Programación do módulo de Montaxe e Mantemento de Equipos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Sumario

Identificación da programación

Identificación do centro

  • Código do centro: 36019402
  • Nome do centro: IES Pazo da Mercé
  • Concello do centro: As Neves
  • Curso académico: 2011-2012

Identificación do ciclo

  • Código da familia profesional: IFC
  • Nome da familia profesional: Informática e comunicacións
  • Código do ciclo: CMIFC01
  • Nome do ciclo: Sistemas microinformáticos e redes
  • Grao: Medio
  • Réxime: Xeral-ordinario

Identificación do módulo profesional e unidades formativas

  • Código do módulo: MP0221
  • Nome do módulo: Montaxe e Mantemento de Equipamentos
  • Curso:1º
  • Sesións semanais: 9
  • Horas anuais: 240
  • Sesións anuais:288

Profesorado responsable da programación

  • Elabora a programación: Carlos Lorenzo González-Viso
  • Imparte o módulo: Carlos Lorenzo González-Viso

Concreción do currículo en relación coa súa adecuación ás características do ámbito produtivo

O módulo profesional que nos ocupa é o de Montaxe e mantemento de equipamentos, necesario para adquirir o título de Técnico en Sistemas microinformáticos e redes correspondente á familia profesional de Informática e Comunicacións. Este módulo é impartido no primeiro curso deste ciclo.

Este módulo ten unha duración total de 240 horas que equivalen a 288 sesións de 50 mniutos (9 sesións semanais).

A normativa de referencia desta programación didáctica é o Decreto 27/2010, do 25 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo.

Relación de unidades didácticas que a integran, que contribuirán ao desenvolvemento do módulo profesional, xunto coa secuencia e o tempo asignado para o desenvolvemento de cada unha

O 1º curso do ciclo dura aproximadamente 32 semanas; en cada semana impártense 9 horas de clase (sesións), polo que se contabilizan 240 horas (288 sesións) totais. Estas 32 semanas están repartidas aproximadamente en 13 semanas no primeiro trimestre, 10 no segundo e 9 no terceiro. As unidades de traballo propostas e a secuenciación ao longo do curso especifícanse a continuación:


Unidade didáctica Sesións
U.D. 1: Introducción aos equipamentos informáticos. 18
U.D. 2: Prevención de riscos e protección ambiental no taller. 18
U.D. 3: Electricidade. 18
U.D. 4: Compoñentes dun equipo informático. 30
U.D. 5: Particionamento de discos. 12
U.D. 6: Montaxe e programación dun robot educativo. 30
U.D. 7: Montaxe e desmontaxe de equipos informáticos. 36
U.D. 8: Instalación, clonación e recuperación do s.o. 30
U.D. 9: Xestores de arranque. 18
U.D. 10: Localización e reparación de averías. Ferramentas. 30
U.D. 11: Periféricos. 18
U.D. 12: Tendencias en equipamentos informáticos. 18
U.D. 13: Comprensión de textos e vocabulario técnico en Inglés. 12

Desenvolvemento curricular das unidades didácticas

Unidade didáctica 1: Introducción aos equipamentos informáticos. (18)

Obxectivos didácticos

  • Distinción das partes dun sistema informático.
  • Coñecer o papel das partes dun sistema no funcionamento global do mesmo.
  • Empezar a familiarizarse e coñecer o vocabulario técnico introducido.

Contidos

  • Sistema informático: Hardware e software
  • Compoñentes físicos dun sistema informático: procesador, memoria, periféricos, almacenamento externo
  • Tipos de equipos e usuarios dun sistema informático.

Actividades

  • Representación da execución dunha instrucción.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA1: CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5
  • RA2: CA2.5
  • RA3: CA3.6

Unidade didáctica 2: Prevención de riscos e protección ambiental no taller. (18)

Obxectivos didácticos

  • Coñecer os principios lexislativos de seguridade e saúde no taller.
  • Coñecer os posibles danos.
  • Nocións xeráis sobre risco eléctrico.
  • Extinción de incendios.
  • Reciclar compoñentes electrónicos.
  • Reciclar consumibles.

Contidos

  • Princiipios lexislativos sobre seguridade e saúde.
  • Factores de risco.
  • Prevención de riscos.
  • Evitar contaminación.

