Sintaxe das regras en CSS
As follas de estilo consisten nunha ou mais regras que describen como debería mostrarse en pantalla un elemento. O seguinte exemplo contén dúas regras. A primeira regra pon os h1 en gris; a segunda especifica que os parágrafos deberían ir en Verdana 12 píxeles de altura ou sans-serif:
h1 {color: #EEEEEE;} p {font-size: 12px; font-family: Verdana, sans-serif; }
Con estes exemplos vemos que os compoñentes dunha regra de folla estilo son:
selector {propiedade : valor; }
As dúas seccións principais dunha regra de folla de estilo son o selector (que identifica o elemento ó que se lle vai aplicar o estilo) e a declaración (que é o conxunto propiedade : valor). A declaración componse dunha propiedade e do seu valor correspondente. As chaves permiten definir declaracións múltiples, separadas por ";", que compoñen un bloque de declaración. Un exemplo de bloque de declaración será o seguinte:
p {font-size: 11px; font-weight: bold; color: #CC0066; }
Se temos en conta que CSS ignora os espazos en branco e os saltos de liña, a mesma regra podería escribirse así:
p { font-size: 11px; font-weight: bold; color: #CC0066; }