Instalar e desinstalar programas

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 18:44 4 dic 2010 de Carrion (discusión | contribs.) (→‎Listado de programas instalados)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Nesta sección estudarase todo o relacionado co instalación e desinstalación de programas en Ubuntu. Os programas que se instalan nesta sección, son a modo de exemplo para tratar de explicar os distintos métodos de instalación de paquetes (programas) en Ubuntu.

Comécese vendo unha síntese do que se vai atopar nesta sección. O vídeo dura 30:03 mn. Seleccionar o formato ogg. Está en inglés perfecto, pero como se sabe unha imaxe vale máis que ....

Instalar paquetes, formatos e repositorios

Instalación de programas en Linux

  • O proceso de instalación de aplicacións en Linux inicialmente era bastante complexo, xa que o usuario final debía copiar no seu equipo as fontes do programa e compilalas para obter os executables do mesmo.
  • Para poder compilar e instalar o programa deste xeito, en primeiro lugar hai que ter instaladas todas as librerías necesarias para o proceso de compilación, e deberemos seguir os seguinte pasos:
    • Dado que o programa estará comprimido seguramente en formato tar.gz, teremos que copiar o ficheiro comprimido no noso equipo e descomprimilo con tar (tar zxvf ficheiro.tar.gz).
    • As instrucións de instalación (que probablemente se atopen nun ficheiro chamado README ou INSTALL) dirannos que scripts debemos executar para a compilación e execución do programa (normalmente make, make install).
  • Este sistema de instalación de programas ten unha serie de incovenientes importantes:
    • O proceso de instalación é complexo e difícil de automatizar con ferramentas gráficas.
    • É tamén bastante complicado desinstalar o programa a non ser que inclúa algún script de desinstalación.
    • Non ofrece unha forma cómoda de actualizar os programas, xa que teremos que instalar a nova versión da mesma forma que a inicial.
    • Non hai posibilidade de ver e manexar os programas que temos instalados no equipo.
  • Por todas estas razóns, moitas distribucións desenvolveron diferentes sistemas de empaquetado para facer máis sinxela (simplemente cun comando ou cunhas pulsacións do rato) a instalación, actualización e eliminación de programas.

Formatos de paquetes

  • A idea principal destes sistemas de empaquetado é que os programas se distribúan xa compilados en ficheiros comprimidos que se denominan paquetes.
  • O proceso de instalación dun paquete simplemente require descomprimir os ficheiros do paquete e copialos aos directorios do sistema que lles correspondan. Deste xeito a instalación de paquetes pode ser automatizada de forma sinxela por comandos ou ferramentas gráficas.
  • O sistema almacena unha base de datos cos paquetes instalados e as súas versións, o que permite facilmente consultar os programas instalados, eliminar e actualizar programas.
  • En ocasións, un paquete para poder funcionar precisa que no sistema estean instalados outros. Dirase entón que existen unha dependencia entre o primeiro paquete estes outros paquetes.
  • O inconveniente principal do sistema de paquetes é que o mesmo paquete non é válido para distintas distribucións, xa que non hai un único formato de paquete estándar (Aínda que existen algúns programas, como alien que permite converter un paquete dun formato a outro). Os tres principais formatos de empaquetamento son:
    • Formato deb: Formato de paquetes propio de Debian, que foi adquirido por moitas outras distribucións baseadas en Debian como Ubuntu, Knoppix, etc.
    • Formato rpm: Formato orixinario de RedHat, que actualmente usan tamén outras distribucións como Mandriva ou Suse.
    • Formato bin: Non é en si un empaquetado, senón un ficheiro executable para a instalación dun paquete.

Os repositorios

  • Para facilitar a instalación e actualización de paquetes, o máis común actualmente é crear repositorios de paquetes, que son almacéns nos que se gardan os paquetes dispoñibles para unha distribución.


Platega U810 Instalar Aplicacions 00A.jpg

  • Desta forma, é posible descargar directamente do repositorio os paquetes necesarios para instalar un programa, incluíndo as dependencias que precisen para funcionar correctamente, o que facilita aínda máis o proceso de instalación.
  • Ademais cando aparecen novas versións dos paquetes, son engadidas aos repositorios de forma que tamén poderemos actualizar a partir deles os programas instalados.
  • Para facilitar e optimizar o acceso, os repositorios contan cuns ficheiros de índice ou de síntese que enumeran os distintos paquetes e versións que almacenan.


