Obxectivos e escenarios da parte VI
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Obxectivos
Neste Apartado VI abordaranse os seguintes obxectivos:
- Instalar un servidor de arquivos e de Directorio Activo en Windows 2003. (Poderíase realizar tamén cun servidor Windows 2008).
- Configurar a ferramenta sadms en Ubuntu Desktop, para facer que o equipo Linux sexa un cliente do Active Directory de Windows.
- Posto que o obxectivo é configurar o cliente Ubuntu, no servidor Windows realizaranse os axustes mínimos para dispor de usuarios e compartir carpetas, por tanto non se farán axustes de permisos nas ACLs de seguridade das carpetas que comparta o servidor de MS Windows.
- Para afondar sobre como construír un dominio baseado no Active Directory de Windows e simular a configuración dun Instituto, recoméndase a lectura do punto 8 e seguintes destes apuntes sobre Windows 2003.
- Para non misturar configuracións cos apartados anteriores, pártese de cero:
- un equipo novo servidor, instalado con Windows 2003 Server (Quen o desexe pode usar un servidor con Windows 2008).
- outro equipo novo con Ubuntu Desktop (no caso que nos ocupa actualizado ate á data). Cando se instalou este equipo, configurouse un usuario inicial chamado ladministrador (Linux administrador), para que non choque co administrador do Servidor de Windows.
- IMPORTANTE: como se vai traballar co protocolo NETBIOS, este limita o nome das máquinas de dos nomes NETBIOS de dominio (Os nomes de dominio sen o punto e os dominios finais) a 15 caracteres.
- Exemplo nome de dominio inválido: IESSANCLEMENTEWIN (17 Caracteres),
- Exemplo nome equipo inválido: VICEDIRECCIONL00 (16 caracteres).
Escenario 6.1
A imaxe mostra a instalación do servidor de Active Directory en Windows 2003, compartindo unha única carpeta: a das carpetas persoais dos usuarios de Active Directory.
Escenario 6.2
- A imaxe mostra a instalación do servidor de Active Directory en Windows 2003, compartindo dúas carpetas e as carpetas persoais dos usuarios están organizadas dentro doutras e non todas xuntas.
- Un profesor pode acceder:
- á súa carpeta persoal
- a común e
- ás carpetas persoais dos alumnos ós que lle dá clase, sempre que, os permisos das ACLs estean ben axustados, cousa que non se verá neste curso.
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010).