Programación do módulo de Montaxe e Mantemento de Equipos
Identificación da programación
Identificación do centro
- Código do centro: 36019402
- Nome do centro: IES Pazo da Mercé
- Concello do centro: As Neves
- Curso académico: 2011-2012
Identificación do ciclo
- Código da familia profesional: IFC
- Nome da familia profesional: Informática e comunicacións
- Código do ciclo: CMIFC01
- Nome do ciclo: Sistemas microinformáticos e redes
- Grao: Medio
- Réxime: Xeral-ordinario
Identificación do módulo profesional e unidades formativas
- Código do módulo: MP0221
- Nome do módulo: Montaxe e Mantemento de Equipamentos
- Curso:1º
- Sesións semanais: 9
- Horas anuais: 240
- Sesións anuais:288
Profesorado responsable da programación
- Elabora a programación: Carlos Lorenzo González-Viso
- Imparte o módulo: Carlos Lorenzo González-Viso
Concreción do currículo en relación coa súa adecuación ás características do ámbito produtivo
O módulo profesional que nos ocupa é o de Montaxe e mantemento de equipamentos, necesario para adquirir o título de Técnico en Sistemas microinformáticos e redes correspondente á familia profesional de Informática e Comunicacións. Este módulo é impartido no primeiro curso deste ciclo.
Este módulo ten unha duración total de 240 horas que equivalen a 288 sesións de 50 mniutos (9 sesións semanais).
A normativa de referencia desta programación didáctica é o Decreto 27/2010, do 25 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo.
Relación de unidades didácticas que a integran, que contribuirán ao desenvolvemento do módulo profesional, xunto coa secuencia e o tempo asignado para o desenvolvemento de cada unha
O 1º curso do ciclo dura aproximadamente 32 semanas; en cada semana impártense 9 horas de clase (sesións), polo que se contabilizan 240 horas (288 sesións) totais. Estas 32 semanas están repartidas aproximadamente en 13 semanas no primeiro trimestre, 10 no segundo e 9 no terceiro. As unidades de traballo propostas e a secuenciación ao longo do curso especifícanse a continuación:
Unidade didáctica | Sesións |
---|---|
U.D. 1: Introducción aos equipamentos informáticos. | 18 |
U.D. 2: Prevención de riscos e protección ambiental no taller. | 18 |
U.D. 3: Electricidade. | 18 |
U.D. 4: Compoñentes dun equipo informático. | 30 |
U.D. 5: Particionamento de discos. | 12 |
U.D. 6: Montaxe e programación dun robot educativo. | 30 |
U.D. 7: Montaxe e desmontaxe de equipos informáticos. | 36 |
U.D. 8: Instalación, clonación e recuperación do s.o. | 30 |
U.D. 9: Xestores de arranque. | 18 |
U.D. 10: Localización e reparación de averías. Ferramentas. | 30 |
U.D. 11: Periféricos. | 18 |
U.D. 12: Tendencias en equipamentos informáticos. | 18 |
U.D. 13: Comprensión de textos e vocabulario técnico en Inglés. | 12 |
Desenvolvemento curricular das unidades didácticas
Unidade didáctica 1: Introducción aos equipamentos informáticos. (18)
Obxectivos didácticos
- Distinción das partes dun sistema informático.
- Coñecer o papel das partes dun sistema no funcionamento global do mesmo.
- Empezar a familiarizarse e coñecer o vocabulario técnico introducido.
Contidos
- Sistema informático: Hardware e software
- Compoñentes físicos dun sistema informático: procesador, memoria, periféricos, almacenamento externo
- Tipos de equipos e usuarios dun sistema informático.
Actividades
- Representación da execución dunha instrucción.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA1: CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5
- RA2: CA2.5
- RA3: CA3.6
Unidade didáctica 2: Prevención de riscos e protección ambiental no taller. (18)
Obxectivos didácticos
- Coñecer os principios lexislativos de seguridade e saúde no taller.
- Coñecer os posibles danos.
- Nocións xeráis sobre risco eléctrico.
- Extinción de incendios.
- Reciclar compoñentes electrónicos.
- Reciclar consumibles.
Contidos
- Princiipios lexislativos sobre seguridade e saúde.
- Factores de risco.
- Prevención de riscos.
- Evitar contaminación.
Actividades
- Identificar riscos no taller.
- Realizar procedementos de seguridade.
