DRBL + Clonezilla en USB
Revisión del 00:34 27 nov 2012 de Cparis (discusión | contribs.) (→Dende sistema operativo Windows)
Introdución
- Clonezilla é un software libre de recuperación ante desastres, sirve para a clonación de discos e particións. Clonezilla está diseñado por Steven Shaiu e desenrolado polo NCHC Labs de Taiwán. Clonezilla ofrece soporte multicast similar a Norton Ghost Corporate Edition.
- A versión DRBL+Clonezilla permítenos facer dous tipos de operación: facer unha imaxe ou restaurar un equipo individual, empregando o Clonezilla live, ou restaurar moitos equipos dunha soa vez empregando o Clonezilla Server.
- Clonezilla fai a imaxe e restaura só bloques usados no disco. Isto incrementa a eficiencia no clonado.
- Enlaces:
Características
- Licencia GPL.
- Sistemas de arquivos soportados:
- - ext2, ext3, ext4, reiserfs, reiser4, xfs, jfs of GNU/Linux
- - FAT, NTFS de MS Windows
- - HFS+ de Mac OS
- - UFS de FreeBSD, NetBSD e OpenBSD
- - VMFS de VMWare ESX
- - Para sistemas de arquivos non soportados Clonezilla copia empregando o comando dd.
- Soporta Grub (versión 1 e versión 2).
- Soporte para modo desatendido.
- Clonezilla Server soporta Multicast, que permite unha clonación masiva.
- O arquivo imaxe pode estar nunha unidade local, nun servidor ssh, nun servidor samba ou nun servidor NFS.
Creación USB
Dende sistema operativo Windows
Para a creación do USB có que faremos a imaxe e logo restauraremos esa imaxe nun só equipo ou en moitos á vez, seguiremos os seguintes pasos:
- Descargaremos a versión zip do DRBL+Clonezilla. Podes baixalo no seguinte enlace, aí tes varias versións, intenta baixar a estable a non ser que non te vaia para o que estás facendo e intentes empregar a testing.
- Faite cun USB de 1GB ou superior e formatea este no sistema de arquivos FAT32. Se non consigues formatealo coa ferramenta de Windows, podes facelo có software HP USB Format Toll.
- Descomprime todo o contido do arquivo zip no pen drive previamente formateado en FAT 32. Fíxate que se descomprima o arquivo directamente na raíz do pen drive (e.g. G:\COPYING). Para que a descompresión sexa mais rápida, fai esta no escritorio do teu equipo e logo copia todo o descomprimido no interior do USB, é dicir, non fagas a descompresión directamente no USB.
- Busca no interior do USB o arquivo makeboot.bat que se atopa no directorio utils\win32\. Fíxate ben de executar o arquivo que se atope no interior do pen drive e non no escritorio ou así, pois podems modificar o arranque do noso equipo.
- Segue as instrucións que aparecen na pantalla.
Dende sistema operativo Linux
Inicio dende o USB nun equipo
Para facer unha imaxe dun equipo, para restaurarlle a ese equipo unha imaxe ou para restaurar moitos por rede, debemos iniciar un PC dende o USB realizado no apartado anterior.
Para poder arrancar debemos modificar a secuencia de arranque do equipo escollendo o USB como first boot device. Pode ocorrer que moitos equipos antigos non permitan o arranque dende USB, nese caso teremos que empregar un CD para traballar có Clonezilla. Para conseguir ese CD temos que descargar o arquivo .iso da web de descargas e queimalo nun CD virxe.