Programación do módulo de Sistemas Operativos Monoposto

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 10:10 20 oct 2011 de Antonio (discusión | contribs.) (→‎Identificación do ciclo)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Identificación da programación

Identificación do centro

  • Código do centro: 36019402
  • Nome do centro: IES Pazo da Mercé
  • Concello do centro: As Neves
  • Curso académico: 2011-2012

Identificación do ciclo

  • Código da familia profesional: IFC
  • Nome da familia profesional: Informática e comunicacións
  • Código do ciclo: CMIFC01
  • Nome do ciclo: Sistemas microinformáticos e redes
  • Grao: Medio
  • Réxime: Xeral-ordinario

Identificación do módulo profesional e unidades formativas

  • Código do módulo: MP0222
  • Nome do módulo: Sistemas Operativos Monoposto
  • Curso:1º
  • Sesións semanais: 6
  • Horas anuais: 160
  • Sesións anuais:192

Profesorado responsable da programación

  • Elabora a programación: Carlos Lorenzo González-Viso
  • Imparte o módulo: Carlos Lorenzo González-Viso

Concreción do currículo en relación coa súa adecuación ás características do ámbito produtivo

O módulo “Sistemas Operativos Monoposto” pertence o ciclo de Formación Profesional de grao medio “Sistemas Microinformáticos e Redes”, que ten unha duración de 2.000 horas ó longo de 2 cursos académicos, ó que lle corresponde o título de “Técnico en sistemas microinformáticos e redes”.

Este módulo impártese durante o primeiro curso, cunha duración de 160 horas, repartidas en 6 sesións semanais, o que da como resultado 192 sesións en todo o curso.

O desenvolvemento curricular de este módulo ten como referencia de partida o Realdecreto 1691/2007, do 14 de decembro (BOE nº 3446 do 17 de xaneiro de 2008), onde se establece o currículum do ciclo “Sistemas Microinformáticos e Redes”.

Relación de unidades didácticas que a integran, que contribuirán ao desenvolvemento do módulo profesional, xunto coa secuencia e o tempo asignado para o desenvolvemento de cada unha

O 1º curso do ciclo dura aproximadamente 32 semanas; en cada semana impártense 6 horas de clase (sesións), polo que se contabilizan 160 horas (192 sesións) totais. Estas 32 semanas están repartidas aproximadamente en 13 semanas no primeiro trimestre, 10 no segundo e 9 no terceiro. As unidades de traballo propostas e a secuenciación ao longo do curso especifícanse a continuación:


Unidade didáctica Sesións
U.D. 1: Sistema informático, representación da información. 24
U.D. 2: Sistemas operativos: Función, estructura, xestión de recursos. 22
U.D. 3: Sistemas de arquivos. Particionado. 18
U.D. 4: Máquinas virtuais. 6
U.D. 5: Instalación de sistemas operativos. 18
U.D. 6: Realización de tarefas básicas sobre s. o. windows. 20
U.D. 7: Realización de tarefas básicas sobre s. o. ubuntu. 20
U.D. 8: Administración dos s. o. Sistemas de arquivo. 15
U.D. 9: Administración dos s. o. Usuarios e grupos. 15
U.D. 10: Administración dos s. o. Impresión e organización de discos. 10
U.D. 11: Administración dos s. o. Administración e sucesos. 14
U.D. 12: Comprensión de textos e vocabulario técnico en Inglés. 10

Desenvolvemento curricular das unidades didácticas

Unidade didáctica 1: Sistema informático, representación da información. (24)

Obxectivos didácticos

  • Recoñecer a estructura do sistema informático, e a función de cada elemento.
  • Recoñecer os distintos sistemas de representación de información.
  • Saber realizar a conversion entre os distintos sistemas de representación da información.

Contidos

  • Sistema informático:
    • Concepto.
    • Compoñentes físicos do sistema informático.
    • Software de base dun sistema informático.
  • Sistemas de numeración:
    • binario, octal, hexadecimal.
    • Teorema fundamental da numeración.
  • Sistemas de codificación:
    • Numérica (modulo e signo, C1, C2 , coma flotante, ...)
    • Alfanumérica (ASCII, EBCDIC, UNICODE ...)
  • Métodos de representación da información.