Actividades

  • Identificar riscos no taller.
  • Realizar procedementos de seguridade.
  • Practicar o reciclaxe de compoñentes e consumibles.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA4: CA4.1
  • RA5: CA5.1, CA5.3
  • RA11: CA11.1, CA11.2, CA11.3, CA11.4, CA11.5, CA11.6, CA11.7, CA11.8

Unidade didáctica 3: Electricidade. (18)

Obxectivos didácticos

  • Medir parámetros eléctricos.
  • Familiarizarse co uso do voltímetro.

Contidos

  • O soldador de estano.
  • Soldadura con estano.
  • O voltímetro.

Actividades

  • Realización de prácticas co voltímetro.
  • Realización dunha soldadura.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA5: CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8
  • RA6: CA6.4
  • RA10: CA10.3

Unidade didáctica 4: Compoñentes dun equipo informático. (30)

Obxectivos didácticos

  • Conexión dos periféricos coa unidade central
  • Configuración e uso dos periféricos mais utilizados.
  • Identificación dos componentes, elementos internos e conectores dun equipo informático.

Contidos

  • Conectores externos
  • Elementos internos

Actividades

  • Recoñecer e identificar os compoñentes de unha placa base.
  • Recoñecer e identificar os conectores dun equipamento informático.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA1: CA1.1, CA1.6
  • RA2: CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8
  • RA3: CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6

Unidade didáctica 5: Particionamento de discos. (12)

Obxectivos didácticos

  • Identificar os distintos tipos de sistemas de arquivos existentes.
  • Asociar os sistemas de arquivos coas instalacións dos sistemas operativos adecuados.

Contidos

  • Particionamento de discos: particións primarias i extendidas.
  • Organización de discos e sistemas de almacenamento: pistas, sectores.
  • Máquinas virtuais.

Actividades

  • Identificación dos distintos sistemas de arquivos.
  • Particionamento de discos duros.
  • Identificación da organización lóxica dos discos.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA3: CA3.2, CA3.4
  • RA7: CA7.4

Unidade didáctica 6: Montaxe e programación dun robot educativo. (30)

Obxectivos didácticos

  • Realizar a montaxe correcta dalgún dos catro tipos de robot posibles.
  • Explicar a secuencia ordeada de pasos para a resolución dunha proba.
  • Citar as medidas de precaución no transcurso da montaxe do robot.
  • Configurar as opcións básicas do robot.
  • Programación do robot para a resolución de varias probas.
  • Identificación a mellor programación tras a competición entre dous robots.

Contidos

  • Montaxe dun robot.
  • Configuración do robot.
  • Programación do robot.

Actividades

  • Montaxe do robot.
  • Programación do robot.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA4: CA4.2, CA4.3, CA4.7, CA4.8
  • RA11: CA11.1, CA11.2, CA11.3, CA11.4, CA11.5, CA11.6, CA11.7, CA11.8

Unidade didáctica 7: Montaxe e desmontaxe de equipos informáticos. (36)

Obxectivos didácticos

  • Explicar a secuencia ordeada de pasos para a montaxe dun PC.
  • Citar as medidas de precaución no transcurso da montaxe dun PC.
  • Configurar as opcións básicas da BIOS.
  • A partires do manual da placa base dun equipo, determina-las posibilidades de ampliación.
  • Identificación dos componentes internos dun equipo informático.

Contidos

  • Proceso de desmontaxe dun equipo informático.
  • Determinación dos componentes internos dun equipo informático.
  • Proceso de montaxe dun equipo informático.

Actividades

  • Montaxe e desmontaxe de distintos tipos de equipos informáticos.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA3: CA3.2, CA3.3, CA3.4
  • RA4: CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.7, CA4.8
  • RA11: CA11.1, CA11.2, CA11.3, CA11.4, CA11.5, CA11.6, CA11.7, CA11.8

Unidade didáctica 8: Instalación, clonación e recuperación do s.o. (30)

Obxectivos didácticos

  • Realización dun CD de instalación e recuperación personalizado.
  • Clonación do contido dun disco duro.
  • Interpretación da documentación dos programas nLite, norton ghost e sysprep.

Contidos

  • Crear un CD de Windows XP personalizado con nLite.
  • Clonación con norton ghost y sysprep.

Actividades

  • Preparación do sistema para a instalación remota.
  • Clonación do sistema.
  • Creación dunha imaxe do sistema.
  • Descarga de imaxes do sistema.
  • Recuperación do sistema.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA7: CA7.1, CA7.2, CA7.3, CA7.4, CA7.5, CA7.6, CA7.7, CA7.8, CA7.9, CA7.10, CA7.11
  • RA8: CA8.1, CA8.4

Unidade didáctica 9: Xestores de arranque. (18)

Obxectivos didácticos

  • Identificación das características do xestor de arranque indicado.
  • Instalación e configuración do xestor de arranque indicado.
  • Interpretación da documentación do programa gag.

