Montaxe e Mantemento de Equipamentos (Ciclo SMR)
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Montaxe e Mantemento de Equipamentos do Ciclo SMR.
- Curso: 1º
- Duración: 240 horas
- Profesorado: Sistemas e Aplicacións Informáticas
RA1. Recoñece a arquitectura e os elementos funcionais dun equipamento microinformático, e identifica a súa función
- – CA1.1. Recoñecéronse as unidades de medida que describen as características dos compoñentes físicos dun equipamento microinformático.
- Unidades de medida eléctricas: Intensidade, Voltaxe, Potencia...
- – CA1.2. Describíronse os bloques que compoñen un equipamento microinformático e as súas funcións.
- – CA1.3. Relacionáronse os bloques internos coa súa funcionalidade.
- – CA1.4. Identificáronse os elementos que compoñen cada bloque.
- – CA1.5. Describíronse as características principais dos elementos que compoñen cada bloque.
- – CA1.6. Describiuse o proceso de arranque dun equipamento microinformático.
RA2. Recoñece a arquitectura de placas base e identifica a súa evolución asociada á evolución dos microprocesadores
- – CA2.1. Enumeráronse os formatos de placas base dispoñibles no mercado.
- – CA2.2. Localizáronse e describíronse os tipos de conectadores para periféricos.
- – CA2.3. Enumeráronse os tipos de chipsets existentes.
- – CA2.4. Localizáronse os zócolos para os módulos de memoria.
- – CA2.5. Recoñecéronse os buses e as súas características principais.
- – CA2.6. Describíronse as características e as utilidades máis importantes da configuración da placa base.
- – CA2.7. Describíronse as características dos microprocesadores (frecuencia, tensións, potencia, zócolos, etc.).
- – CA2.8. Describiuse a función dos disipadores e dos ventiladores.
RA3. Analiza a función dos compoñentes que integran un equipamento microinformático estándar, e compara prestacións de diversos fabricantes
- – CA3.1. Avaliáronse tipos de chasis para a placa base e para o resto de compoñentes.
- – CA3.2. Identificáronse e manipuláronse os compoñentes básicos (módulos de memoria, discos fixos e as súas controladoras, soportes de memorias auxiliares, etc.).
- – CA3.3. Identificáronse e manipuláronse adaptadores e tarxetas de expansión (gráficos, LAN, modems, etc.).
- – CA3.4. Identificáronse os elementos que acompañan un compoñente de integración (documentación, controladores, cables, utilidades, etc.).
- – CA3.5. Identificáronse os periféricos típicos dun equipamento.
- – CA3.6. Describíronse as súas funcións e as características básicas dos periféricos típicos dun equipamento.
RA4. Ensambla un equipamento microinformático, para o que interpreta a documentación técnica, e verifica o resultado final
- – CA4.1. Seleccionáronse as ferramentas e os útiles necesarios para a ensamblaxe de equipamentos microinformáticos.
- – CA4.2. Interpretouse a documentación técnica dos compoñentes para ensamblar nos idiomas máis empregados pola industria.
- – CA4.3. Determinouse o sistema de apertura e pechamento do chasis, así como os sistemas de fixación para ensamblar e desensamblar os elementos do equipamento.
- – CA4.4. Ensambláronse conxuntos de placa base, microprocesador e elementos de refrixeración en varios modelos de chasis, segundo as especificacións dadas.
- Refrixeración do procesador e do equipamento microinformático en xeral.
- – CA4.5. Ensambláronse os módulos de memoria RAM, os discos fixos, as unidades de lectura e gravación en soportes de memoria auxiliar, e o resto dos compoñentes da unidade central.
- Fixación dos módulos de memoria RAM
- Fixación e conexión das unidades de disco fixo
- Fixación e conexión das unidades de lectura e gravación en soportes de memoria auxiliar
- Fixación e conexión do resto de adaptadores e compoñentes
- – CA4.6. Configuráronse parámetros básicos do conxunto accedendo á configuración da placa base.
- Secuencia da montaxe dun computador.
- Precaucións e advertencias de seguridade.
- Ensamblaxe do procesador
- – CA4.7. Executáronse utilidades de revisión e diagnóstico para verificar as prestacións do conxunto ensamblado.
- – CA4.8. Realizouse un informe de montaxe.