Actividades

  • Recoñecer os elementos, as funcións e a estructura do sistema informático.
  • Realización de exercicios de conversión de sistemas de numeración e alxebra binaria.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA1: CA1.1, CA1.2

Unidade didáctica 2: Sistemas operativos: Función, estructura, xestión de recursos. (22)

Obxectivos didácticos

  • Recoñecer os fundamentos, a estructura e as funcións dos sistemas Sistema informático.
  • Saber clasificar os sistemas operativos.
  • Coñecer os sistemas operativos actuais.
  • Recoñecer os os distintos estados polos que pode pasar un proceso e os métodos para xestionalos.

Contidos

  • Concepto, elementos e estrutura dun sistema operativo.
  • Funcións do sistema operativo: recursos.
  • Evolución dos sistemas operativos: versións.
  • Arquitectura e compoñentes.
  • Modos de explotación do sistema: procesos en lotes e en tempo real.
  • Tipos de sistemas operativos: monousuario, multiusuario, multitarefa, multiproceso,...
  • Sistemas operativos actuais.
  • A xestión de Procesos e de Procesador (Planificación da CPU.)
  • Concepto de Proceso. Bloque de Control de Procesos (PCB). Estados, Transicións, Prioridades dos Procesos
  • Algoritmos de planificación do procesador niveles e obxectivos da planificación.
  • As técnicas de planificación do procesador: FCFS (First Come First Served), RR (Round-Robin / Asignación Cíclica ou Planificación en Roda), SJF (Shortest Job First / Primeiro O Proceso Máis Curto), SRT (Shortest Remaining Estafe), Prioridade, HRN (High Response Next), Colas Multinivel...

Actividades

  • Identificar as funcións e a estructura dos sistemas operativos.
  • Recoñecer os sistemas operativos actuais.
  • Recoñecer os modos de explotación, á arquitectura e os compoñentes dos sistemas operativos.
  • Realización de exercicios prácticos de planificación do procesador.
  • Realización de exercicios prácticos de xestión de memoria.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA1: CA1.3, CA1.4, CA1.5

Unidade didáctica 3: Sistemas de arquivo. Particionado. (18)

Obxectivos didácticos

  • Recoñecer os fundamentos e as funcións dos distintos tipos de particións.

Contidos

  • Sistema de Arquivos. Definición. Tipos.
  • Particionamento de discos. Tipos de particións.

Actividades

  • Descripción dos distintos tipos de particións de disco.
  • Traballar con varios discos.
  • Traballar con varios sistemas operativos no mesmo disco e en varios discos.
  • Arrancar distintos sistemas operativos.
  • Modificar a partición activa.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA1: CA1.6, CA1.7, CA1.8
  • RA2: CA2.4
  • RA3: CA3.3

Unidade didáctica 4: Máquinas virtuais. (6)

Obxectivos didácticos

  • Saber manexar máquinas virtuais.
  • Identificar o seu campo de aplicación das máquinas virtuais.
  • Instalar software específico na máquina virtual.

Contidos

  • Virtualización e máquina virtual: vantaxes e inconvenientes.
  • Maquinas virtuales: Tipos, características e Utilidade
  • Software propietario e libre para a creación de máquinas virtuais: instalación.
  • Creación de máquinas virtuais para sistemas operativos propietarios e libres.
  • Configuración e utilización de máquinas virtuais.
  • Relación co sistema operativo anfitrión.
  • Instalar software específico na máquina virtual.
  • Análises da actividade do sistema.