Engadir/Eliminar... (Centro de software de Ubuntu)

Esta utilidade é unha das varias coas que se poden instalar programas (utilidades, paquetes) e GNU/Linux Ubuntu. Aquí non están tódolos programas/paquetes pero si os máis usados.

Instalar un xestor simple de imaxes: GNU-Paint

Equivale ó MS Paint de Microsoft.

Instalar programa de contabilidade persoal: HomeBank

Nestes tempos de crise toda ferramenta de axuda á administración dos cartos é pouca.

Instalar utilidades para cambiar o contrasinal: Password

Esta utilidade evita ter que ir ó menú Sobre min de Sistema --> Preferencias.

A continuación as imaxes de ámbalas dúas utilidades.

Fontes do software

Pero..., de onde saen tódolos programas anteriores e os que se verán?.


En GNU/Linux, a diferenza de MS Windows, o 98% dos programas están en repositorios (como xa se explicou ó comezo desta sección), que se poden configurar en GNU/Linux, deste xeito, cando o usuario queira instalar un programa de contabilidade, por exemplo, non teña que andar por internet na procura do mesmo. Esta facilidade, sen darse conta, é algo moi potente e que marca unha gran diferenza con MS Windows.


O usuario só ten que preocuparse de indicar que repositorios de programas usar, amén dos que xa veñen configurados po defecto,, e de xeito automático todo canto estea almacenado nese repositorio é susceptible de ser instalado no GNU/Linux con só indicalo. Deste xeito, o usuario evita ter que andar navegando por internet na procura dun programa para cada cousa que desexa realizar.

O xestor de paquetes Synaptic

Este xestor é moito máis potente, flexible e completo que usado en Engadir/Eliminar... (Centro de software de Ubuntu). Aquí están tódolos paquetes tanto instalados como os dispoñibles.


Platega U810 Instalar Aplicacions 41.jpeg


Instalar un xestor de particións: G-Parted

Por fin se vai ver en Ubuntu como quedaron as particións unha vez instalado o sistema.


Instalar unha ferramenta CAD: QCAD

Nesta ocasión amosarase o uso busca rápida e como afectan as dependencias entre paquetes. QCAD é un similar a AutoCAD en 2D.


Instalar aplicación baixo demanda

Hai veces que executando unha aplicación esta demanda que se instalen outros paquetes para un correcto funcionamento da primeira. Estes paquetes poden ser instalados directamente dende Synaptic ou a mesma aplicación que os demanda pode chamar ó instalador de paquetes.

Instalar Flash

Nesta ocasión, tirando para casa vaise traballar cunha web chamada www.pacolola.com. Vaise instalar o Flash cando este se precise. Se se quere ver un vídeo de youtube ou ler La Voz de Galicia precísase flash.

No seguinte vídeo pódense ver distintas formas de instalar Flash, isto é nunha versión anterior de Ubuntu. O vídeo dura 10:16 mn. Escoller o formato OGG.

Descargar e instalar aplicacións manualmente

Hai veces (un 2% das veces) que o que se desexa instalar non está nos repositorios que veñen por defecto configurados no sistema. Neste caso pódese engadir un novo repositorio, ou descargar o paquete (a ser posible *.deb) e instalalo manualmente. Ocuparemos agora deste último caso. A aplicación que se vai instalar neste apartado é privativa, pois aínda que sexa gratis, non se pode acceder ó código fonte: (non se pode ter a receita de como foron feitas). Pero aínda así funciona en GNU/Linux.

Instalar Skype

Skype é un programa que permite a comunicación, ben entre usuarios de skype (gratis) ou ben a través do skype e o teléfono dun usuario (de pago).

Neste vídeo pódese ver como se instala Skype, este dura 3:08 mn. Escoller o formato OGG.


Instalar Java

Outra utilidade importante é o JAVA, isto permite executar aplicacións a través do navegador.

Comprobar se Java está instalado

Comezaranse mirando que versión de JAVA se ten, para iso en google buscar tengo java, Cual es mi versión de Java, etc.

