Applets

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 13:19 5 jun 2010 de Ricardofc (discusión | contribs.) (→‎Exemplos)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Applets

Un applet é unha aplicación Java que se descarga da rede e pode executarse nun navegador Web, normalmente embebido nunha páxina Web. Un applet ten que ser unha sublase da clase java.applet.Applet.

O ciclo de vida dun applet está directamente relacionado con catro métodos da clase Applet:

  • init: Úsase para inicializar o applet.
  • start: Chámase automaticamente despois do método init. Vólvese chamar cada vez que un usuario regresa á páxina que contén o applet, despois de visitar outras páxinas.
  • stop: Chámase automaticamente cando o usuario abandona a páxina contendo o applet. Pódese usar este método para parar unha animación.
  • destroy: Chámase cando o navegador se pecha de xeito normal.

Polo tanto, un applet pode inicializarse unha única vez, empezar ou parar a súa execución unha ou máis veces durante a súa vida, e destruírse unha única vez.

Nos primeiros anos de existencia desta tecnoloxía a súa gran vantaxe fronte ás aplicacións Java era que podían implantarse facilmente a través da Web. Con todo, a aparición de Java Web Start fai que a día de hoxe as aplicacións Java standalone tamén se podan implantar facilmente.

Para carar un applet nunha páxina web hai que usar a etiqueta applet:

<applet code=AppletWorld.class width="200" height="200">

Pódese usar o appletviewer que é un programa lixeiro para testar os applets:

appletviewer AppletWorld.html

Convén probar os applets en varios navegadores.

NOTA: Ver a ligazón Instalar Java Plugin para Linux

Exemplos

Ver a seguinte ligazón: Exemplos