Linguaxes de consulta e manipulación

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 11:57 23 abr 2012 de Veiga (discusión | contribs.) (→‎Referencias)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución a XQuery

XQuery é unha linguaxe de consulta de datos en formato XML, non só para ficheiros, senón tamén para bases de datos. É a XML o que o SQL é ás bases de datos relacionais.

Como linguaxe de consulta permite atopar e extraer elementos e atributos dende ficheiros ou BBDD XML. Un exemplo de consulta en XQuery podería ser a seguinte:

"Selecciona todos os rexistros cun prezo menor de 10€ na miña colección de CD almacenada nun documento XML chamado cd_catalog.xml".

XQuery 1.0 e XPath 2.0 comparten o mesmo modelo de datos, funcións e operadores. De feito, XQuery converteuse nunha recomendación do W3C dende o ano 2007 e, por tanto, é compatible con outras tecnoloxías XML como os espazos de nome, XSLT, XPath, e XML Schema.

O uso de XQuery está amplamente estendido. Algunhas aplicacións concretas desta tecnoloxía son as seguintes:

  • Extracción de información para usar nos servizos web.
  • Xeración de informes, en especial, extractos de documentos a partir de orixinais.
  • Transformación de XML en XHTML, conxuntamente con XSLT.
  • Busca de información de interese nos documentos web.

Selección de nodos

XQuery emprega funcións para extraer datos dos documentos XML. Por exemplo, a función doc() úsase para abrir un ficheiro XML:

doc("books.xml")

As expresións XPath úsanse para navegar polos elementos do documento XML. Por exemplo, o seguinte ficheiro contén datos sobre libros:

<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1"?>

<bookstore>

<book category="COOKING">
  <title lang="en">Everyday Italian</title>
  <author>Giada De Laurentiis</author>
  <year>2005</year>
  <price>30.00</price>
</book>

<book category="CHILDREN">
  <title lang="en">Harry Potter</title>
  <author>J K. Rowling</author>
  <year>2005</year>
  <price>29.99</price>
</book>

<book category="WEB">
  <title lang="en">XQuery Kick Start</title>
  <author>James McGovern</author>
  <author>Per Bothner</author>
  <author>Kurt Cagle</author>
  <author>James Linn</author>
  <author>Vaidyanathan Nagarajan</author>
  <year>2003</year>
  <price>49.99</price>
</book>

<book category="WEB">
  <title lang="en">Learning XML</title>
  <author>Erik T. Ray</author>
  <year>2003</year>
  <price>39.95</price>
</book>

</bookstore>

A seguinte expresión XPath úsase para seleccionar todos os elementos title:

doc("books.xml")/bookstore/book/title

(/bookstore selecciona o elemento bookstore; /book selecciona todos os elementos book fillos do elemento bookstore e /title selecciona todos os elementos title fillos de cada elemento book)

A consulta anterior devolverá o seguinte:

<title lang="en">Everyday Italian</title>
<title lang="en">Harry Potter</title>
<title lang="en">XQuery Kick Start</title>
<title lang="en">Learning XML</title>

XQuery usa predicados para limitar os resultados da consulta. No seguinte exemplo selecciónanse todos os elementos book baixo o elemento bookstore que teñen un prezo menor que 30:

doc("books.xml")/bookstore/book[price<30]

O resultado da consulta XQuery anterior será o seguinte:

<book category="CHILDREN">
  <title lang="en">Harry Potter</title>
  <author>J K. Rowling</author>
  <year>2005</year>
  <price>29.99</price>
</book>

Expresións FLWOR

Tamén se poden seleccionar nodos mediante expresións FLWOR. Por exemplo, a seguinte expresión XPath selecciona todos os elementos title baixo os elementos book que están baixo o elemento bookstore e que teñen un prezo maior que 30:

doc("books.xml")/bookstore/book[price>30]/title

A seguinte expresión FLWOR fará exactamente o mesmo que a expresión XPath anterior:

for $x in doc("books.xml")/bookstore/book
where $x/price>30
return $x/title

O resultado será:

<title lang="en">XQuery Kick Start</title>
<title lang="en">Learning XML</title>

As expresións FLWOR son máis potentes que as expresións XPath. Por exemplo, podemos ordenar o resultado:

for $x in doc("books.xml")/bookstore/book
where $x/price>30
order by $x/title
return $x/title

FLWOR é o acrónimo de FLWOR "For, Let, Where, Order by, Return":

  • A cláusula for permite gardar todos os elemento book baixo o elemento bookstore nunha variable chamada $x.
  • A cláusula where selecciona só os elementos book cun elemento prezo maior que 30.
  • A cláusula order by especifica como se ten que ordenar o resultado. Neste caso ordenarase polo elemento title.
  • A cláusula return especifica que se ten que devolver. Neste caso o resultado será o elemento title.