Actividades

  • Instalar o software que permite o uso das máquinas virtuais.
  • Manexar as máquinas virtuais.
  • Instalar software específico na máquina virtual.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA6: CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5, CA6.6, CA6.7, CA6.8, CA6.9

Unidade didáctica 5: Instalación de sistemas operativos. (18)

Obxectivos didácticos

  • Saber interpretar a documentación técnica referente a instalación do sistema operativo.
  • Coñecer as distintas versions e distribucións dos sistemtas operativos.
  • Instalar sistemas operativos das distintas formas posibles.
  • Saber seleccionar o sistema operativos mais adecuado según as especificacións técnicas.

Contidos

  • Requisitos técnicos do sistema operativo.
  • Planificación da instalación.
  • Partición dos dispositivos de almacenaxe.
  • Selección do sistema de ficheiros.
  • Xestores de arranque. Funcionamento. Configuración.
  • Tipos de instalación: típica e personalizada.
  • Instalación dende USB
  • Controladores de dispositivos.
  • Selección de aplicacións básicas para instalar.
  • Parámetros básicos da instalación.

Actividades

  • Planificación da instalación.
  • Instalación de varios sistemas operativos.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA2: CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8, CA2.9, CA2.10, CA2.11

Unidade didáctica 6: Realización de tarefas básicas sobre s.o. windows. (20)

Obxectivos didácticos

  • Realizar tarefas básicas de configuración de sistemas operativos, para o que interpreta requisitos, e describe os procedementos seguidos.
  • Saber actualizar o sistema operativo e dos controladores de dispositivos.
  • Saber engadir e eliminar hardware do sistema operativo.
  • Saber agregar, eliminar e actualizar software do sistema operativo.
  • Coñecer os métodos de reparación do sistema operativo.

Contidos

  • Arranque e parada do sistema: sesións.
  • Interfaces de usuario: tipos, propiedades e usos.
  • Utilización do sistema operativo: modo orde e modo gráfico.
  • Configuración das preferencias de escritorio.
  • Panel de control.
  • Actualización do sistema operativo e dos controladores de dispositivos.
  • Engadir e eliminar hardware do sistema operativo.
  • Agregar, eliminar e actualizar software do sistema operativo.
  • Operacións de reparación do sistema operativo. Consola de recuperación.
  • Programación de tarefas.
  • Utilización da axuda en liña.

Actividades

  • Configurar e preparar ó sistema operativo para traballar con él, respecto duns requisitos previos.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA3: CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6, CA3.7, CA3.8, CA3.9, CA3.10, CA3.11, CA3.12, CA3.13
  • RA4: CA4.8, CA4.9
  • RA5: CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.8

Unidade didáctica 7: Realización de tarefas básicas sobre s.o. ubuntu. (20)

Obxectivos didácticos

  • Realizar tarefas básicas de configuración de sistemas operativos, para o que interpreta requisitos, e describe os procedementos seguidos.
  • Saber actualizar o sistema operativo e dos controladores de dispositivos.
  • Saber engadir e eliminar hardware do sistema operativo.
  • Saber agregar, eliminar e actualizar software do sistema operativo.
  • Coñecer os métodos de reparación do sistema operativo.

Contidos

  • Arranque e parada do sistema: sesións.
  • Interfaces de usuario: tipos, propiedades e usos.
  • Utilización do sistema operativo: modo orde e modo gráfico.
  • Configuración das preferencias de escritorio.
  • Actualización do sistema operativo e dos controladores de dispositivos.
  • Engadir e eliminar hardware do sistema operativo.
  • Agregar, eliminar e actualizar software do sistema operativo.
  • Operacións de reparación do sistema operativo.
  • Programación de tarefas. Cron
  • Utilización da axuda en liña.

Actividades

  • Configurar e preparar ó sistema operativo para traballar con él, respecto duns requisitos previos.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA3: CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6, CA3.7, CA3.8, CA3.9, CA3.10, CA3.11, CA3.12, CA3.13
  • RA4: CA4.8, CA4.9
  • RA5: CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.8

Unidade didáctica 8: Administración dos s. o. Sistemas de arquivo. (15)

Obxectivos didácticos

  • Realizar operacións de compartición de información mediante arquivos e directorios e controlar os séus permisos e atributos, para o que interpreta requisitos.