RA5. Mide parámetros eléctricos, identificando o tipo de sinal e a súa relación coas súas unidades características
- – CA5.1. Identificouse o tipo de sinal para medir co aparello correspondente.
- – CA5.2. Seleccionouse a magnitude e o rango de medida, e conectouse o aparello segundo a magnitude para medir.
- – CA5.3. Relacionouse a medida obtida cos valores típicos.
- Conceptos de tensión, corrente, resistencia e potencia.
- Tipos de sinais.
- Valores tipo.
- Utilización de instrumentación básica de medición: polímetro.
- – CA5.4. Identificáronse os bloques dunha fonte de alimentación para un computador persoal.
- Bloques dunha fonte de alimentación.
- – CA5.5. Enumeráronse as tensións achegadas por unha fonte de alimentación típica.
- – CA5.6. Medíronse as tensións en fontes de alimentación típicas de computadores persoais.
- – CA5.7. Identificáronse os bloques dun sistema de alimentación ininterrompida.
- – CA5.8. Medíronse os sinais nos puntos significativos dun sistema de alimentación ininterrompida.
- Bloques dos sistemas de alimentación ininterrompida.
RA6. Mantén equipamentos informáticos, para o que interpreta as recomendacións de fábrica e relaciona as disfuncións coas súas causas
- – CA6.1. Recoñecéronse os sinais acústicos e visuais que avisan de problemas no hardware dun equipamento.
- Técnicas de mantemento preventivo.
– CA6.2. Identificáronse e arranxáronse as avarías producidas por sobrequecemento do microprocesador.
- – CA6.3. Identificáronse e arranxáronse avarías típicas dun equipamento microinformático (mala conexión de compoñentes, incompatibilidades, problemas en discos fixos, sucidade, etc.).
- – CA6.4. Identificáronse e arranxáronse problemas mecánicos en equipamentos microinformáticos (faios en soldaduras, en engrenaxes de compoñentes, etc.) .
- – CA6.5. Substituíronse compoñentes deteriorados.
- – CA6.6. Verificouse a compatibilidade dos compoñentes substituídos.
- – CA6.7. Realizáronse actualizacións e ampliacións de compoñentes.
- – CA6.8. Elaboráronse informes de avaría (reparación ou ampliación).
- Detección de avarías nun equipamento microinformático.
- Sinais de aviso, luminosos e acústicos.
- Fallos comúns.
- Soldar con estaño.
- Ampliacións de hardware.
- Incompatibilidades.
RA7. Instala sistemas operativos, para o que consulta e interpreta a documentación técnica
- – CA7.1. Verificouse a idoneidade do hardware.
- – CA7.2. Seleccionouse o sistema operativo.
- – CA7.3. Elaborouse un plan de instalación.
- – CA7.4. Configuráronse parámetros básicos da instalación.
- – CA7.5. Configurouse o xestor de arranque.
- – CA7.6. Describíronse as incidencias da instalación.
- – CA7.7. Respectáronse as normas de utilización do software (licenzas).
- – CA7.8. Actualizouse o sistema operativo.
- – CA7.9. Describíronse as utilidades para a creación de imaxes de disco e das súas particións.
- – CA7.10. Preparouse o sistema operativo para a creación de imaxes.
- – CA7.11. Creáronse imaxes dos sistemas operativos instalados para a súa posterior recuperación ou clonación noutros equipamentos.
- Requisitos técnicos do sistema operativo.
- Arranque de equipos dende distintos soportes e con distintas aplicacións.
- Instalación de sistemas operativos.
- Xestores de arranque.
- Tipos de instalación: típica e personalizada.
- Controladores de dispositivos.
- Parámetros básicos da instalación.
- Actualización de sistemas operativos e instalación de software base.
- Preparación dos sistemas operativos para a posterior creación de imaxes.
- Software para a creación de imaxes do sistema operativo
RA8. Instala software nun equipamento informático utilizando unha imaxe almacenada nun soporte de memoria, e xustifica o procedemento seguido
- – CA8.1. Recoñeceuse a diferenza entre unha instalación estándar e unha preinstalación de software.
- – CA8.2. Identificáronse e probáronse as secuencias de arranque configurables na placa base.
- – CA8.3. Iniciáronse equipamentos desde diversos soportes de memoria auxiliar.
- – CA8.4. Restauráronse sobre o disco fixo imaxes almacenadas en soportes locais e remotos.