- Practicar o reciclaxe de compoñentes e consumibles.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA4: CA4.1
- RA5: CA5.1, CA5.3
- RA11: CA11.1, CA11.2, CA11.3, CA11.4, CA11.5, CA11.6, CA11.7, CA11.8
Unidade didáctica 3: Electricidade. (18)
Obxectivos didácticos
- Medir parámetros eléctricos.
- Familiarizarse co uso do voltímetro.
Contidos
- O soldador de estano.
- Soldadura con estano.
- O voltímetro.
Actividades
- Realización de prácticas co voltímetro.
- Realización dunha soldadura.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA5: CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8
- RA6: CA6.4
- RA10: CA10.3
Unidade didáctica 4: Compoñentes dun equipo informático. (30)
Obxectivos didácticos
- Conexión dos periféricos coa unidade central
- Configuración e uso dos periféricos mais utilizados.
- Identificación dos componentes, elementos internos e conectores dun equipo informático.
Contidos
- Conectores externos
- Elementos internos
Actividades
- Recoñecer e identificar os compoñentes de unha placa base.
- Recoñecer e identificar os conectores dun equipamento informático.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA1: CA1.1, CA1.6
- RA2: CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8
- RA3: CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6
Unidade didáctica 5: Particionamento de discos. (12)
Obxectivos didácticos
- Identificar os distintos tipos de sistemas de arquivos existentes.
- Asociar os sistemas de arquivos coas instalacións dos sistemas operativos adecuados.
Contidos
- Particionamento de discos: particións primarias i extendidas.
- Organización de discos e sistemas de almacenamento: pistas, sectores.
- Máquinas virtuais.
Actividades
- Identificación dos distintos sistemas de arquivos.
- Particionamento de discos duros.
- Identificación da organización lóxica dos discos.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA3: CA3.2, CA3.4
- RA7: CA7.4
Unidade didáctica 6: Montaxe e programación dun robot educativo. (30)
Obxectivos didácticos
- Realizar a montaxe correcta dalgún dos catro tipos de robot posibles.
- Explicar a secuencia ordeada de pasos para a resolución dunha proba.
- Citar as medidas de precaución no transcurso da montaxe do robot.
- Configurar as opcións básicas do robot.
- Programación do robot para a resolución de varias probas.
- Identificación a mellor programación tras a competición entre dous robots.
Contidos
- Montaxe dun robot.
- Configuración do robot.
- Programación do robot.
Actividades
- Montaxe do robot.
- Programación do robot.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA4: CA4.2, CA4.3, CA4.7, CA4.8
- RA11: CA11.1, CA11.2, CA11.3, CA11.4, CA11.5, CA11.6, CA11.7, CA11.8
Unidade didáctica 7: Montaxe e desmontaxe de equipos informáticos. (36)
Obxectivos didácticos
- Explicar a secuencia ordeada de pasos para a montaxe dun PC.
- Citar as medidas de precaución no transcurso da montaxe dun PC.
- Configurar as opcións básicas da BIOS.
- A partires do manual da placa base dun equipo, determina-las posibilidades de ampliación.
- Identificación dos componentes internos dun equipo informático.
Contidos
- Proceso de desmontaxe dun equipo informático.
- Determinación dos componentes internos dun equipo informático.
- Proceso de montaxe dun equipo informático.
Actividades
- Montaxe e desmontaxe de distintos tipos de equipos informáticos.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA3: CA3.2, CA3.3, CA3.4
- RA4: CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.7, CA4.8
- RA11: CA11.1, CA11.2, CA11.3, CA11.4, CA11.5, CA11.6, CA11.7, CA11.8
Unidade didáctica 8: Instalación, clonación e recuperación do s.o. (30)
Obxectivos didácticos
- Realización dun CD de instalación e recuperación personalizado.
- Clonación do contido dun disco duro.
- Interpretación da documentación dos programas nLite, norton ghost e sysprep.
Contidos
- Crear un CD de Windows XP personalizado con nLite.
- Clonación con norton ghost y sysprep.
Actividades
- Preparación do sistema para a instalación remota.
- Clonación do sistema.
- Creación dunha imaxe do sistema.
- Descarga de imaxes do sistema.
- Recuperación do sistema.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA7: CA7.1, CA7.2, CA7.3, CA7.4, CA7.5, CA7.6, CA7.7, CA7.8, CA7.9, CA7.10, CA7.11
- RA8: CA8.1, CA8.4
Unidade didáctica 9: Xestores de arranque. (18)
Obxectivos didácticos
- Identificación das características do xestor de arranque indicado.