Contidos

  • Estrutura da árbore de directorios.
  • Ficheiro e directorio: atributos e permisos.
  • Enlaces.
  • Compresión e descompresión.
  • Xestión do sistema de ficheiros.
  • Ferramentas para a xestión de ficheiros e directorios. Directivas.
  • Compartición de recursos.
  • Utilización de ordes para a xestión de ficheiros e directorios.
  • Operación con ficheiros: nome e extensión, comodíns, atributos e tipos.
  • Operación con directorios: nome, atributos e permisos.

Actividades

  • Administración da privacidade e compartición da información según uns requisitos determinados.
  • Compresión e descompresión da información.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA4: CA4.2, CA4.7, CA4.8, CA4.9
  • RA5: CA5.4, CA5.6, CA5.7, CA5.8

Unidade didáctica 9: Administración dos s. o. Usuarios e grupos. (15)

Obxectivos didácticos

  • Realizar tarefas de xestión e administración dos usuarios e os grupos dun sistema operativo.

Contidos

  • Tipos de usuarios.
  • Creación, modificación e borrado de usuarios e grupos de usuarios.
  • Xestión de perfís de usuarios e grupos locais. Contrasinais.
  • Identidades especiales.
  • Gestión de usuarios e grupos en modo comando.

Actividades

  • Realización de boletíns de exercicios de usuarios.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA4: CA4.1, CA4.9
  • RA5: CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8

Unidade didáctica 10: Administración dos s. o. Impresión e organización de discos. (10)

Obxectivos didácticos

  • Saber instalar e configurar impresoras.
  • Administrar as colas de impresión.
  • Manexar o administrador de discos.

Contidos

  • Impresión.
  • Instalación de impresoras.
  • Configuración de impresoras.
  • Xestión das colas de impresión.
  • Xestión de dispositivos de almacenaxe. Administrador de discos.

Actividades

  • Instalar distintos tipos de conexión de impresoras e en distintos sistemas operativos.
  • Configurar as propiedades das impresoras.
  • Administrar a cola de impresión.
  • Realizar a administración de discos mediante a ferramenta administrador de discos.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA4: CA4.7, CA4.9
  • RA5: CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8

Unidade didáctica 11: Administración dos s. o. Administración e sucesos. (14)

Obxectivos didácticos

  • Configuración da rede dun equipo.
  • Administrar as tareas, servizos e sucesos dun sistemas operativos.

Contidos

  • Configuración da conexión a internet.
  • Xestión dos procesos do sistema e de usuario. Administrador de tarefas.
  • Rendemento do sistema. Seguimento da actividade do sistema. Monitor do sistema.
  • Activación e desactivación de servizos.
  • Rexistro. Base de datos de configuración e comportamento do sistema operativo, do hardware instalado e das aplicacións.
  • Ferramentas de diagnóstico e optimización.

Actividades

  • Xestionar os sucesos mediante o visor de sucesos.
  • Xestionar os servizos dun sistema mediante o monitor de sistema ou o administrador de tareas.
  • Configurar IP estática nun equipo.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA4: CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.9

Unidade didáctica 12: Comprensión de textos e vocabulario técnico en Inglés (10)

O carácter fortemente cambiante e dinámico do contorno profesional da informática e as novas tecnoloxías fai imprescindible que o alumno adquira a capacidade de comprender de forma autónoma textos e documentos de diversas fontes e en diferentes formatos que lle permitan adaptarse a novos sistemas, ferramentas, etc. É por iso que nesta unidade tratarase de aumentar a capacidade do alumnado de extraer a información útil dos textos, fundamentalmente de carácter técnico, que lle permita levar a cabo unha formación continua na carreira profesional unha vez rematado o ciclo formativo.

A xustificación desta unidade basease ademais no plan lector do centro e na asignación dentro do mesmo de unha sesión de lectura semanal para todo ao alumnado, que será englobada dentro da unidade.

