Seguridade

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 19:28 11 jun 2010 de Ricardofc (discusión | contribs.) (→‎Introdución)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

Na documentación aquí contida presentaranse escenarios onde amosaranse medidas de seguridade e contramedidas cos sistemas operativos Windows e GNU/Linux.
Requisitos:

  • Para levar a cabo os escenarios será de gran utilidade o emprego de máquinas virtuais que permitiran establecer puntos base, puntos de partida a un escenario concreto e ao mesmo tempo puntos de recuperación a un estado concreto dos sistemas operativos.
  • Para poder levar a cabo os escenarios necesitarase ter un mínimo de coñecemento de:
    • Instalación de sistemas operativos
    • Configuración e administración dos sistemas operativos Windows e GNU/Linux
    • Coñecemento dos protocolos TCP/IP

Máquinas Virtuais

Manexo, uso, configuración de máquinas virtuais na seguinte ligazón: Máquinas virtuais.

Ataques contra contrasinais de sistemas Windows

Nos sistemas operativos Windows os contrasinais non se almacenan en texto plano, senón que se almacenan cifradas cunha función hash nunha zona chamada Administración das contas de seguridade (en inglés SAM); os contrasinais non só se cifran, senón que ademais se cifran dun xeito aleatorio coñecido como "hash unidireccional", que significa que o algoritmo de cifrado converterá o contrasinal de texto plano na súa forma cifrada (hash) pero que a partires do hash non se pode obter o contrasinal.




Vieites, Félix Díaz, ricardofc [28/05/10]