- Instalación e configuración do xestor de arranque indicado.
- Interpretación da documentación do programa gag.
Contidos
- Conceptos teóricos dos xestores de arranque.
- Características técnicas dos xestores de arranque.
- O xestor de arranque gag.
Actividades
- Lectura e interpretación da documentación do gag.
- Instalación dun xestor de arranque.
- Manexo e utilidade dun xestor de arranque.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA7: CA7.5
Unidade didáctica 10: Localización e reparación de averías. Ferramentas (30)
Obxectivos didácticos
- Diagnosticar os problemas de funcionamiento dun equipo.
- Resolver os problemas de funcionamiento dun equipo.
- Interpretar os pitidos de erro do arranque dun equipo.
Contidos
- Interpretación dos manuais dos distintos componentes do sistema.
- Interpretación do código dos pitidos de error do arranque do equipo.
- Diagnóstico e resolución dos problemas de funcionamento dun equipo.
Actividades
- Posta en práctica do protocolo de identificación de avarías.
- Localizar fallos nos distintas partes do equipo.
- Solucionar os fallos atopados.
- Identificar as ferramentas hardware e software de localización de averías.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA4: CA4.7
- RA6: CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5, CA6.6, CA6.7, CA6.8
- RA8: CA8.2, CA8.3
Unidade didáctica 11: Periféricos. (18)
Obxectivos didácticos
- Identificar os distintos tipos de periféricos estándart.
- Coñecer os mecanismos de funcionamento de distintos tipos de periféricos.
- Coñecer e identificar so SAI.
Contidos
- Monitores.
- Teclados.
- Ratos.
- Impresoras.
- Escáner.
- Altavoces.
- Micros.
- Cámaras.
- SAI.
Actividades
- Recoñecer o funcionamento dos periféricos.
- Desmontaxe dalgún periférico.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA10: CA10.1, CA10.2, CA10.3, CA10.4, CA10.5, CA10.6, CA10.7
Unidade didáctica 12: Tendencias en equipamentos informáticos. (18)
Obxectivos didácticos
- Recoñecer e entender o funcionamento dun Barebone.
- Recoñecer e entender o funcionamento dun HTPC.
- Recoñecer e entender o funcionamento dun portátil.
- Recoñecer e entender o funcionamento dun Tablet PC.
- Recoñecer e entender o funcionamento dun Netbook.
- Recoñecer e entender o funcionamento dunha pda.
- Recoñecer e entender o funcionamento dunha videoconsola.
Contidos
- Barebones.
- HTPC.
- Portátiles.
- Consolas.
Actividades
- Desmontar e montar un portátil.
- Instalación e extracción de PCMCIA.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA9: CA9.1, CA9.2, CA9.3, CA9.4, CA9.5, CA9.6, CA9.7
Unidade didáctica 13: Comprensión de textos e vocabulario técnico en Inglés (12)
O carácter fortemente cambiante e dinámico do contorno profesional da informática e as novas tecnoloxías fai imprescindible que o alumno adquira a capacidade de comprender de forma autónoma textos e documentos de diversas fontes e en diferentes formatos que lle permitan adaptarse a novos sistemas, ferramentas, etc. É por iso que nesta unidade tratarase de aumentar a capacidade do alumnado de extraer a información útil dos textos, fundamentalmente de carácter técnico, que lle permita levar a cabo unha formación continua na carreira profesional unha vez rematado o ciclo formativo.
A xustificación desta unidade basease ademais no plan lector do centro e na asignación dentro do mesmo de unha sesión de lectura semanal para todo ao alumnado, que será englobada dentro da unidade.
Por outra banda, o manexo do vocabulario técnico en inglés relativo ao módulo permite ao alumnado manexar documentos, manuais, aplicativos, etc. que en moitas ocasións atópanse unicamente neste idioma, e aumenta polo tanto a autonomía do alumno no seu traballo.
Obxectivos didácticos
- Extraer información da lectura de documentos técnicos, manuais, etc.
- Manexar o vocabulario técnico en inglés relativo as tecnoloxías, ferramentas, procesos, etc. abordadas no módulo.
Actividades
- Resolver cuestións sobre diversas lecturas propostas polo profesor.
