Contidos
Parte I: introdución
Que son os wikis
Un Wiki é un sitio web colaborativo. Segundo a RAE a palabra colaborar vén do latín collaborāre e significa traballar con outra ou outras persoas na realización dunha obra; axudar con outros ao logro dalgún fin.
Os usuarios dun Wiki poden editar o contido dun sitio web fácil e rapidamente (WikiWiki significa «rápido» en hawaiano). Accedemos aos Wikis a través dun navegador web, coa simplicidade que iso conleva. Ademais, cando alguén edita unha páxina Wiki os seus cambios aparecen inmediatamente no sitio web.
O contido do Wiki está nun espazo compartido e, por tanto, a propiedade é colectiva. A comunidade dun Wiki pode variar dende unhas poucas persoas ata milleiros de participantes, como é o caso da enciclopedia online, Wikipedia.
Para construír un Wiki non é necesario ter coñecementos técnicos pero si implica un cambio metodolóxico no traballo, xa que o que un usuario aporta pode ser complementado e mellorado por outro membro do grupo. As aportacións non teñen que ser conceptos complexos e moi elaborados, senón que poden ser ideas simples que se irán completando co traballo de toda a comunidade. No grupo non existe unha relación vertical entre os seus membros, senón totalmente horizontal. Por outra parte, a comunidade é creadora de contido pero os seus membro tamén son usuarios do Wiki (por cada persoa que escribe contido nun Wiki hai decenas ou centos de usuarios que o len).
O que publicamos nun Wiki é información que queremos compartir con outros. Ward Cunningham, o creador do concepto de Wiki, estaba interesado en facer chegar ao maior número de persoas posibles a idea de creación colaborativa, ata o punto de que nin sequera a patentou Neste sentido, un Wiki segue as pautas básicas doutros proxectos de software libre (programas de uso gratuíto que poden ser modificados por calquera) baseados na cultura da innovación colaborativa.
Un dos aspectos máis importantes dos wikis é a posibilidade de crear páxinas sen contido definitivo. Estas páxinas poden conter ligazóns a outras páxinas aínda baleiras que serán completadas máis tarde, por un mesmo ou por outros. Isto permite que as ideas flúan creando índices e ligazóns a conceptos sobre os que se pode traballar no futuro mediante a creación de información participativamente.
O que non son os wikis
Os wikis non son listas de correo-e. Comparten algunhas propiedades (créanse facilmente, hai unha comunidade de usuarios, etc.) pero non hai un sitio común onde crear colaborativamente.
Os wikis non son un blog. Os blog están orientados á comunicación “un-con-moitos” no canto de “moitos-con-moitos”.
Os wikis non son foros de discusión. Os usuarios dun foro só poden facer preguntas e respostar pero non modificar o aspecto e estrutura das páxinas.
Os wikis non son sistemas de xestión de contidos (CMS). Os CMS son máis xenéricos e pechados que os wikis.
Que podemos facer cos wikis
- Aspectos básicos
- Adxuntar documentos
- Imprimir páxinas
- Versións e cambios
Problemas reais resoltos con wikis
Existen moitos exemplos que permiten ver os Wikis en funcionamento e, en moitos casos, con gran éxito. Algúns exemplos son os seguintes:
- Creación colaborativa de apuntes no IES San Clemente: http://informatica.iessanclemente.net/manuais/
- Wiki para a tradución de software de mancomun.org: http://wiki.mancomun.org/
- Wiktionary é un dicionario online colaborativo con máis de 300.000 entradas en 400 idiomas distintos: http://es.wiktionary.org
- Wikis educativos
- Desenvolvemento de currículos: http://www.curriki.org/xwiki/bin/view/Main/WebHome
- Wikiversity: http://es.wikiversity.org/wiki/Portada
- Educared: http://portales.educared.net/wikillerato/Portada
- Wikitravel proporciona guías de viaxes editadas por wikiviaxantes:http://wikitravel.org/es/Portada
Existen, ademais, buscadores de Wikis:
- http://wikiindex.org
- http://meta.wikimedia.org/wiki/List_of_largest_wikis
- http://en.wikipedia.org/wiki/List_of_wikis
Tamén temos a posibilidade de facer unha busca poñendo nun buscador, como Google ou Yahoo!, a temática que nos interese seguida da palabra wiki, por exemplo “Educación wiki”.
A Wikipedia, o wiki por excelencia
No ano 2001 apareceu a enciclopedia online Wikipedia. A razón do éxito da Wikipedia é precisamente que funciona como un Wiki, colaborativamente. Calquera pode editar unha entrada para mellorala, ou incluso crear novos artigos. Para facernos unha idea do tamaño do proxecto podemos visitar a seguinte ligazón que nos ofrece estatísticas sobre el: http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Estad%C3%ADsticas
A Wikipedia está auspiciada pola [fundación Wikimedia http://wikimediafoundation.org/wiki/Portada_galega] que ten entre os seus principios de funcionamento os derivados da seguinte frase que podemos atopar na súa páxina web: Imaxina un mundo no que todo ser humano poida compartir libremente a suma de todo o coñecemento. Ese é o noso compromiso.
Parte II: como construír o noso propio Wiki
- Onde aloxalo
- Creación de contido
- Ligazóns, categorización e etiquetado (tagging)
- Aspectos de deseño
- Atraer a usuarios
- Creación de comunidades
- Software para Wiki
Parte III: outras ferramentas colaborativas
- Delicious
- Google Wave