Localización do sistema

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Nesta sección estudarase como cambiar a localización do servidor. Na anterior sección instalaronse os paquetes de localización a español.

Localizar software: é desenvolver software de xeito que sen volver a compilalo se poida adaptar ó idioma, moeda, sistema numérico, formatos das datas, etc, dun país ou rexión.


Aprende.png
LEMBRAR EN UBUNTU DESKTOP


En Ubuntu Desktop, aconséllase que se revise:

do curso Curso Platega 08-09: Sistema operativo GNU-LINUX: UBUNTU 8.10.


Ficheiros que se usan nesta sección

/etc/default/locale

  • Descrición: almacena que localización das instaladas se desexa usar.
  • Exemplo de configuración
#Formato: [linguaxe[_territorio][.conxunto de caracteres]
LANG="gl_ES.UTF-8"

Comandos que se usaran nesta sección

locale.

  • Descrición: amosa información sobre a localización
  • Sintaxe:
       locale [ -a ⎪ -m]


OPCIÓNS

       -a, --all-locales Amosa o nome de todas as localizacións dispoñibles.
       -m, --charmaps Amosa os mapas de caracteres dispoñibles

VARIABLES DE ENTORNO
       Afectan a todo o sistema:
       LC_CTYPE	                Clasificación de caracteres.
       LC_COLLATE
       LC_TIME              	Formatos de data e hora.
       LC_NUMERIC          	Formatos numéricos non monetarios.
       LC_MONETARY        	Formato de moeda.
       LC_MESSAGES        	Formato dos mensaxes.
       LC_PAPER               	Tamaño do papel.
       LC_NAME              	Formato dos nomes
       LC_ADDRESS         	Formatos de enderezos.
       LC_TELEPHONE     	Formatos de teléfono.
       LC_MEASUREMENT  	Unidades de media.
       LC_IDENTIFICATION	Información sobre locale
       LOCPATH              	Directorio onde se almacenan os datos de locale.

Cambiar a localización

Estado inicial

Executando o comando:

locale

Sábese con que localización está traballando o sistema: neste caso con: gl_ES.UTF8 (galego de España con codficación de carácteres UTF8).

Platega U910 Server locale 01.jpeg

Cambiar configuración

-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010).