool:
- Poden ter diferente número de NICs.
- Almacenamento propio local e de distintos tamaños.
Pool homexéneo
- A continuación vaise crear unha nova MV, xcp01 coas mesmas características que xcp00.
Instalar xcp01: Host que se vai unir ao Pool
- Crear unha MV, xcp01 do mesmo xeito que se creou xcp00:
- 3 tarxetas de rede en modo promiscuo.
- 1ª e 2ª en modo Ponte.
- En modo Rede Interna.
- Mesmo número de CPUS e mesmas funcionalidades.
- Memoria RAM non ten porque ser igual. Nesta práctica vaise asignar 1 GB a xcp01. Quen o desexe pode configurar en función das súas posibilidades.
- 3 tarxetas de rede en modo promiscuo.
Crear Pool Homoxéneo
- O escenario 6.J pode resultar lioso, pero se se analiza con detemento, pódese observar que cando xcp01 forme parte do Pool cuxo máster é xcop00, xcp01 vai herdar as configuracións de rede e de SRs do máster, isto é do Pool.
Operacións con MVs nun Pool
- Imos ver que cousas se poden realizar coas MVs.
- Agora podemos mover discos de MVs entre os almacenamentos locais dos 2 hosts, por exemplo, incluso en quente.
Inicio e Migración (XenMotion)
Onde se inicia unha MV?
Crear MVs
A Rede no Pool
Apagar o Pool
Pool Heteroxéneo
- O escenario anterior está moi completo (Distintas Redes, SRs e MVs), como para forzalo a estar nun Pool heteroxéneo.
- Para esta ocasión imos crear un novo host xcp02 en VirtualBox e tratar de unilo ao Pool no que o host real xcpA é o Master.
- Vaise usar un so NIC para todo tipo de tráfico (Xestión, Almacenamento e MVs).
- Nun Pool heteroxéno, pode ser que a migración de MVs entre os hosts (XenMotion) cause estados de erro na MV a migrar.
- O escenario 6.K amosa dun modo sinxelo como vai estar formado o Pool heteroxéneo.
Configuración inicial dos hosts
Crear Pool Heteroxéneo
Engadir SRs
- No caso anterior creamos o Pool despois de que o Master xa tiña creados varios SRs.
- Nesta ocasión imos crear un SR NFS VHD despois de crear o Pool.
Operacións con MVs
- Pódense realizar as mesmas operacións con MVs que non Pool Homoxéneo, salvo a Migración que pode causar problemas á MV Migrada.
- Neste exemplo do material ...