Contidos

  • Conceptos teóricos dos xestores de arranque.
  • Características técnicas dos xestores de arranque.
  • O xestor de arranque gag.

Actividades

  • Lectura e interpretación da documentación do gag.
  • Instalación dun xestor de arranque.
  • Manexo e utilidade dun xestor de arranque.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA7: CA7.5

Unidade didáctica 10: Localización e reparación de averías. Ferramentas (30)

Obxectivos didácticos

  • Diagnosticar os problemas de funcionamiento dun equipo.
  • Resolver os problemas de funcionamiento dun equipo.
  • Interpretar os pitidos de erro do arranque dun equipo.

Contidos

  • Interpretación dos manuais dos distintos componentes do sistema.
  • Interpretación do código dos pitidos de error do arranque do equipo.
  • Diagnóstico e resolución dos problemas de funcionamento dun equipo.

Actividades

  • Posta en práctica do protocolo de identificación de avarías.
  • Localizar fallos nos distintas partes do equipo.
  • Solucionar os fallos atopados.
  • Identificar as ferramentas hardware e software de localización de averías.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA4: CA4.7
  • RA6: CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5, CA6.6, CA6.7, CA6.8
  • RA8: CA8.2, CA8.3

Unidade didáctica 11: Periféricos. (18)

Obxectivos didácticos

  • Identificar os distintos tipos de periféricos estándart.
  • Coñecer os mecanismos de funcionamento de distintos tipos de periféricos.
  • Coñecer e identificar so SAI.

Contidos

  • Monitores.
  • Teclados.
  • Ratos.
  • Impresoras.
  • Escáner.
  • Altavoces.
  • Micros.
  • Cámaras.
  • SAI.

Actividades

  • Recoñecer o funcionamento dos periféricos.
  • Desmontaxe dalgún periférico.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA10: CA10.1, CA10.2, CA10.3, CA10.4, CA10.5, CA10.6, CA10.7

Unidade didáctica 12: Tendencias en equipamentos informáticos. (18)

Obxectivos didácticos

  • Recoñecer e entender o funcionamento dun Barebone.
  • Recoñecer e entender o funcionamento dun HTPC.
  • Recoñecer e entender o funcionamento dun portátil.
  • Recoñecer e entender o funcionamento dun Tablet PC.
  • Recoñecer e entender o funcionamento dun Netbook.
  • Recoñecer e entender o funcionamento dunha pda.
  • Recoñecer e entender o funcionamento dunha videoconsola.

Contidos

  • Barebones.
  • HTPC.
  • Portátiles.
  • Consolas.

Actividades

  • Desmontar e montar un portátil.
  • Instalación e extracción de PCMCIA.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA9: CA9.1, CA9.2, CA9.3, CA9.4, CA9.5, CA9.6, CA9.7

Unidade didáctica 13: Comprensión de textos e vocabulario técnico en Inglés (12)

O carácter fortemente cambiante e dinámico do contorno profesional da informática e as novas tecnoloxías fai imprescindible que o alumno adquira a capacidade de comprender de forma autónoma textos e documentos de diversas fontes e en diferentes formatos que lle permitan adaptarse a novos sistemas, ferramentas, etc. É por iso que nesta unidade tratarase de aumentar a capacidade do alumnado de extraer a información útil dos textos, fundamentalmente de carácter técnico, que lle permita levar a cabo unha formación continua na carreira profesional unha vez rematado o ciclo formativo.

A xustificación desta unidade basease ademais no plan lector do centro e na asignación dentro do mesmo de unha sesión de lectura semanal para todo ao alumnado, que será englobada dentro da unidade.

Por outra banda, o manexo do vocabulario técnico en inglés relativo ao módulo permite ao alumnado manexar documentos, manuais, aplicativos, etc. que en moitas ocasións atópanse unicamente neste idioma, e aumenta polo tanto a autonomía do alumno no seu traballo.

Obxectivos didácticos

  • Extraer información da lectura de documentos técnicos, manuais, etc.
  • Manexar o vocabulario técnico en inglés relativo as tecnoloxías, ferramentas, procesos, etc. abordadas no módulo.