- Elaborar glosarios de termos técnicos en inglés e resolver cuestións sobre os termos incluídos.
- Manexar ferramentas en inglés e analizar os termos máis relevantes.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes criterios de avaliación:
- Obtívose información de documentos técnicos e manuais.
- Utilizouse o vocabulario técnico en inglés para comprender documentos tećnicos e manuais.
Ademáis abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA4: CA4.2
- RA9: CA9.1
- RA11: CA11.1
Contidos mínimos
- Distinción das partes dun sistema informático.
- Coñecer o papel das partes dun sistema no funcionamento global do mesmo.
- Empezar a familiarizarse e coñecer o vocabulario técnico introducido.
- Conexión dos periféricos coa unidade central
- Configuración e uso dos periféricos mais utilizados.
- Identificación dos componentes, elementos internos e conectores dun equipo informático.
- Montaxe dun robot.
- Configuración do robot.
- Programación do robot.
- Explicar a secuencia ordeada de pasos para a montaxe dun PC.
- Citar as medidas de precaución no transcurso da montaxe dun PC.
- Configurar as opcións básicas da BIOS.
- A partires do manual da placa base dun equipo, determina-las posibilidades de ampliación.
- Identificación dos componentes internos dun equipo informático.
- Identificar os distintos tipos de sistemas de arquivos existentes.
- Asociar os sistemas de arquivos coas instalacións dos sistemas operativos adecuados.
- Realización dun CD de instalación e recuperación personalizado.
- Clonación do contido dun disco duro.
- Interpretación da documentación dos programas nLite, norton ghost e sysprep.
- Identificación das características do xestor de arranque indicado.
- Instalación e configuración do xestor de arranque indicado.
- Interpretación da documentación do programa gag.
- Diagnosticar os problemas de funcionamiento dun equipo.
- Resolver os problemas de funcionamiento dun equipo.
- Interpretar os pitidos de erro do arranque dun equipo.
- Recuperar os datos dun disco duro.
Actividades de recuperación
As actividades de recuperación para o alumnado de 2º curso que teña este módulo pendente consistirá na superación de todas as actividades indicadas no Plan de Avaliación Individualizado, e a realización dunha proba final para demostrar a capacitación. Esta proba final, consistirá en examenes teóricos e/ou prácticos por cada unha das unidades didácticas. O alumno superará a asignatura si en cada unha de estas probas obten unha nota igual ou superior a 5.
Avaliación
Instrumentos de avaliación
Os criterios en base aos que se valorará o rendemento do alumno, e a partires dos que se calculará a sua nota en cada Avaluación son os seguintes:
- Rendemento académico:
- Prácticas de entrega obrigatoria: Cada práctica terá a sua respectiva fecha límite de entrega, puidendo ser entregada con anterioridade. As prácticas entregadas dentro do correspondiente prazo serán correxidas, puidendo obter unha puntuación entre 0 y 0’25.
- Exámenes: Na sua totalidade, terán unha puntuación de 10 - (0,25 * nº de prácticas de entrega obrigatoria) . O número de exames será variable, puidendo ser un ou máis durante a avaliación, en función do ritmo da clase dentro da marcha da asignatura; normalmente faráse ún por cada unidade didáctica. Sen embargo, para aprobar a avaliación é necesario obter a lo menos unha puntuación de 5 en todos eles.
- Exames de recuperación: Ó término de cada trimestre, efectuaranse as correspondentes probas de recuperación aos alumnos que suspendan algún exame durante a avaliación. No caso de que un alumno non se presente a todas as probas de recuperación que lle corresponden, ou que volva a suspender algunha delas, deberá presentarse ao exame ordinario de Xuño para recuperar a avaliación na sua totalidade.
- Utilización dos ordenadores na aula: Queda expresamente prohibido encender os equipos durante as horas de clase teóricas, así como utilizalos para tarefas que non sexan as expresamente indicadas polo profesor da asignatura.
- A nota obtida polo alumno califícarao segundo a seguinte táboa:
Nota | Cualificación |
---|---|
0,1,2 | Ningún interese pola materia. |
3,4 | Interes por aprender pero denota escasez de coñecementos. |
5 | Interese e nivel de coñecementos mínimos. |
6 | Interese e dominio de nivel medio con respecto á materia. |
7,8 | Traballador e constante ao que falta soltura ao aplicar os seus coñecementos. |
9,10 | Sobresale a súa asimilación e posta en práctica dos seus coñecementos. |
Ademais de superar as probas que se indican anteriormente, terase en conta o esforzo realizado para cumplir o obxectivo fixado.