O resultado da expresión XQuery anterior será:

<title lang="en">Learning XML</title>
<title lang="en">XQuery Kick Start</title>

For

A cláusula for permite almacenar nunha variable cada elemento devolto pola expresión in. É unha estrutura de programación repetitiva ou iterativa. Pode haber múltiples cláusulas for na mesma expresión FLWOR.

Para iterar un número específico de veces hai que usar a palabra reservada to:

for $x in (1 to 5)
return <test>{$x}</test>

O resultado será o seguinte:

<test>1</test>
<test>2</test>
<test>3</test>
<test>4</test>
<test>5</test>

A palabra reservada at úsase para almacenar o número de iteración:

for $x at $i in doc("books.xml")/bookstore/book/title
return <book>{$i}. {data($x)}</book>

O resultado:

<book>1. Everyday Italian</book>
<book>2. Harry Potter</book>
<book>3. XQuery Kick Start</book>
<book>4. Learning XML</book>

Tamén está permitido máis dunha expresión in na cláusula for. Neste caso úsanse comas para separar cada unha:

for $x in (10,20), $y in (100,200)
return <test>x={$x} and y={$y}</test>

O resultado:

<test>x=10 and y=100</test>
<test>x=10 and y=200</test>
<test>x=20 and y=100</test>
<test>x=20 and y=200</test>

Let

A cláusula let permite declarar variables e evita repetir a mesma expresión varias veces.

let $x := (1 to 5)
return <test>{$x}</test>

O resultado:

<test>1 2 3 4 5</test>

Where

A cláusula where úsase para especificar un ou máis criterios para o resultado:

where $x/price>30 and $x/price<100

Order by

A cláusula order by úsase para especificar como se ordena o resultado. No seguinte exemplo ordenamos por categoría e título:

for $x in doc("books.xml")/bookstore/book
order by $x/@category, $x/title
return $x/title

O resultado:

<title lang="en">Harry Potter</title>
<title lang="en">Everyday Italian</title>
<title lang="en">Learning XML</title>
<title lang="en">XQuery Kick Start</title>

Return

A cláusula return especifica que é o que se quere devolver:

for $x in doc("books.xml")/bookstore/book
return $x/title

O resultado:

<title lang="en">Everyday Italian</title>
<title lang="en">Harry Potter</title>
<title lang="en">XQuery Kick Start</title>
<title lang="en">Learning XML</title>

XQuery e HTML

A seguinte expresión FLWOR de XQuery seleccionará todos os elementos title baixo elementos book que estean baixo elementos bookstore e devolverá os títulos ordenados alfabeticamente:

for $x in doc("books.xml")/bookstore/book/title
order by $x
return $x

Se quixéramos representalos mediante unha lista en HTML poderíamos engadir as etiquetas <ul> e <li> tal e como se amosa no seguinte exemplo:

<ul>
{
for $x in doc("books.xml")/bookstore/book/title
order by $x
return <li>{$x}</li>
}
</ul>

O resultado será o seguinte:

<ul>
<li><title lang="en">Everyday Italian</title></li>
<li><title lang="en">Harry Potter</title></li>
<li><title lang="en">Learning XML</title></li>
<li><title lang="en">XQuery Kick Start</title></li>
</ul>

Se o que queremos é eliminar o elemento title e mostrar só os datos faríamos o seguinte:

<ul>
{
for $x in doc("books.xml")/bookstore/book/title
order by $x
return <li>{data($x)}</li>
}
</ul>

E o resultado será unha lista HTML:

<ul>
<li>Everyday Italian</li>
<li>Harry Potter</li>
<li>Learning XML</li>
<li>XQuery Kick Start</li>
</ul>

Engadir atributos ao HTML

Tamén é posible engadir atributos de elementos XML como atributos nunha lista HTML. No seguinte exemplo, úsase o atributo category como un atributo class da lista HTML:

<html>
<body>

<h1>Bookstore</h1>

<ul>
{
for $x in doc("books.xml")/bookstore/book
order by $x/title
return <li class="{data($x/@category)}">{data($x/title)}</li>
}
</ul>

</body>
</html>

O resultado será o seguinte:

<html>
<body>
<h1>Bookstore</h1>

<ul>
<li class="COOKING">Everyday Italian</li>
<li class="CHILDREN">Harry Potter</li>
<li class="WEB">Learning XML</li>
<li class="WEB">XQuery Kick Start</li>
</ul>

</body>
</html>

Terminoloxía

XQuery usa a terminoloxía de XPath. Por tanto, os conceptos de nodo fillo, ancestros, etc. son iguais que en XPath.

