Erasmus 2010/11

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

TEMPORALIZACIÓN DA ENTREGA DE DOCUMENTOS ERASMUS PARA O ANO 2010-2011

Documentos a entregar en todo o proceso


  1. Formulario de solicitude da bolsa (Solicitude de fondos) para o seguinte curso (Erasmus 2011/12
  2. Contrato de Subvención, este documento envíase unha vez que se saiba o número de mobilidades que concedeu a OAPEE (Erasmus 2011/12) (Exemplo contrato )
  3. Informe Intermedio: o obxeto deste informe é confirmar as mobilidades que se fixeron (mobilidades reais) tendo en conta as que foron concedidas. No caso do IES San Clemente, para o ano 2010/11 ten concedidas 6 mobilidades .(Erasmus 2010/11)
  4. Enmenda o contrato (Erasmus 2010/11)
  5. Informe Final: Informe final en relación coas mobilidades (Erasmus 2010/11)
  6. CONTRATO DE SUBVENCIÓN COMPLEMENTARIA do MEC (Erasmus 2010/11)
  7. Bolsa da Xunta de Galicia: no caso de que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia publique axudas para realizar o período de FCT no estranxeiro
  8. Outras bolsas: pódense solicitar outras bolsas ó longo do curso como complemento para a bolsa Erasmus, como son as de Caja Madrid

Calendario de entrega de documentos


MARZO 2010
  1. Solicitude de Fondos para o curso 2011 / 2012 (Dispoñible na páxina da OAPEE):
Formulario de solicitude da bolsa para o seguinte curso, no que hai que especificar o número de movilidades que se solicitan e o tipo de movilidades que se solicitan. (no IES San Clemente actualmente temos a Carta Erasmus Extendida, polo tanto soamente podemos solicitar Movilidades para a Realización das Prácticas do alumnado) (
XUÑO 2010
  1. Distribución de Fondos do ano 2011 / 2012:
No mes de xuño a OAPEE publica o número de mobilidades concecidas a cada centro. Esto consúltase na páxina da OAPEE.
XULLO 2010
  1. Firma CONTRATO de SUBVENCIÓN OAPEE, contrato para mobilidades do 2011 / 2012 (Contrato que debe ser firmado e selado polo director e polo banco onde se fará o ingreso da axuda)
Neste contrato refléxase toda a normativa relacionada coa bolsa Erasmus. Tal como:
  • Financiación da Actividade: Tipo de mobilidades pola que se percibe a axuda. Cantos cartos se perciben e cando se perciben eses cartos
  • Condicións de pago da Axuda Erasmus: estas condicións adoitan ser, 45 días despois de enviar firmado o contrato de subvención a OAPEE fai o pago do 80% da axuda. O restante 20% da axuda percibirase despois de que se envíe o informe Intermedio e sexa aprobado pola OAPEE.
  • Neste contrato tamén aparece a conta bancaria do Instituto onde se fará o ingreso da axuda, polo tanto este contrato debe ser firmado pola directora, selado polo instituto, e firmado e selado pola sucursal do banco onde se atopa a conta bancaria do Instituto.
ABRIL 2011 (Antes do 15 Abril 2011)
  1. Entrega do INFORME INTERMEDIO do Erasmus 2010 / 2011 (Recíbese por correo electrónico)
Neste informe refléxase a previsión (número de mobilidades concedidas pola OAPEE) e Datos Contrato (número de mobilidades reais, é dicir, que se fixeron efectivas).
Despois de que este informe sexa aprobado pola OAPEE o centro percibirá o 20% da axuda inicial
Si se fixeron máis mobilidades das que concedeu a OAPEE debe reflexarse neste informe, porque si sobran fondos a OAPEE podería conceder unha nova axuda a eses estudantes Erasmus 0, é dicir, que participaron no programa Erasmus sen recibir axuda.
XUÑO 2011
  1. Redistribución e enmenda o contrato. (Recíbese por correo electrónico)
  2. Entrega do CONTRATO DE SUBVENCIÓN COMPLEMENTARIA do Erasmus 2010 / 2011:
Este contrato é a bolsa complementaria que da o MEC como complemento da bolsa Erasmus. (Entregar firmado pola directora e selado polo centro)
Antes 31 OCTUBRO 2011
  1. Entrega do INFORME FINAL do Erasmus 2010 / 2011 (Recíbese por correo electrónico)

Documentación a encher durante o ano Erasmus


Ademais da documentación que se debe cumplimentar e enviar a OAPEE (detallada no apartado Documentos a entregar en todo o proceso) hai que cumplimentar a seguinte documentación que debe ser gardada no centro para posibles auditorías, os documentos son:


  1. Acordo de colaboración: Documento onde a empresa de acollida describe as actividades que o alumno vai realizar durante o período de prácticas. (Ficheiro do acordo colaboración). Este documento debe ser firmado polo estudante, a empresa de acollida e o centro de orixe.
  2. Certificado final -Certificate of Attendance-: Documento que debe ser firmado cando se remate o período de prácticas pola empresa de acollida onde certifica o período de prácticas reais realizado e as tarefas feitas.
  3. Informe final do estudante para prácticas en empresa : Documento que debe ser cumplimentado polo estudante onde reflexa e avalía a súa experiencia durante o período de prácticas.