Redes Locais (Ciclo SMR)
Revisión del 16:28 24 jun 2010 de Arribi (discusión | contribs.) (→RA2. Monta a estrutura de redes locais cableadas, para o que identifica e selecciona os seus compoñentes)
Redes locais do Ciclo SMR
- Curso: 1º
- Duración: 213 horas.
- Profesorado: Informática.
RA1. Identifica a estrutura de redes locais cableadas atendendo ás características de contornos de aplicación e á funcionalidade dos seus compoñentes
- -CA1.1. Describíronse os principios de funcionamento das redes locais.
- -CA1.2. Identificáronse os tipos de redes cableadas.
- -CA1.3. Describíronse os elementos de diversas redes locais e a súa función.
- -CA1.4. Identificáronse e clasificáronse os medios de transmisión.
- -CA1.5. Recoñeceuse o mapa físico da rede local.
- -CA1.6. Utilizáronse aplicacións para representar o mapa físico da rede local.
- -CA1.7. Recoñecéronse as topoloxías de rede.
- -CA1.8. Identificáronse estruturas alternativas.
- Caracterización de redes locais:
- Características: vantaxes e inconvenientes.
- Tipos.
- Elementos de rede.
- Topoloxía.
- Arquitecturas.
- Mapa físico e lóxico dunha rede local.
RA2. Monta a estrutura de redes locais cableadas, para o que identifica e selecciona os seus compoñentes
- -CA2.1. Diferenciáronse os medios de transmisión en redes cableadas.
- -CA2.2. Recoñecéronse os detalles dos cables da instalación e o seu despregamento (categoría dos cables, espazos polos que discorren, soporte para as canalizaciónscanalizacións, etc.).
- -CA2.3. Seleccionáronse e montáronse as canalizacións e os tubos.
- -CA2.4. Montáronse os armarios de comunicacións e os seus accesorios.
- -CA2.5. Tendeuse o cableado polas canalizacións.
- -CA2.6. Montáronse e conectáronse as tomas de usuario e os paneis de parcheamento.
- -CA2.7. Probáronse as liñas de comunicación entre as tomas de usuario e os paneis de parcheamento.
- -CA2.8. Etiquetáronse os cables e as tomas de usuario.
- -CA2.9. Empregáronse as ferramentas axeitadas.
- Despregamento de redes locais con cables:
- Espazos.
- Cuartos de comunicacións.
- Armarios de comunicacións. Paneis de parcheamento.
- Canalizacións.
- Medios de transmisión (par trenzamento, fibra óptica, etc.).
- Conectadores e tomas de rede.
- Ferramentas.
- Conexión de tomas.
- Creación de cables.
- Recomendacións na instalación de cables.
RA3. Interconecta equipamentos en redes locais cableadas atendendo aos estándares requiridos
- -CA3.1. Interpretouse o plan de montaxe lóxica da rede.
- -CA3.2. Montáronse os adaptadores de rede nos equipamentos.
- -CA3.3. Montáronse conectadores sobre cables de rede (de cobre e de fibra).
- -CA3.4. Montáronse os equipamentos de conmutación nos armarios de comunicacións.
- -CA3.5. Conectáronse os equipamentos de conmutación aos paneis de parcheamento segundo a lóxica do plan de instalación.
- -CA3.6. Conectáronse os equipamentos ás tomas de usuario segundo a lóxica do plan de instalación.
- -CA3.7. Verificouse a conectividade da instalación.
- -CA3.8. Configuráronse parámetros básicos dos conmutadores.
- -CA3.9. Creáronse e configuráronse as redes virtuais de área local (VLAN).
- Interconexión de equipamentos en redes locais:
- Adaptadores para rede con cables.
- Dispositivos de interconexión de redes.
- Adaptadores para redes sen fíos.
- Dispositivos de interconexión de redes sen fíos.
- Redes mixtas.
RA4. Prepara os equipamentos da rede local configurando os protocolos axeitados
- -CA4.1. Instalouse o software correspondente.
- -CA4.2. Identificáronse os protocolos.
- -CA4.3. Identificouse o ámbito de rede dos equipamentos.
- -CA4.4. Empregáronse ferramentas gráficas e de texto para a configuración dos parámetros básicos nos equipamentos.