Actividades

  • Resolver cuestións sobre diversas lecturas propostas polo profesor.
  • Elaborar glosarios de termos técnicos en inglés e resolver cuestións sobre os termos incluídos.
  • Manexar ferramentas en inglés e analizar os termos máis relevantes.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes criterios de avaliación:

  • Obtívose información de documentos técnicos e manuais.
  • Utilizouse o vocabulario técnico en inglés para comprender documentos tećnicos e manuais.

Ademáis abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA4: CA4.2
  • RA9: CA9.1
  • RA11: CA11.1

Contidos mínimos

  • Distinción das partes dun sistema informático.
  • Coñecer o papel das partes dun sistema no funcionamento global do mesmo.
  • Empezar a familiarizarse e coñecer o vocabulario técnico introducido.
  • Conexión dos periféricos coa unidade central
  • Configuración e uso dos periféricos mais utilizados.
  • Identificación dos componentes, elementos internos e conectores dun equipo informático.
  • Montaxe dun robot.
  • Configuración do robot.
  • Programación do robot.
  • Explicar a secuencia ordeada de pasos para a montaxe dun PC.
  • Citar as medidas de precaución no transcurso da montaxe dun PC.
  • Configurar as opcións básicas da BIOS.
  • A partires do manual da placa base dun equipo, determina-las posibilidades de ampliación.
  • Identificación dos componentes internos dun equipo informático.
  • Identificar os distintos tipos de sistemas de arquivos existentes.
  • Asociar os sistemas de arquivos coas instalacións dos sistemas operativos adecuados.
  • Realización dun CD de instalación e recuperación personalizado.
  • Clonación do contido dun disco duro.
  • Interpretación da documentación dos programas nLite, norton ghost e sysprep.
  • Identificación das características do xestor de arranque indicado.
  • Instalación e configuración do xestor de arranque indicado.
  • Interpretación da documentación do programa gag.
  • Diagnosticar os problemas de funcionamiento dun equipo.
  • Resolver os problemas de funcionamiento dun equipo.
  • Interpretar os pitidos de erro do arranque dun equipo.
  • Recuperar os datos dun disco duro.

Actividades de recuperación

As actividades de recuperación para o alumnado de 2º curso que teña este módulo pendente consistirá na superación de todas as actividades indicadas no Plan de Avaliación Individualizado, e a realización dunha proba final para demostrar a capacitación. Esta proba final, consistirá en examenes teóricos e/ou prácticos por cada unha das unidades didácticas. O alumno superará a asignatura si en cada unha de estas probas obten unha nota igual ou superior a 5.

Avaliación

Instrumentos de avaliación

Os criterios en base aos que se valorará o rendemento do alumno, e a partires dos que se calculará a sua nota en cada Avaluación son os seguintes:

  • Rendemento académico:
    • Prácticas de entrega obrigatoria: Cada práctica terá a sua respectiva fecha límite de entrega, puidendo ser entregada con anterioridade. As prácticas entregadas dentro do correspondiente prazo serán correxidas, puidendo obter unha puntuación entre 0 y 0’25.
    • Exámenes: Na sua totalidade, terán unha puntuación de 10 - (0,25 * nº de prácticas de entrega obrigatoria) . O número de exames será variable, puidendo ser un ou máis durante a avaliación, en función do ritmo da clase dentro da marcha da asignatura; normalmente faráse ún por cada unidade didáctica. Sen embargo, para aprobar a avaliación é necesario obter a lo menos unha puntuación de 5 en todos eles.
  • Exames de recuperación: Ó término de cada trimestre, efectuaranse as correspondentes probas de recuperación aos alumnos que suspendan algún exame durante a avaliación. No caso de que un alumno non se presente a todas as probas de recuperación que lle corresponden, ou que volva a suspender algunha delas, deberá presentarse ao exame ordinario de Xuño para recuperar a avaliación na sua totalidade.
  • Utilización dos ordenadores na aula: Queda expresamente prohibido encender os equipos durante as horas de clase teóricas, así como utilizalos para tarefas que non sexan as expresamente indicadas polo profesor da asignatura.
  • A nota obtida polo alumno califícarao segundo a seguinte táboa:
Nota Cualificación
0,1,2 Ningún interese pola materia.
3,4 Interes por aprender pero denota escasez de coñecementos.
5 Interese e nivel de coñecementos mínimos.
6 Interese e dominio de nivel medio con respecto á materia.
7,8 Traballador e constante ao que falta soltura ao aplicar os seus coñecementos.
9,10 Sobresale a súa asimilación e posta en práctica dos seus coñecementos.

