Agradecementos, dedicatoria e vídeo de despedida
Agradecementos
Non quixera deixar pasar a ocasión sen agradecer a todas aquelas persoas que dunha forma ou outra colaboraron na elaboración deste curso. A orden é simplemente cronolóxica:
- Ós profesores do IES San Clemente: Rafael Veiga e Manuel Vieites, administradores da plataforma manuais] do IES San Clemente, onde se editou este manual. Sen vós isto non sería posible. Grazas, e moitas, polos ánimos recibidos en todo momento. Admais o profesor Manuel Vieites participou neste curso subindo moitas imaxes, das máis de 1.670, das que se compón o curso. Hai que subir unha a unha!!!!.
- Á profesora Catalina Pérez, compañeira coa que comparto un módulo Bilingüe, por adaptarse, coma unha luva (guante), ás miñas necesidades horarias perante o curso. Grazas tamén polos continuos: Durme e descansa.
- Á Dirección do IES San Clemente, máis condescencia é imposible. Grazas.
- A Carlota Pita, por colaborar subindo moitas das imaxes do curso, dar folgos nos momentos duros e soportar as miñas ausencias perante a creación deste curso.
- A Carme Vivero, nos momentos nos que as forzas se ausentan e o desánimo ocupa o seu lugar, sempre estás aí para darlle a volta.
- Ós profesores participantes na primeira edición deste curso a distancia a través da plataforma PLATEGA da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Pola paciencia infinita ante as demoras na entrega do material e pola detección de erratas. Grazas especiais para o profesor Miguel Mourón na detección de erros!!!
- A Xosé Romarís coordinador do curso, pola mesma razón anterior, permitindo flexibilidade nas datas.
Adicado
Perante a elaboración deste curso, na miña familia viviuse un momento moi delicado e inxusto.
- Tódalas horas de traballo que hai detrás deste curso van adicadas ó meu pai e á miña familia. Todo sairá ben!!.
- Para todos aqueles que loitan por causas perdidas e inxustas.
Vídeo de “hasta sempre”
Esta vez o vídeo está en español e subtitulado en inglés.
En todas partes (Película Habana Blues, só os 2:55 mn primeiros). A ver quen recoñece ó teclista!!! e non digamos ó gaiteiro!!!!!.
Ata outra.....
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez 08:43 3 abr 2009 (BST)