Instalar Java en Ubuntu 8.10

En Ubuntu 8.10, podemos instalar en Java baixo demanda, dende o propio navegador:

Instalar Java en Ubuntu 10.10

En Ubuntu 10.10, se intentamos instalar Java baixo demanda co navegador veremos que só se nos ofrece a opción de descargar un plugin de Java libre, o IcedTea, pero logo poderemos comprobar que non funciona correctamente con moitas web. Así que veremos como instalar o plugin de Java de Sun, que é o que mellor funciona:

Comprobar o funcionamento

Imos comprobar o correcto funcionamento do Plugin de Java:

Actualización dunha aplicación cun repositorio dun 3º: OpenOffice.org 3.0 (Só Ubuntu 8.10)

Importante: Todo este apartado e subapartados non son aplicables á versión 10.10 de Ubuntu, pois este xa trae a última versión de OpenOffice e o correcto corrector de galego. Aínda así non está demais botarlle un ollo e sobre todo observar como se instalou unha extensión de OpenOffice.Org, neste caso o corrector de galego.

Cando saíu a nova versión de OpenOffice.org (a 3.0) ó Ubuntu 8.10 estaba próximo a saír á palestra. Ós desenvolvedores de Canonical non lles deu tempo para testear a nova versión da ferramenta ofimática. Por tanto, Ubuntu 8.10 ven co versión 2.4 de OpenOffice.org. Pero como se pode solucionar iso?:

Instalación de compoñentes dunha aplicación: Corrector de galego

Como xa se dixo, este subpartado non é preciso en Ubuntu 10.10, pois trae o corrector de galego axeitado, pero non está demais que se lle bote un ollo para ver como se instala unha extensión en OpenOffice.org.

Moitas aplicacións, hoxe en día, poden ampliar as súas funcionalidades engadindo complementos propios desenvolvidos pola comunidade de usuarios ou pola propiedade. Moitos destes complementos poden ser instalados por calquera usuario, pero só estarán dispoñibles para ese usuario. Outro usuario que os quixera debera facer o mesmo.

Moitas destas situación poden resolver iniciando a aplicación como administrador (root) e instalando os complementos como ese usuario, deste xeito, na moitos deses complementos quedan instalados no sistema para todo o mundo independentemente do usuario. Este é o caso do complemento corrector de galego para OpenOffice.org. 3.0.


Cambiar o sistema operativo que se inicia por defecto

O Xestor de inicio do ordenador chámase Grub, este nome a parece no menú no que se escolle o sistema operativo. Agora que xa se sabe instalar e buscar aplicacións tanto en Centro de Software de Ubuntu como en Synaptic pódense buscar paquetes que conteñan a palabra Grub, e logo mirar aqueles que dun modo gráfico permitan modificar o citado menú.

Un deses paquetes chámase Startupmanager. Unha vez instalado o seu menú está accesible en Sistema -> Administración (En Ubuntu 10.10, atoparemos unha entrada no menú con un nome algo raro, schroot -c gutsy.i386, será aí onde teremos que picar). Agora xa se pode cambiar o Sistema Operativo por defecto.

Desinstalar unha aplicación

Non todo vai ser instalar!!!

Pódese realizar dende Aplicacións -> Engadir/Eliminar... (U 8.10) e Aplicativos -> Centro de Software de Ubuntu (na Ubuntu 10.10) ou dende Sistema -> Administración -> Xestor de paquetes de Synaptic, escollerase esta última.

Caché de paquetes descargados

Cando descargamos un paquete para instalar un novo programa, xa sexa facendo uso do Centro de Software de Ubuntu como do Xestor de paquetes Synaptic, vimos que en primeiro lugar procédese sempre á descarga dos paquetes necesarios para despois abordar a súa instalación. Pero ¿que pasa cos paquetes descargados despois da instalación do(s) programa(s)? Pois estes paquetes non se eliminan, senón que quedan almacenados nunha carpeta, ocupando espazo no disco, aínda que estes paquetes non son necesarios salvo que queiramos reinstalar o programa e aforrar a descarga dos paquetes. Vexamos onde están e como podemos eliminar estes paquetes:

Listado de programas instalados

Cando se prepara unha instalación de un sistema operativo coas súas aplicacións para logo ser clonado nunha sala ou nun edificio, débese ter un lista de chequeo de tódalas aplicacións a instalar, as instaladas, para que son, parámetros de configuración etc.

En Ubuntu non vai ser menos. No ficheiro de abixo están os programas que se instalaron na versión 7.10 de Ubuntu no IES San Clemente.

Media:Programas_Instalados_Ubuntu.zip


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez 01:05 11 feb 2009 (GMT)