Sistemas de cualificación
A nota final formarase da seguinte forma:
Parte | Porcentaxe |
---|---|
Participación en clase, entrega de prácticas, orden e limpeza | 30% |
Probas das unidades didácticas e probas finais dos trimestres | 70% |
A cualificación final da avaliación será un número enteiro de 1 a 10, resultado de redondear os resultado obtidos seguindo a táboa. Considéranse aprobados aqueles alumnos que obteñan unha cualificación igual ou superior a 5.
Tendo en conta que o correcto comportamento e colaboración na clase por parte dos alumnos é fundamental para o desenvolvemento do módulo, poderase restar ata un 30% da nota final a aqueles alumnos que presenten faltas de comportamento graves que impidan o transcurso normal das clases ou que provoquen deterioros intencionados no material posto á súa disposición para a realización das actividades e probas.
Plan extraordinario de avaliación
Ós alumnos que superen o 10% de faltas, se lle comunicará ante a Xefatura de Estudios, a perda do dereito a Avaliación Continua (no momento en que ocurra). O alumno poderá asistir a clase, pero non será avaliado por trimestres. Estos alumnos disporán dunha proba final extraordinaria para demostrar a capacitación. Esta proba final, consistirá en examenes teóricos e/ou prácticos por cada unha das unidades didácticas. O alumno superará a asignatura si en cada unha de estas probas obten unha nota igual ou superior a 5.
Seguimento e avaliación da programación
No desenvolvemento do curso, farase uso de diversos mecanismos para facer un seguimento e avaliación do planificado na presente programación:
- De xeito continuo, o profesor avaliará na clase a medida en que o alumnado acada de forma xeral os obxectivos fixados nas distintas unidades didácticas. En consecuencia, poderase decidir incidir en determinados contidos e/ou actividades, aumentando se se considera necesario o número de sesións adicadas a unha determinada unidade.
- Ao remate de cada trimestre, o alumnado cubrirá unha enquisa na que valorará diversos aspectos do desenvolvemento do módulo, como a metodoloxía utilizada, as actividades realizadas, os recursos usados, os contidos expostos, etc. O resultado destas enquisas serán utilizados para aplicar as correccións que se consideren oportunas no propio desenvolvemento do curso, así como en vindeiros cursos académicos.
- O profesor recollerá a temporalización real das distintas unidades didácticas, co obxectivo de poder corrixir no propio curso os desfases detectados fronte a temporalización prevista e precisar mellor a temporalización das unidades en vindeiros cursos académicos.
Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais
Durante o desenvolvemento do curso prestarase especial atención ao alumnado que presente necesidades educativas especiais ou algún grao de discapacidade, mediante unha secuenciación diferenciada das unidades didácticas, a realización dun maior número de actividades graduadas en dificultade e poñendo á súa disposición os recursos necesarios para a consecución dos obxectivos didácticos fixados nas distintas unidades.
Metodoloxía
A metodoloxía a empregar no ensino do coñecemento engloba tres fases:
- Avaliación dos coñecementos previos, etapa de preavaliación.
Antes de comezar cada unha das unidades didáctica que conforman o módulo, realizarase unha actividade motivadora (visualizar un vídeo, debate, etc.) para introducir ó alumno ós contidos que se abordarán na unidade.
A continuación sondaranse os coñecementos previos do alumnado para que a aprendizaxe sexa significativa. Isto podemos facelo usando un cuestionario ou un test de varrido ou simplemente realizando unha “tormenta de ideas”.
- Exposicións dos contidos das respectivas unidades que conforman o módulo, o que se coñece como etapa expositiva.
Se a etapa de preavaliación e negativa óptase por unha técnica de exposición, xa que se parte de alumnos que ao comezar a unidade non teñen unha base de coñecementos sólida que poida servir para empregar unicamente técnicas por descubrimento. Se a etapa de preavaliación é positiva pasarase directamente á etapa de descubrimento.
A técnica de exposición consiste en seguir o desenvolvemento total e parcial de cada un dos puntos da unidade didáctica, apoiándose en esquemas-resumo e material didáctico, para que o alumno comprenda os contidos. A explicación teórica completarase cun certo número de exemplos explicados e resoltos e cunha seria de actividades tipo cuestións, practicas, traballos de investigación bibliográfica, etc., que irán aumentando en dificultade progresivamente.
