Escenario 2.e: Mixto: NAT + Rede interna

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 E.jpg

Introdución

  • Este escenario é unha mistura entre modo Rede Interna e modo NAT. Para iso precísase que cada MV teña dous adaptadores:
    • Un en modo NAT
    • Outro en modo ponte.
  • Este escenario é idóneo, para prácticas en clase nas que desexa que as MV de cada alumno:
    • teñan as mesmas IPs cas MVs do compañeiro, que teñan conectividade só entre elas e non con outras MV de outros compañeiros: REDE INTERNA
    • que teñan acceso a internet pero sen que o equipo estea na rede LAN: NAT
  • Aconséllase que se revise a teoría no que atinxe ao funcionamento:


Configuración dos adaptadores de rede das MV

  • Apagar as MV.
  • IPs a usar: aquelas que se desexen para o adaptador 2, só coa condición de que non choquen entre se as IPs das MVs dun mesmo host.
  • No adaptador 1, no hai que configurar que obteña a IP por DHCP.

Configuración IP do equipo host

  • Non inflúe neste caso.

S.O. Windows en MV

  • Para configurar os dous interfaces de rede de wclient, hai que saber cal é cal. Pois interesa que interface asociado ao adaptador 1 estea configurado por DHCP e o adaptador 2 con IP manual.
  • Para iso pódese mirar a MAC do adaptador en VirtualBox e logo mirar as MACs nos interfaces no S.O. invitado.
  • Pero vaise usar outro método ....


S.O. Ubuntu en MV

  • Para configurar os dous interfaces de rede de uclient, hai que saber cal é cal. Pois interesa que interface asociado ao adaptador 1 estea configurado por DHCP e o adaptador 2 con IP manual.
  • Para iso pódese mirar a MAC do adaptador en VirtualBox e logo mirar as MACs nos interfaces no S.O. invitado.
  • Pero vaise usar outro método ....

Conectividade das MVs e do Host

  • Coa experiencia adquirida o usuario pode realizar as probas de conectividade entre MVs, host, router e exterior. E deberá saber interpretar os resultados obtidos.