- Utilidades para a restauración de imaxes de disco e das súas particións.
- Restauración de imaxes.
RA9. Aplica novas tendencias na ensamblaxe de equipamentos microinformáticos, e identifica as súas vantaxes tendo en conta as características de uso dos equipamentos
- – CA9.1. Recoñecéronse as novas posibilidades para lle dar forma ao conxunto do chasis e a placa base.
- – CA9.2. Describíronse as prestacións e as características dalgunhas das plataformas semiensambladas (“barebones”) máis representativas do momento.
- Emprego de plataformas semiensambladas (“barebones”) para a montaxe de equipa-mentos.
- – CA9.3. Describíronse as características dos computadores de entretemento multimedia (HTPC), os chasis e os compoñentes específicos empregados na súa ensamblaxe.
- Ordenador multimedia de salón: HTPC.
- – CA9.4. Describíronse as características diferenciais que demandan os equipamentos informáticos empregados noutros campos específicos de aplicación.
- Equipos con demandas específicas (estacións de vídeo, CAD-CAM,...).
- – CA9.5. Avaliouse a presenza da informática móbil como mercado emerxente, cunha alta demanda en equipamentos e dispositivos con características específicas: móbiles, PDA, navegadores, etc.
- Informática móbil.
- Sistemas de posicionamento e navegación.
- PDAs e Móbiles.
- – CA9.6. Avaliouse a presenza do “modding” como corrente alternativa á ensamblaxe de equipamentos microinformáticos.
- Modding.
- – CA9.7. Instaláronse sistemas operativos adaptados para o seu uso en dispositivos con características específicas.
- Sistemas operativos singulares.
RA10. Mantén periféricos, para o que interpreta as recomendacións de fábrica dos equipamentos e relaciona as disfuncións coas súas causas
- – CA10.1. Identificáronse e solucionáronse problemas mecánicos en periféricos de
impresión estándar.
- – CA10.2. Substituíronse consumibles en periféricos de impresión estándar.
- – CA10.3. Identificáronse e arranxáronse problemas mecánicos en periféricos (faios
en soldaduras, en engrenaxes, etc.) .
- – CA10.4. Recoñecéronse os usos e os ámbitos de aplicación dos periféricos de captu-
ra de imaxes dixitais fixas e en movemento.
- – CA10.5. Recoñecéronse os usos e os ámbitos de aplicación doutros periféricos mul-
timedia.
- – CA10.6. Recoñecéronse os usos e os ámbitos de aplicación de equipamentos de fo-
tocopia, impresión dixital profesional e filmaxe.
- – CA10.7. Aplicáronselles aos periféricos técnicas de mantemento preventivo.
- Periféricos de entrada.
- Periféricos de saída.
- Periféricos multimedia.
- Impresoras.
- Monitores.
- Periféricos para a adquisición de imaxes fixas e en movemento.
- Videoproxectores. Fixación e conexión.
- Técnicas de mantemento preventivo.
- Técnias de reparación de problemas mecánicos en periféricos.
RA11. Cumpre as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, identificando os riscos asociados, así como as medidas e os equipamentos para previr estes riscos
- – CA11.1. Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación de materiais, ferramentas, útiles, máquinas e medios de transporte.
- – CA11.2. Respectáronse, en todo momento, as normas de seguridade.
- – CA11.3. Identificáronse as causas máis frecuentes de accidentes na manipulación de materiais, ferramentas, etc.
- – CA11.4. Describíronse os elementos de seguridade das máquinas (proteccións, alarmas, pasos de emerxencia, etc.) e os equipamentos de protección individual (calzado, protección ocular, indumentaria, etc.) que se deben empregar nas operacións de montaxe e mantemento.
- – CA11.5. Relacionouse a manipulación de materiais, ferramentas e máquinas, coas medidas de seguridade e protección persoal requiridas.
- – CA11.6. Identificáronse as fontes de contaminación do contorno ambiental.
- – CA11.7. Clasificáronse os residuos xerados, para a súa retirada selectiva.
- – CA11.8. Valorouse a orde e a limpeza de instalacións e equipamentos como primeiro factor de prevención de riscos
- Identificación de riscos.
- Determinación das medidas de prevención de riscos laborais.
- Prevención de riscos laborais nos procesos de montaxe e mantemento.
- Equipamentos de protección individual.
- Cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
- Cumprimento da normativa de protección ambiental.