Por outra banda, o manexo do vocabulario técnico en inglés relativo ao módulo permite ao alumnado manexar documentos, manuais, aplicativos, etc. que en moitas ocasións atópanse unicamente neste idioma, e aumenta polo tanto a autonomía do alumno no seu traballo.

Obxectivos didácticos

  • Extraer información da lectura de documentos técnicos, manuais, etc.
  • Manexar o vocabulario técnico en inglés relativo as tecnoloxías, ferramentas, procesos, etc. abordadas no módulo.

Actividades

  • Resolver cuestións sobre diversas lecturas propostas polo profesor.
  • Elaborar glosarios de termos técnicos en inglés e resolver cuestións sobre os termos incluídos.
  • Manexar ferramentas en inglés e analizar os termos máis relevantes.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes criterios de avaliación:

  • Obtívose información de documentos técnicos e manuais.
  • Utilizouse o vocabulario técnico en inglés para comprender documentos tećnicos e manuais.

Ademáis abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA2: CA2.1, CA2.10

Contidos mínimos

  • Diferenciar claramente os elementos que forman a estructura dun sistema informático e coñecer o seu papel no funcionamento global do mesmo.
  • Empezar a familiarizarse e coñecer o vocabulario técnico introducido
  • Ser capaz de identificar os sistemas de codificación numérica e alfanumérica.
  • Coñecer os elementos que forman cada un dos sistemas de numeración vistos.
  • Identificar os tipos de sistemas operativos existentes e coñecer a estructura xeral dun sistema operativo.
  • Situar as funcións que realiza un sistema operativo no módulo de xestión que corresponda.
  • Saber como os sistemas operativos realizan a xestión dos recursos da máquina. Coñecer as técnicas de xestión de procesos.
  • Coñecer os sistemas de arquivos más empregados e as súas características.
  • Saber identificar que sistemas de arquivos que emprega un sistema operativo dado.
  • Coñecer os programas de manexo de máquinas virtuais mais coñecidos.
  • Saber os pasos necesarios para realizar instalacións nas máquinas virtuais.
  • Configurar as máquinas virtuais segundo as nosas necesidades.
  • Coñecer as características principais e diferenciadoras da familia de sistemas operativos Windows e coñecer as diferenzas entre eles. Interfaces gráficas e sistemas de ventás.
  • Coñecer a historia e versións dos sistemas operativos da familia Windows.
  • Coñecer os métodos de instalación que podemos empregar para instalar Windows.
  • Saber configurar o xestor de arranque.
  • Coñecer os pasos do inicio do sistema así como os ficheiros que interveñen na secuencia de inicio do sistema.
  • Saber identificar os requerimentos do sistema.
  • Identificar os elementos principais da interface gráfica do sistema operativo Windows e ubicar cada unha das funcións vistas no grupo de programas adecuados.
  • Saber manter o sistema operativo actualizado cos parches.
  • Coñecer a estructura de directorios. Saber recorrer os directorios e aplicar os permisos.
  • Saber realizar o mantemento de ficheiros e directorios: comprensión e descompresión.
  • Coñecer os métodos para engadir e eliminar Hardware.
  • Saber manexar e instalar a consola de recuperación
  • Saber crear usuarios e grupos.
  • Saber asignar permisos de acceso a usuarios mediante ferramentas administrativas do sistema operativo.
  • Saber comprobar os recursos do equipo.
  • Saber configurar a seguridade do sistema operativo.
  • Saber realizar o mantemento de ficheiros e directorios: Desfragmentación, Limpeza de cache de disco, etc.
  • Coñecer a estructura do rexistro de Windows.
  • Coñercer os comandos mais importarntes da liña de comandos de Windows.
  • Saber empregar os comandos de windows para a administración básica do sistema: recorrer arquivos, crear directorios e ficheiros, borrar directorio e ficheiros, mover directorios e ficheiros, localizar directorios,...
  • Coñecer as características principais dos sistemas operativos libres.
  • Coñecer o sistema de arquivos mais empregado nos sistemas operativos linux e as suas características.
  • Coñecer as distribucións mais importantes de linux. Saber diferencialas.
  • Coñecer a historia do sistema operativo Linux.
  • Coñecer os métodos de instalación que podemos empregar para instalar linux.
  • Saber configurar o xestor de arranque.
  • Coñecer os pasos do inicio do sistema así como os ficheiros que interveñen na secuencia de inicio do sistema.
  • Saber identificar os requerimentos do sistema.
  • Identificar os elementos principais da interface gráfica do sistema operativo Linux e ubicar cada unha das funcións vistas no grupo de programas adecuados.
  • Saber manter o sistema operativo actualizado.
  • Coñecer a estructura de directorios. Saber recorrer os directorios e aplicar os permisos.
  • Saber realizar o mantemento de ficheiros e directorios: comprensión e descompresión.
  • Coñecer os métodos para engadir e eliminar Hardware.
  • Saber manexar a interfaz gráfica KDE ou GNOME para realizar tarefas básicas no sistema.
  • Saber manexar a interfaz gráfica KDE ou GNOME para realizar tarefas de administración no sistema.
  • Saber crear usuarios e grupos.
  • Saber asignar permisos de acceso a usuarios mediante ferramentas administrativas do sistema operativo.
  • Saber comprobar os recursos do equipo.
  • Saber configurar a seguridade do sistema operativo.
  • Saber realizar o mantemento de ficheiros e directorios: Desfragmentación, Limpeza de cache de disco, etc.
  • Coñecer os distintos tipos de shell de linux.
  • Saber empregar a axuda da liña de comandos.
  • Coñercer os comandos mais importarntes da liña de comandos.
  • Saber empregar os comandos de Linux para a administración básica do sistema: recorrer arquivos, crear directorios e ficheiros, borrar directorio e ficheiros, mover directorios e ficheiros, localizar directorios, realizar tarefas programadas,...

