Obxectivos e escenarios da parte VI

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 14:35 11 abr 2011 de Carrion (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Obxectivos

Neste Apartado VI abordaranse os seguintes obxectivos:

  • Instalar un servidor de arquivos e de Directorio Activo en Windows 2003. (Poderíase realizar tamén cun servidor Windows 2008).
  • Configurar a ferramenta sadms en Ubuntu Desktop, para facer que o equipo Linux sexa un cliente do Active Directory de Windows.


  • Posto que o obxectivo é configurar o cliente Ubuntu, no servidor Windows realizaranse os axustes mínimos para dispor de usuarios e compartir carpetas, por tanto non se farán axustes de permisos nas ACLs de seguridade das carpetas que comparta o servidor de MS Windows.



  • Para non misturar configuracións cos apartados anteriores, pártese de cero:
    • un equipo novo servidor, instalado con Windows 2003 Server (Quen o desexe pode usar un servidor con Windows 2008).
    • outro equipo novo con Ubuntu Desktop (no caso que nos ocupa actualizado ate á data). Cando se instalou este equipo, configurouse un usuario inicial chamado ladministrador (Linux administrador), para que non choque co administrador do Servidor de Windows.


  • IMPORTANTE: como se vai traballar co protocolo NETBIOS, este limita o nome das máquinas de dos nomes NETBIOS de dominio (Os nomes de dominio sen o punto e os dominios finais) a 15 caracteres.
    • Exemplo nome de dominio inválido: IESSANCLEMENTEWIN (17 Caracteres),
    • Exemplo nome equipo inválido: VICEDIRECCIONL00 (16 caracteres).

Escenario 6.1

00Platega U910 Server Escenario 06.1.jpg

A imaxe mostra a instalación do servidor de Active Directory en Windows 2003, compartindo unha única carpeta: a das carpetas persoais dos usuarios de Active Directory.

Escenario 6.2

00Platega U910 Server Escenario 06.2.jpg

  • A imaxe mostra a instalación do servidor de Active Directory en Windows 2003, compartindo dúas carpetas e as carpetas persoais dos usuarios están organizadas dentro doutras e non todas xuntas.
  • Un profesor pode acceder:
    • á súa carpeta persoal
    • a común e
    • ás carpetas persoais dos alumnos ós que lle dá clase, sempre que, os permisos das ACLs estean ben axustados, cousa que non se verá neste curso.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010).