Localización do sistema
Nesta sección estudarase como cambiar a localización do servidor. Na anterior sección instalaronse os paquetes de localización a español.
Localizar software: é desenvolver software de xeito que sen volver a compilalo se poida adaptar ó idioma, moeda, sistema numérico, formatos das datas, etc, dun país ou rexión.
LEMBRAR EN UBUNTU DESKTOP
En Ubuntu Desktop, aconséllase que se revise:
do curso Curso Platega 08-09: Sistema operativo GNU-LINUX: UBUNTU 8.10.
En Ubuntu Desktop, aconséllase que se revise:
Ficheiros que se usan nesta sección
- Descrición: almacena que localización das instaladas se desexa usar.
- Exemplo de configuración
#Formato: [linguaxe[_territorio][.conxunto de caracteres] LANG="gl_ES.UTF-8"
Comandos que se usaran nesta sección
locale.
- Descrición: amosa información sobre a localización
- Sintaxe:
locale [ -a ⎪ -m] OPCIÓNS -a, --all-locales Amosa o nome de todas as localizacións dispoñibles. -m, --charmaps Amosa os mapas de caracteres dispoñibles VARIABLES DE ENTORNO Afectan a todo o sistema: LC_CTYPE Clasificación de caracteres. LC_COLLATE LC_TIME Formatos de data e hora. LC_NUMERIC Formatos numéricos non monetarios. LC_MONETARY Formato de moeda. LC_MESSAGES Formato dos mensaxes. LC_PAPER Tamaño do papel. LC_NAME Formato dos nomes LC_ADDRESS Formatos de enderezos. LC_TELEPHONE Formatos de teléfono. LC_MEASUREMENT Unidades de media. LC_IDENTIFICATION Información sobre locale LOCPATH Directorio onde se almacenan os datos de locale.
Cambiar a localización
Estado inicial
Executando o comando:
locale
Sábese con que localización está traballando o sistema: neste caso con: gl_ES.UTF8 (galego de España con codficación de carácteres UTF8).
Cambiar configuración
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010).