Envío e recepción de datos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 02:40 12 ene 2013 de Veiga (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


A linguaxe PHP proporciónanos un xeito sinxelo de manexar formularios, permitíndonos deste xeito procesar a información que o usuario introduciu. Ao deseñar un formulario debemos indicar a páxina PHP que procesará o formulario, así como en método polo que se lle pasará a información á páxina.

--- formulario.html ---

<html> 
<head> 
   <title>Exemplo de PHP</title> 
</head> 
<body> 
<H1>Exemplo de procesado de formularios</H1> 
Introduza o seu nome: 
<FORM ACTION="procesa.php" METHOD="GET"> 
<INPUT TYPE="text" NAME="nome"><BR> 
<INPUT TYPE="submit" VALUE="Enviar"> 
</FORM> 
</body> 
</html> 

Ao pulsar o botón Enviar o contido de cadro de texto é enviado á páxina que indicamos no atributo ACTION da etiqueta FORM.

PHP dispón dunha serie de variables predefinidas de tal forma que cando a páxina PHP recibe os datos do formulario automaticamente crea unha variable por cada elemento do FORM, esta variable creada ten o mesmo nome que o cadro de texto da páxina anterior e o valor que introduzamos. Neste exemplo creouse unha variable chamada $nome co valor que introduza o navegante.

IMPORTANTE: A partir da versión de PHP 4.2.0 a opción register_globals está a off de tal xeito que as variables predefinidas xa non están dispoñibles, pero si que están dispoñibles as matrices PHP predefinidas. Polo tanto teremos que usar $_GET['variable'] para acceder ó contido da variable que nos chega polo método GET, ou ben $_POST['variable'] si estamos accedendo a unha variable que nos chega polo método POST.

--- procesa.php ---

<html> 
<head> 
   <title>Exemplo de PHP</title> 
</head> 
<body> 
<H1>Exemplo de procesado de formularios</H1> 
O nome que introduciu é: <?php echo $_GET['nome']; ?> 
<br> 
</body> 
</html>


--Rafael Veiga 11:15 10 feb 2009 (GMT)