Escenario 2.e: Mixto: NAT + Rede interna
Introdución
- Este escenario é unha mistura entre modo Rede Interna e modo NAT. Para iso precísase que cada MV teña dous adaptadores:
- Un en modo NAT
- Outro en modo ponte.
- Este escenario é idóneo, para prácticas en clase nas que desexa que as MV de cada alumno:
- teñan as mesmas IPs cas MVs do compañeiro, que teñan conectividade só entre elas e non con outras MV de outros compañeiros: REDE INTERNA
- que teñan acceso a internet pero sen que o equipo estea na rede LAN: NAT
- Aconséllase que se revise a teoría no que atinxe ao funcionamento:
- dunha ponte/bridge/switch/conmutador
- de NAT
Configuración dos adaptadores de rede das MV
- Apagar as MV.
-
Configurar o adaptador 1 de cada MV en modo NAT.
-
Configurar o adaptador 1 de cada MV en modo Rede Interna.
- IPs a usar: aquelas que se desexen para o adaptador 2, só coa condición de que non choquen entre se as IPs das MVs dun mesmo host.
- No adaptador 1, no hai que configurar que obteña a IP por DHCP.
Configuración IP do equipo host
- Non inflúe neste caso.
S.O. Windows en MV
- Para configurar os dous interfaces de rede de wclient, hai que saber cal é cal. Pois interesa que interface asociado ao adaptador 1 estea configurado por DHCP e o adaptador 2 con IP manual.
- Para iso pódese mirar a MAC do adaptador en VirtualBox e logo mirar as MACs nos interfaces no S.O. invitado.
- Pero vaise usar outro método ....
-
Ao iniciar Windows, este instala o driver do segundo adaptador de rede.
-
Hai dous interfaces de rede.
-
Configurar os dous interfaces de rede, para que obteñan a IP por DHCP. Co cal o que estea asociado ao adaptador 1, vai recibir unha configuración IP como pasaba no modo NAT do escenario 2.A.
-
Con ipconfig pódese comprobar quen ten a IP 10.0.2.15, que é a que se asigna en modo NAT.
-
Agora só resta configurar o outro interface de rede coa configuración IP desexada.
-
Neste caso IP: 172.160.0.130/16 e non hai que poñer porta de enlace, nin DNS, pois para saír a Internet xa está a outra conexión. E ademais esta conexión está enlazada ao switch ficticio que so interconecta MVs.
S.O. Ubuntu en MV
- Para configurar os dous interfaces de rede de uclient, hai que saber cal é cal. Pois interesa que interface asociado ao adaptador 1 estea configurado por DHCP e o adaptador 2 con IP manual.
- Para iso pódese mirar a MAC do adaptador en VirtualBox e logo mirar as MACs nos interfaces no S.O. invitado.
- Pero vaise usar outro método ....
-
Sabemos que Wired Connetion 2 estaba nos escenarios anteriores enlazado ao adaptador 1 da MV.
-
Editar, entón, Wired Connetion 2.
-
Configuralo para que obteña a IP e os demais datos por DHCP. Lembrar que este interface está conectado a un adaptador configurado en modo NAT.
-
Configurar agora o interface Wired Connetion 3. Sabemos que está conectado a un adaptador en modo Rede Interna.
-
Seguir estes pasos ao pé da letra: Introducir a IP (172.16.0.140), premer a tecla de tabulador e premer no botón Guardar.
-
Revisar agoara información de conexión.
-
A conexión Wired Connetion 2 aínda non colleu a IP que lle corresponde por DHCP (10.0.2.15). Hai que reiniciar esa conexión ...
-
Desconectar a conexión Wired Connetion 2.
-
Volver a conectala premendo en Wired Connetion 2.
-
Agora si que está correcta.
-
A conexión Wired Connetion 3 ten a configuración correcta.
Conectividade das MVs e do Host
- Coa experiencia adquirida o usuario pode realizar as probas de conectividade entre MVs, host, router e exterior. E deberá saber interpretar os resultados obtidos.

