Cut
O comando cut permite extraer de arquivos só os campos ou columnas que se queira.
Un arquivo estruturado por campos utiliza un separador ou delimitador de campo para separar os diferentes campos. Cando se utiliza cut, hai que dicirlle como identificar os campos e que campos seleccionar. Débese especificar a opción -c ou a opción -f e o campo ou campos a seleccionar.
Para recuperar un campo particular dáselle a cut o número de campo que se quere. Por exemplo, coa seguinte orde seleccionamos a primeira columna do arquivo passwd:
$ cut -d : -f 1 /etc/passwd
...
Estamos indicándolle que o separador son os ":", pois por defecto o separador é TAB.
Se queremos seleccionar varias columnas:
# A primeira e a terceira columna
$ cut -d : -f 1,3 /etc/passwd
# Campos adxacentes do 1 ao 3
$ cut -d : -f 1-3 /etc/passwd
# Dende o 3 cara adiante
$ cut -d : -f 3- /etc/passwd
A utilidade cut pódese utilizar para seleccionar campos de varios arquivos, para conseguilo hai que poñer os arquivos separados por espazos.
Cando un arquivo ou comando ten lonxitudes fixas (como o comando ls) é mellor empregar a posición dentro da liña como forma de separar diferentes tipos de información. Vexamos un exemplo no que extraemos os permisos dos arquivos (ata o carácter 11), o tamaño (dende o 23 ata o 28) e o nome (do 41 cara adiante):
$ ls -lh | cut -c -11,23-28,41-
...