Inicio por primeira vez de Ubuntu server

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 09:08 1 mar 2010 de Carrion (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Aconséllaselle ó usuario que teña certa familiaridade con:


Comandos que se usaran nesta sección

Lembrar que GNU/Linux é sensible a maiúsculas e minúsculas.

  • cat: Amosa o contido dun ficheiro.
  • clear: Limpa a pantalla.
  • df: Amosa o espazo total e consumido nos discos.
  • hostname: Amosa o nome do equipo.
  • man: Ofrece axuda sobre comandos e ficheiros de configuración.
  • ls: Lista o contido dun directorio.
  • pwd: Indica o directorio actual no que está situado o usuario.
  • uname: Amosa as versións do kernel e da distribución.

Ficheiros que se usan nesta sección

  • /etc/hostname: almacena o nome do equipo.
  • /etc/network/interfaces: almacena a configuración IP das tarxetas de rede.
  • /etc/resolv.conf: almacena a configuración DNS cliente.

Menú de inicio

Cada vez que se acenda ou reinicie o ordenador aparecerá un menú semellante ó da imaxe seguinte.

Platega U910 Server inicio 01.jpeg


Dentro do sistema

Unha vez que se entra no sistema obsérvase.

Platega U910 Server inicio 02.jpeg

  • Información sobre o uso do sistema
  • Paquetes que se precisan actualizar e cantos deles son de seguridade.
  • Cal é a garantía coa que vén o sistema (Ningunha).
  • Información que indica que se desexa executar un comando como usuario root que se execute sudo <comando>
  • Un [http://es.wikipedia.org/wiki/Prompt prompt que indica o nome de usuario (administrador) no equipo (server00).


Execución dos primeiros comandos

Limpar a pantalla.

Platega U910 Server inicio 03.jpeg

Pantalla limpa:

Platega U910 Server inicio 04.jpeg


Estado do sistema tras a instalación

Platega U910 Server inicio 05.jpeg

Coñecer configuración de parámetros realizados na instalación

  • Coñecer o nome do equipo
 cat /etc/hostname 


  • Coñecer onde se almacena a configuración IP da tarxeta de rede:
cat /etc/network/interfaces
ethX: (X=0,1, ...) é o interface de rede que neste caso usa IPV4 e obtén a configuración IP por DHCP.
auto: indica que ese interface debe iniciarse en tempo de arranque.


  • Coñecer onde se almacena a configuración DNS cliente:
cat /etc/resolv.conf
nameserver: indica cal é os servidores DNS ós que se lle vai consultar para resolver nomes de dominio á IPs.

Coñecer o uso de espazo en disco

Platega U910 Server inicio 06.jpeg

df: ofrece a saída en bytes.
df -h: ofrece a saída en magnitudes ''humanas'', -h.

Coñecer os ficheiros e directorios da carpeta do usuario

Platega U910 Server inicio 07.jpeg

ls: amosa o contido dun directorio.
ls -la: amosa tódolos arquivos e directorios, incluídos os ocultos, (a) e formato listado (l)
pwd: amosa a ruta na que nos atopamos dentro da estrutura de directorio.

Manual de axuda dos comandos e ficheiros de configuración

Platega U910 Server inicio 08.jpeg

man comando: ofrece axuda sobre o comando.
man nome do ficheiro: ofrece axuda sobre como configurar os parámetros dese ficheiro.

A seguinte imaxe ofrece axuda sobre o comando uname. Coas teclas do cursor pódese subir e baixar pola axuda. Premendo a tecla q sáese da axuda.

Platega U910 Server inicio 09.jpeg

Outra forma de obter unha axuda sintetizada dun comando é:

comando --help: ofrece unha breve axuda sobre o comando.

Platega U910 Server inicio 10.jpeg

Coñecer información sobre a distribución que se usa e o kernel

Platega U910 Server inicio 11.jpeg

uname -a 


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010).