Actividades de recuperación

As actividades de recuperación para o alumnado de 2º curso que teña este módulo pendente consistirá na superación de todas as actividades indicadas no Plan de Avaliación Individualizado, e a realización dunha proba final para demostrar a capacitación. Esta proba final, consistirá en examenes teóricos e/ou prácticos por cada unha das unidades didácticas. O alumno superará a asignatura si en cada unha de estas probas obten unha nota igual ou superior a 5.

Avaliación

Instrumentos de avaliación

Os criterios en base aos que se valorará o rendemento do alumno, e a partires dos que se calculará a sua nota en cada Avaluación son os seguintes:

  • Rendemento académico:
    • Prácticas de entrega obrigatoria: Cada práctica terá a sua respectiva fecha límite de entrega, puidendo ser entregada con anterioridade. As prácticas entregadas dentro do correspondiente prazo serán correxidas, puidendo obter unha puntuación entre 0 y 0’25.
    • Exámenes: Na sua totalidade, terán unha puntuación de 10 - (0,25 * nº de prácticas de entrega obrigatoria) . O número de exames será variable, puidendo ser un ou máis durante a avaliación, en función do ritmo da clase dentro da marcha da asignatura; normalmente faráse ún por cada unidade didáctica. Sen embargo, para aprobar a avaliación é necesario obter a lo menos unha puntuación de 5 en todos eles.
  • Exames de recuperación: Ó término de cada trimestre, efectuaranse as correspondentes probas de recuperación aos alumnos que suspendan algún exame durante a avaliación. No caso de que un alumno non se presente a todas as probas de recuperación que lle corresponden, ou que volva a suspender algunha delas, deberá presentarse ao exame ordinario de Xuño para recuperar a avaliación na sua totalidade.
  • Utilización dos ordenadores na aula: Queda expresamente prohibido encender os equipos durante as horas de clase teóricas, así como utilizalos para tarefas que non sexan as expresamente indicadas polo profesor da asignatura.
  • A nota obtida polo alumno califícarao segundo a seguinte táboa:
Nota Cualificación
0,1,2 Ningún interese pola materia.
3,4 Interes por aprender pero denota escasez de coñecementos.
5 Interese e nivel de coñecementos mínimos.
6 Interese e dominio de nivel medio con respecto á materia.
7,8 Traballador e constante ao que falta soltura ao aplicar os seus coñecementos.
9,10 Sobresale a súa asimilación e posta en práctica dos seus coñecementos.