- Adquisición e reforzo de coñecementos de xeito autónomo polo alumno, o que se coñece como etapa consolidación e descubrimento.
O profesor poderá avaliar o nivel de asimilación de coñecementos adquiridos a través de diversos exercicios, que lle permita decidir se os alumnos de xeito autónomo se atopan preparados para a resolución de problemas máis complexos. Son as denominadas actividades de consolidación. Estas actividades darán lugar a adquisición por descubrimento de novos coñecementos, que se integraran de forma automática na súa estructura cognitiva.
Preténdese con isto que a aprendizaxe sexa máis automática, dedutiva e máis amena. Estas actividades de consolidación serán: Prácticas individuales ou en grupo en modo de semiavaliación ou autoavaliación para que o alumnado profundice e reflexione sobre os seus coñecementos, procedementos e actitudes.
Obxectivos xerais do módulo
Neste módulo formativo, os obxectivos xerais van encamiñados á formación do alumnado na obtención de capacidades para a explotación de equipos e sistemas informáticos.
Para isto o alumno deberá demostrar a súa capacidade en relación ós seguintes aspectos:
- Analiza-las características dos compoñentes internos e periféricos dun sistema informático e a súa relación coas prestacións do sistema.
- Instalar e manter os compoñentes e periféricos dun sistema informático, interpretando a documentación técnica.
- Montar, programar e manter en funcionamento un robot con instruccións básicas.
- Instalar e configurar o sistema operativo, os controladores de dispositivos e as utilidades, para deixar operativo o sistema.
- Diagnosticar, resolver problemas de funcionamento e efectuar copias de seguridade nun sistema informático.
- Realizar as operacións de instalación do hardware e configuración e actualización do software base dun sistema informático según os requerimentos do usuario.
- Realiza-la asistencia ó usuario resolvendo os problemas que se lle presentan na explotación do sistema informático, diagnosticando as averías, identificando a súa natureza (hardware o software) e efectuando a súa reparación ou sustitución no tempo adecuado e có nivel de calidade esperado.
- Realizar operacións de administración de usuarios e recursos do sistema garantindo a súa seguridade e disponibilidade.
- Realiza-las operacións de mantemento da información, garantindo a súa integridade, dispoñibilidade e seguridade, según os procedimentos establecidos.
- Realiza-las operacións de mantemento e control de calidade do sistema según os procedimentos e periodicidade establecida.
Materiais e recursos didácticos
- Desparafusadores.
- Placas base.
- Tarxetas de video.
- Tarxetas de son.
- Tarxetas de rede.
- Equipos completos.
- Procesadores.
- Disipadores.
- Ventiladores.
- Carcasas.
- Tornillos.
- Soprtes para placas.
- Tablas protectoras.
- Robots.
- Brochas.
- Pegamento térmico.
- Discos duros.
- Disqueteras.
- ALCALDE E., GARCÍA M., Informática Básica. Ed. McGraw-Hill. 1997.
- ALCALDE E., MORERA J., Introducción a los sistemas operativos. Ed. McGraw-Hill. 1991.
- ALONSO RODRÍGUEZ V. M., VILLARINO FERNÁNDEZ J. A., Sistemas operativos. Ed. Alhambra Longman. 1994.
- CARBALLAR J. A., Software y hardware de su PC. Ed. RA-MA. 1994.
- COBB S., Manual de seguridad para PC y Redes Locales. Ed. McGraw-Hill. 1994.
- GONZÁLEZ G. MAS J., El libro de los virus y la Seguridad Informática. Ed. RA-MA. 1990.
- GUILERA AGUERA LL., Introducción a la informática. Ed. Edunsa. 1993.
- JUNGBLUTH T., Elija y configure su PC hardware. Ed. Marcombo Boixareu Editores. 1994.
- MARCELO J. DE, Guía de campo de los virus informáticos. Ed. RA-MA. 1995.
- ROCANDIO PABLO F. J., Medios informáticos. Explotación de Sistemas. Ed. McGraw-Hill. 1992.
- STEPHANI W., Así se trabaja con PC Tools Deluxe. Ed. Marcombo Boixareu Editores. 1992.
- TORNSDORF H., TORNSDORF M., El PC para principiantes (2ª ed.). Ed. Marcombo Boixareu Editores. 1993.