Sintaxe

Regras sintácticas de XQuery

As regras básicas de sintaxe son as seguintes:

  • Distínguese entre maiúsculas de minúsculas.
  • Os elementos, atributos e variables deben ser nomes XML válidos.
  • As cadeas poden ir entre comiñas simples ou dobres.
  • As variables están definidas mediante o símbolo $ seguida polo nome, ie: $bookstore
  • Os comentarios están delimitados por (: e :), por exemplo: (: Comentario XQuery :)

Expresións condicionais

Pódense usar expresións condicionais do tipo "If-Then-Else". Por exemplo:

for $x in doc("books.xml")/bookstore/book
return if ($x/@category="CHILDREN")
then <child>{data($x/title)}</child>
else <adult>{data($x/title)}</adult>

É obrigatorio usar parénteses na expresión if. A palabra reservada else é obrigatoria pero pode estar baleira. Isto indicarémolo mediante else ().

O resultado do exemplo de enriba será:

<adult>Everyday Italian</adult>
<child>Harry Potter</child>
<adult>Learning XML</adult>
<adult>XQuery Kick Start</adult>

Comparacións

Hai dúas formas de comparar valores:

  1. Comparacións xerais: =, !=, <, <=, >, >=
  2. Comparacións de valor: eq, ne, lt, le, gt, ge

Vexamos a diferenza cun exemplo. A seguinte expresión devolve verdadeiro se algún atributo q ten un valor maior que 10:

$bookstore//book/@q > 10

A seguinte expresión devolve verdadeiro se hai só un atributo q devolto pola expresión XPath e o seu valor e maior que 10. Se se devolve máis dun atributo q prodúcese un erro:

$bookstore//book/@q gt 10

Funcións

XQuery 1.0, XPath 2.0, e XSLT 2.0 comparten a mesma biblioteca de funcións predefinidas (máis de 100). Hai funcións para manexar cadeas, números, datas e tempo, manipulación de nodos e secuencias, valores boolean, etc. Tamén é posible definir funcións propias que se axusten ás nosas necesidades.

O URI do espazo de nomes das funcións XQuery é http://www.w3.org/2005/02/xpath-functions. O prefixo por defecto é fn:.

Para chamar a unha función úsase o prefixo fn: por exemplo, fn:string(). Con todo, xa que fn: é o prefixo por defecto do espazo de nomes os nomes das funcións non precisan o prefixo cando se chaman..

Pódese consultar a referencia completa das funcións predefinidas de XQuery.

Vexamos algúns exemplos:

Exemplo 1:

<name>{uppercase($booktitle)}</name>

Exemplo 2:

doc("books.xml")/bookstore/book[substring(title,1,5)='Harry']

Exemplo 3:

let $name := (substring($booktitle,1,4))

Funcións definidas polo usuario

Para definir unha función empregamos a seguinte sintaxe:

declare function prefix:function_name($parameter AS datatype)
AS returnDatatype
{
 ...código da función...
}

Cando se declara unha función hai que ter en conta o seguinte:

  • Hai que usar a palabra reservada declare.
  • O nome da función debe ter un prefixo.
  • Os tipos de datos dos parámetros son os mesmos que os definidos nos esquemas XML.
  • O corpo da función debe ir entre chaves.

Vexamos un exemplo:

declare function local:minPrice($p as xs:decimal?,$d as xs:decimal?)
AS xs:decimal?
{
let $disc := ($p * $d) div 100
return ($p - $disc)
}

Pódese chamar á función anterior do seguinte xeito:

<minPrice>{local:minPrice($book/price,$book/discount)}</minPrice>

Ejemplos de ficheros XML

Archivo:Bib.xml

Referencias

Os contidos deste apartado están baseados no material sobre XQuery do sitio web http://www.w3schools.com.