- -CA4.5. Verificouse a conectividade lóxica dos equipamentos.
- Instalación e configuración dos equipamentos de rede:
- Procedementos de instalación.
- Protocolos.
- TCP/IP: estrutura. Clases de IP.
- Enderezos IP. IPv4. IPv6.
- Configuración dos adaptadores de rede en sistemas operativos libres e propietarios.
- Configuración básica dos dispositivos de interconexión de rede con cables.
RA5. Monta a estrutura de redes locais sen fíos, para o que identifica e selecciona os seus compoñentes
- -CA5.1. Identificáronse as características funcionais das redes sen fíos.
- -CA5.2. Identificáronse os xeitos de funcionamento das redes sen fíos.
- -CA5.3. Recoñecéronse os elementos das redes sen fíos.
- -CA5.4. Identificáronse os protocolos.
- -CA5.5. Instaláronse adaptadores e puntos de acceso sen fíos.
- -CA5.6. Instalouse o software correspondente.
- -CA5.7. Configuráronse os xeitos de funcionamento e os parámetros básicos.
- -CA5.8. Comprobouse a conectividade entre dispositivos e adaptadores sen fíos.
- -CA5.9. Realizáronse probas de cobertura.
- -CA5.10. Aplicáronse mecanismos de acceso seguro ás redes sen fíos seguindo especificacións técnicas dadas.
- Despregamento de redes locais sen fíos:
- Elementos das redes sen fíos.
- Medios de transmisión.
- Protocolos.
- Recomendacións na instalación de redes sen fíos.
- Seguridade básica en redes sen fíos.
- Configuración básica dos dispositivos de interconexión de redes sen fíos.
RA6. Mantén unha rede local, para o que interpreta recomendacións de fábrica do hardware e do software, e establece a relación entre as disfuncións e as súas causas
- - CA6.1. Identificáronse incidencias e comportamentos anómalos.
- - CA6.2. Monitorizáronse os sinais visuais dos dispositivos de interconexión.
- - CA6.3. Verificáronse os protocolos de comunicacións.
- - CA6.4. Empregáronse aplicacións de verificación do funcionamento da rede.
- - CA6.5. Localizouse a causa da disfunción.
- - CA6.6. Identificouse a responsabilidade do hardware ou do software na disfunción.
- - CA6.7. Restituíuse o funcionamento substituíndo equipamentos ou elementos.
- - CA6.8. Solucionáronse as disfuncións do software mediante a configuración ou a reinstalación.
- - CA6.9. Elaborouse un informe de incidencias
- Resolución de incidencias dunha rede de área local:
- Estratexias.
- Parámetros do rendemento.
- Incidencias físicas e incidencias lóxicas en redes locais.
- Monitorización de redes con cables e sen eles.
- Ferramentas de diagnóstico.
- Comandos e programas.
RA7. Cumpre as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental ao identificar os riscos asociados, así como as medidas e os equipamentos para os previr
- - CA7.1. Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación de materiais, ferramentas, útiles, máquinas e medios de transporte.
- - CA7.2. Operouse coas ferramentas respectando as normas de seguridade.
- - CA7.3. Traballouse coa calidade requirida.
- - CA7.4. Identificáronse as causas máis frecuentes de accidentes na manipulación de materiais, ferramentas, máquinas de corte, etc.
- - CA7.5. Describíronse os elementos de seguridade das ferramentas e os equipamentos de protección individual (calzado, protección ocular, indumentaria, etc.) que se deben empregar nas operacións de montaxe e mantemento.
- - CA7.6. Relacionouse a manipulación de materiais, ferramentas e máquinas coas medidas de seguridade e protección persoal requiridas.
- - CA7.7. Identificáronse as fontes de contaminación do contorno ambiental.
- - CA7.8. Clasificáronse os residuos xerados para a súa retirada selectiva.
- - CA7.9. Valorouse a orde e a limpeza de instalacións e equipamentos como primeiro factor de prevención de riscos.
- Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental:
- Identificación de riscos.
- Determinación das medidas de prevención de riscos laborais.
- Prevención de riscos laborais nos procesos de montaxe.
- Equipamentos de protección individual.
- Cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
- Cumprimento da normativa de protección ambiental.