Clonar, copiar, importar, exportar máquinas virtuais

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 00:43 3 nov 2011 de Carrion (discusión | contribs.) (→‎Importar e exportar)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 01 D.jpg

Introdución

Unha vez que se pasou todo o traballo de instalar unha MV, actualizala, personalizala, instalar Guest Additions, etc. Se logo traballando con ela se estragara, isto sería un problema, pois habería que facer todo de nvo.

Para solucionar este problema, a maneira máis sinxela de facelo é realizando unha clonación da máquina.

Clonación

Primeiro apagar á MV a clonar.

Simulacion Redes Vbox Instalacion Clonar 01.jpeg

  • Facer agora o mesmo que no caso anterior pero coa máquina uclient. Chamándolle Neste caso base-uclient.
  • Unha vez que se fixo todo o proceso pódese observar o que acaeceu cos arquivos: orixinais e clonados.

Simulacion Redes Vbox Clonar 05.jpeg

Copiar unha máquina virtual

  • Copiar é coller a carpeta enteira que contén unha máquina virtual e levala a outro equipo.
  • Isto só vale se se vai facer entre equipos. Se se fai na mesma máquina e co mesmo usuario só existe a posibilidade de clonar. Porque cando se clona xenéranse novos IDs de disco para o disco clonado. Se se copiara non se xenarían eses novos IDs para o disco copiado, e un mesmo virtualbox non soporta dous discos co mesmo ID.
  • Unha vez que se copiou a un novo equipo só resta, ir ao menú da VirtualBox: Máquina:Agregar

Simulacion Redes Vbox Copiar 01.jpeg

  • Finalmente localizar a carpeta na que se copiou esa máquina virtual e seleccionar o arquivo con extensión .vbox. Lembrar que era o ficheiro azul, que era o arquivo xml e que contiña a descrición da máquina.

Simulacion Redes Vbox Copiar 02.jpeg

  • E xa estaría a máquina engadida coa mesma configuración que de onde se copiou.
  • Se procede, restaría rexenerar a MAC se a MV se copiou a moitos ordenadores, para que en todos eles non tivera a mesma MAC, pero iso xa se verá na parte II do curso.

Importar e exportar

Ben este tema é fariña doutro costal, e que de realizarse un curso monográfico sobre máquinas virtuais sería aí onde se vira. Trátase de que se poidan Exportar/Importar máquinas virtuais entre distintos fabricantes de ferramentas de virtualización, hipervisors ou como se lle queira chamar. Para iso creouse un formato aberto para empaquetar unha máquina virtual, ese ficheiro que empaqueta unha máquina virtual recibe o nome de OVF: http://es.wikipedia.org/wiki/Open_Virtualization_Format. Ate agora, nin VirtualBox garante que poida importar máquinas xeradas con calquera outro hipervisor. Aínda así pódese Exportar e Importar máquinas entre o mesmo hipervisor VirtualBox.

Quen desexe probar no menú Ficehiro: ... de VirtualBox pode atopar como exportar unha MV e como Importala. Simulacion Redes Vbox Exportar 01.jpeg