Ademais de superar as probas que se indican anteriormente, terase en conta o esforzo realizado para cumplir o obxectivo fixado.


Sistemas de cualificación

A nota final formarase da seguinte forma:

Parte Porcentaxe
Participación en clase, entrega de prácticas, orden e limpeza 30%
Probas das unidades didácticas e probas finais dos trimestres 70%

A cualificación final da avaliación será un número enteiro de 1 a 10, resultado de redondear os resultado obtidos seguindo a táboa. Considéranse aprobados aqueles alumnos que obteñan unha cualificación igual ou superior a 5.

Tendo en conta que o correcto comportamento e colaboración na clase por parte dos alumnos é fundamental para o desenvolvemento do módulo, poderase restar ata un 30% da nota final a aqueles alumnos que presenten faltas de comportamento graves que impidan o transcurso normal das clases ou que provoquen deterioros intencionados no material posto á súa disposición para a realización das actividades e probas.


Plan extraordinario de avaliación

Ós alumnos que superen o 10% de faltas, se lle comunicará ante a Xefatura de Estudios, a perda do dereito a Avaliación Continua (no momento en que ocurra). O alumno poderá asistir a clase, pero non será avaliado por trimestres. Estos alumnos disporán dunha proba final extraordinaria para demostrar a capacitación. Esta proba final, consistirá en examenes teóricos e/ou prácticos por cada unha das unidades didácticas. O alumno superará a asignatura si en cada unha de estas probas obten unha nota igual ou superior a 5.

Seguimento e avaliación da programación

No desenvolvemento do curso, farase uso de diversos mecanismos para facer un seguimento e avaliación do planificado na presente programación:

  • De xeito continuo, o profesor avaliará na clase a medida en que o alumnado acada de forma xeral os obxectivos fixados nas distintas unidades didácticas. En consecuencia, poderase decidir incidir en determinados contidos e/ou actividades, aumentando se se considera necesario o número de sesións adicadas a unha determinada unidade.
  • Ao remate de cada trimestre, o alumnado cubrirá unha enquisa na que valorará diversos aspectos do desenvolvemento do módulo, como a metodoloxía utilizada, as actividades realizadas, os recursos usados, os contidos expostos, etc. O resultado destas enquisas serán utilizados para aplicar as correccións que se consideren oportunas no propio desenvolvemento do curso, así como en vindeiros cursos académicos.
  • O profesor recollerá a temporalización real das distintas unidades didácticas, co obxectivo de poder corrixir no propio curso os desfases detectados fronte a temporalización prevista e precisar mellor a temporalización das unidades en vindeiros cursos académicos.

Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais

Durante o desenvolvemento do curso prestarase especial atención ao alumnado que presente necesidades educativas especiais ou algún grao de discapacidade, mediante unha secuenciación diferenciada das unidades didácticas, a realización dun maior número de actividades graduadas en dificultade e poñendo á súa disposición os recursos necesarios para a consecución dos obxectivos didácticos fixados nas distintas unidades.

Metodoloxía

A metodoloxía a empregar no ensino do coñecemento engloba tres fases:

  • Avaliación dos coñecementos previos, etapa de preavaliación.
    Antes de comezar cada unha das unidades didáctica que conforman o módulo, realizarase unha actividade motivadora (visualizar un vídeo, debate, etc.) para introducir ó alumno ós contidos que se abordarán na unidade.
    A continuación sondaranse os coñecementos previos do alumnado para que a aprendizaxe sexa significativa. Isto podemos facelo usando un cuestionario ou un test de varrido ou simplemente realizando unha “tormenta de ideas”.


  • Exposicións dos contidos das respectivas unidades que conforman o módulo, o que se coñece como etapa expositiva.
    Se a etapa de preavaliación e negativa óptase por unha técnica de exposición, xa que se parte de alumnos que ao comezar a unidade non teñen unha base de coñecementos sólida que poida servir para empregar unicamente técnicas por descubrimento. Se a etapa de preavaliación é positiva pasarase directamente á etapa de descubrimento.
    A técnica de exposición consiste en seguir o desenvolvemento total e parcial de cada un dos puntos da unidade didáctica, apoiándose en esquemas-resumo e material didáctico, para que o alumno comprenda os contidos. A explicación teórica completarase cun certo número de exemplos explicados e resoltos e cunha seria de actividades tipo cuestións, practicas, traballos de investigación bibliográfica, etc., que irán aumentando en dificultade progresivamente.


