Backup MBR mediante o programa BootSave/BootRest

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Backup MBR mediante o programa BootSave/BootRest

Neste apartado empregaremos o programa BootSave/BootRest (Ver manual de uso) pola súa simplecidade e facilidade na copia. O procedemento é o seguinte:

  1. Imos partir dun disco duro particionado do seguinte xeito:
    • 8 particións.
    • As particións 1, 2 e 3 -como indican os seus números- a priori son primarias xa que pode existir 1 estendida.
    • A partición 3 será estendida.
    • As particións 5, 6, 7, 8 e 9 -como indican os seus números- son lóxicas.
    Ver Táboa de Particionamento
  2. Lanzamos un Live-CD co programa BootSave/BootRest identificado no mesmo como MBR Save & Restore, como podemos apreciar na seguinte imaxe, MBR Save & Restore
  3. Eliximos a opción 1 é automaticamente gárdase a copia de seguridade do MBR en c:\ nun arquivo chamado boot.sav -Temos que ter en conta que C: é a primeira partición FAT que atope o Live-CD -no caso que nos ocupa é a partición lóxica, número 9, co sistema de ficheiros FAT32-, co cal unha vez apagada a computadora a copia do MBR quedará gardada en C:\boot.sav Backup c:\boot.sav
  4. Prememos calquera tecla para continuar e saimos do programa. A continuación podemos comprobar como o arquivo está gardado en C:\ Backup c:\boot.sav
  5. Podemos facer outra copia do arquivo c:\boot.sav nunha unidade disqueteira, existente na computadora, da cal facemos o backup do MBR. O live-cd atopa a unidade A: existente na computadora como b:, co cal procedemos a facer a copia como na seguinte imaxe: Copia do MBR á disqueteira

     

    Así como fixemos a copia en b:, teremos a posibilidade de facer máis copias noutras unidades ou dispositivos usb.
  6. Agora imos comprobar que podemos restaurar a copia do MBR creada no caso de perda do mesmo ou de perda de información na táboa de particións . Para isto procedemos a borrar a táboa de particións mediante o Ranish Partition Manager e a gardar o novo MBR sen ningunha partición existente no disco duro previamente particionado, Ver Táboa de Particións Borrado da Táboa de Particións
  7. Procedemos a restaurar o MBR orixinal, co cal lanzamos de novo o live-cd co MBR Save & Restore e deberiamos escoller agora a opción 3, así saimos a un terminal de MS-DOS onde é posible restaurar o MBR.
    Agora o que facemos é restaurar dende a disqueteira recoñecida polo live-cd como b: como amosa a seguinte imaxe:
    Copia do MBR a c:\boot.sav
  8. Executamos o seguinte comando: bootrest b:\boot.sav para restablecer a copia que tiñamos feita anteriormente dende c: e xa temos restaurado o MBR. Restauración do MBR orixinal ao disco duro

     

    Pulsamos calquera tecla para continuar e saímos.

    Xa temos restaurada a copia do MBR.
  9. Comprobamos que temos ben o MBR con calquera programa de particionamento, Comprobación da Restauración do MBR Comprobación da Restauración do MBR

Ademais xa poderiamos volver a traballar de igual xeito coa computadora como o faciamos previamente ao borrado do MBR.


--ricardofc 20 out 2009