Ademais de superar as probas que se indican anteriormente, terase en conta o esforzo realizado para cumplir o obxectivo fixado.


Sistemas de cualificación

A nota final formarase da seguinte forma:

Parte Porcentaxe
Participación en clase, entrega de prácticas, orden e limpeza 30%
Probas das unidades didácticas e probas finais dos trimestres 70%

A cualificación final da avaliación será un número enteiro de 1 a 10, resultado de redondear os resultado obtidos seguindo a táboa. Considéranse aprobados aqueles alumnos que obteñan unha cualificación igual ou superior a 5.

Tendo en conta que o correcto comportamento e colaboración na clase por parte dos alumnos é fundamental para o desenvolvemento do módulo, poderase restar ata un 30% da nota final a aqueles alumnos que presenten faltas de comportamento graves que impidan o transcurso normal das clases ou que provoquen deterioros intencionados no material posto á súa disposición para a realización das actividades e probas.


Plan extraordinario de avaliación

Ós alumnos que superen o 10% de faltas, se lle comunicará ante a Xefatura de Estudios, a perda do dereito a Avaliación Continua (no momento en que ocurra). O alumno poderá asistir a clase, pero non será avaliado por trimestres. Estos alumnos disporán dunha proba final extraordinaria para demostrar a capacitación. Esta proba final, consistirá en examenes teóricos e/ou prácticos por cada unha das unidades didácticas. O alumno superará a asignatura si en cada unha de estas probas obten unha nota igual ou superior a 5.

Seguimento e avaliación da programación

No desenvolvemento do curso, farase uso de diversos mecanismos para facer un seguimento e avaliación do planificado na presente programación:

  • De xeito continuo, o profesor avaliará na clase a medida en que o alumnado acada de forma xeral os obxectivos fixados nas distintas unidades didácticas. En consecuencia, poderase decidir incidir en determinados contidos e/ou actividades, aumentando se se considera necesario o número de sesións adicadas a unha determinada unidade.
  • Ao remate de cada trimestre, o alumnado cubrirá unha enquisa na que valorará diversos aspectos do desenvolvemento do módulo, como a metodoloxía utilizada, as actividades realizadas, os recursos usados, os contidos expostos, etc. O resultado destas enquisas serán utilizados para aplicar as correccións que se consideren oportunas no propio desenvolvemento do curso, así como en vindeiros cursos académicos.
  • O profesor recollerá a temporalización real das distintas unidades didácticas, co obxectivo de poder corrixir no propio curso os desfases detectados fronte a temporalización prevista e precisar mellor a temporalización das unidades en vindeiros cursos académicos.

Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais

Durante o desenvolvemento do curso prestarase especial atención ao alumnado que presente necesidades educativas especiais ou algún grao de discapacidade, mediante unha secuenciación diferenciada das unidades didácticas, a realización dun maior número de actividades graduadas en dificultade e poñendo á súa disposición os recursos necesarios para a consecución dos obxectivos didácticos fixados nas distintas unidades.

Metodoloxía

A metodoloxía a empregar no ensino do coñecemento engloba tres fases:

  • Avaliación dos coñecementos previos, etapa de preavaliación.
    Antes de comezar cada unha das unidades didáctica que conforman o módulo, realizarase unha actividade motivadora (visualizar un vídeo, debate, etc.) para introducir ó alumno ós contidos que se abordarán na unidade.
    A continuación sondaranse os coñecementos previos do alumnado para que a aprendizaxe sexa significativa. Isto podemos facelo usando un cuestionario ou un test de varrido ou simplemente realizando unha “tormenta de ideas”.
  • Exposicións dos contidos das respectivas unidades que conforman o módulo, o que se coñece como etapa expositiva.
    Se a etapa de preavaliación e negativa óptase por unha técnica de exposición, xa que se parte de alumnos que ao comezar a unidade non teñen unha base de coñecementos sólida que poida servir para empregar unicamente técnicas por descubrimento. Se a etapa de preavaliación é positiva pasarase directamente á etapa de descubrimento.
    A técnica de exposición consiste en seguir o desenvolvemento total e parcial de cada un dos puntos da unidade didáctica, apoiándose en esquemas-resumo e material didáctico, para que o alumno comprenda os contidos. A explicación teórica completarase cun certo número de exemplos explicados e resoltos e cunha seria de actividades tipo cuestións, practicas, traballos de investigación bibliográfica, etc., que irán aumentando en dificultade progresivamente.
  • Adquisición e reforzo de coñecementos de xeito autónomo polo alumno, o que se coñece como etapa consolidación e descubrimento.
    O profesor poderá avaliar o nivel de asimilación de coñecementos adquiridos a través de diversos exercicios, que lle permita decidir se os alumnos de xeito autónomo se atopan preparados para a resolución de problemas máis complexos. Son as denominadas actividades de consolidación. Estas actividades darán lugar a adquisición por descubrimento de novos coñecementos, que se integraran de forma automática na súa estructura cognitiva.
    Preténdese con isto que a aprendizaxe sexa máis automática, dedutiva e máis amena. Estas actividades de consolidación serán: Prácticas individuales ou en grupo en modo de semiavaliación ou autoavaliación para que o alumnado profundice e reflexione sobre os seus coñecementos, procedementos e actitudes.

Obxectivos xerais do módulo

Os obxectivos xerais que debe desenvolver o módulo profesional, son acordes cos obxetivos xerais establecidas no currículum para este módulo:

  • Organizar os compoñentes físicos e lóxicos que forman un sistema microinformático, interpretando a súa documentación técnica, para aplicar os medios e os métodos acaídos á súa instalación, á súa montaxe e ao seu mantemento.
  • Recoñecer e executar os procedementos de instalación de sistemas operativos e programas de aplicación, aplicando protocolos de calidade, para instalar e configurar sistemas microinformáticos.
  • Localizar e reparar avarías e disfuncións nos compoñentes físicos e lóxicos para manter sistemas microinformáticos e redes locais.
  • Substituír e axustar compoñentes físicos e lóxicos para manter sistemas microinformáticos e redes locais.
  • Interpretar e seleccionar información para elaborar documentación técnica e administrativa.
  • Valorar o custo dos compoñentes físicos e lóxicos, e a man de obra, para elaborar orzamentos.
  • Recoñecer características e posibilidades dos compoñentes físicos e lóxicos para asesorar e asistir a clientela.
  • Detectar e analizar cambios tecnolóxicos para elixir novas alternativas e manter a actualización dentro do sector.
  • Recoñecer e valorar incidencias, determinar as súas causas e describir as accións correctoras para as resolver.


En resumo do exposto concrétase que o alumno debe de coñecer o funcionamento dos sistemas operativos monoposto para así saber xestionalos e administrarlos de forma axeitada, así como saber detectar e correxir erros nos mesmos.

Materiais e recursos didácticos

Os materiais e os recursos didácticos empregados son os seguintes:

  • Os ordenadores dá aula do ciclo.
  • Proxector multimedia para apoiar presentacións e explicacións con diapositivas.
  • Apuntes elaborados polo profesor dos contidos da unidade ou/e libro de texto.
  • Artigos de revistas especializadas que conteñan novas acerca dos conceptos vistos na unidade.
  • Software de Microsoft , programa Academic Alliance.
  • Software de utilidades para a realización de particións de disco, creación de máquinas virtuais, ..
  • Discos duros extraibles, para realizar as particións e instalacións de sistemas operativos.
  • Internet para a procura de información e de ferramentas software.
  • Manuais de referencia.
  • Documentación sobre o software libre así como documentación sobre as distribucións do sistema operativo Linux empregado nas clases.
  • Software do sistema operativo Linux, e decir, discos de instalación co propio sistema operativo.