  • Adquisición e reforzo de coñecementos de xeito autónomo polo alumno, o que se coñece como etapa consolidación e descubrimento.
    O profesor poderá avaliar o nivel de asimilación de coñecementos adquiridos a través de diversos exercicios, que lle permita decidir se os alumnos de xeito autónomo se atopan preparados para a resolución de problemas máis complexos. Son as denominadas actividades de consolidación. Estas actividades darán lugar a adquisición por descubrimento de novos coñecementos, que se integraran de forma automática na súa estructura cognitiva.
    Preténdese con isto que a aprendizaxe sexa máis automática, dedutiva e máis amena. Estas actividades de consolidación serán: Prácticas individuales ou en grupo en modo de semiavaliación ou autoavaliación para que o alumnado profundice e reflexione sobre os seus coñecementos, procedementos e actitudes.

Obxectivos xerais do módulo

Neste módulo formativo, os obxectivos xerais van encamiñados á formación do alumnado na obtención de capacidades para a explotación de equipos e sistemas informáticos.

Para isto o alumno deberá demostrar a súa capacidade en relación ós seguintes aspectos:

  • Analiza-las características dos compoñentes internos e periféricos dun sistema informático e a súa relación coas prestacións do sistema.
  • Instalar e manter os compoñentes e periféricos dun sistema informático, interpretando a documentación técnica.
  • Montar, programar e manter en funcionamento un robot con instruccións básicas.
  • Instalar e configurar o sistema operativo, os controladores de dispositivos e as utilidades, para deixar operativo o sistema.
  • Diagnosticar, resolver problemas de funcionamento e efectuar copias de seguridade nun sistema informático.
  • Realizar as operacións de instalación do hardware e configuración e actualización do software base dun sistema informático según os requerimentos do usuario.
  • Realiza-la asistencia ó usuario resolvendo os problemas que se lle presentan na explotación do sistema informático, diagnosticando as averías, identificando a súa natureza (hardware o software) e efectuando a súa reparación ou sustitución no tempo adecuado e có nivel de calidade esperado.
  • Realizar operacións de administración de usuarios e recursos do sistema garantindo a súa seguridade e disponibilidade.
  • Realiza-las operacións de mantemento da información, garantindo a súa integridade, dispoñibilidade e seguridade, según os procedimentos establecidos.
  • Realiza-las operacións de mantemento e control de calidade do sistema según os procedimentos e periodicidade establecida.

Materiais e recursos didácticos

  • Desparafusadores.
  • Placas base.
  • Tarxetas de video.
  • Tarxetas de son.
  • Tarxetas de rede.
  • Equipos completos.
  • Procesadores.
  • Disipadores.
  • Ventiladores.
  • Carcasas.
  • Tornillos.
  • Soprtes para placas.
  • Tablas protectoras.
  • Robots.
  • Brochas.
  • Pegamento térmico.
  • Discos duros.
  • Disqueteras.
  • ALCALDE E., GARCÍA M., Informática Básica. Ed. McGraw-Hill. 1997.
  • ALCALDE E., MORERA J., Introducción a los sistemas operativos. Ed. McGraw-Hill. 1991.
  • ALONSO RODRÍGUEZ V. M., VILLARINO FERNÁNDEZ J. A., Sistemas operativos. Ed. Alhambra Longman. 1994.
  • CARBALLAR J. A., Software y hardware de su PC. Ed. RA-MA. 1994.
  • COBB S., Manual de seguridad para PC y Redes Locales. Ed. McGraw-Hill. 1994.
  • GONZÁLEZ G. MAS J., El libro de los virus y la Seguridad Informática. Ed. RA-MA. 1990.
  • GUILERA AGUERA LL., Introducción a la informática. Ed. Edunsa. 1993.
  • JUNGBLUTH T., Elija y configure su PC hardware. Ed. Marcombo Boixareu Editores. 1994.
  • MARCELO J. DE, Guía de campo de los virus informáticos. Ed. RA-MA. 1995.
  • ROCANDIO PABLO F. J., Medios informáticos. Explotación de Sistemas. Ed. McGraw-Hill. 1992.
  • STEPHANI W., Así se trabaja con PC Tools Deluxe. Ed. Marcombo Boixareu Editores. 1992.
  • TORNSDORF H., TORNSDORF M., El PC para principiantes (2ª ed.). Ed. Marcombo Boixareu Editores. 1993.