VBoxManage
Uso de VBoxManage
Para poder executar o comando debemos traballar a través dunha shell (consola) e dirixirnos ó directorio de instalación de VirtualBox, posiblemente: Sun/xVM VirtualBox
Por exemplo se temos instalado VirtualBox baixo Windows no cartafol C:\ procederemos:
- Inicio-->Executar-->cmd
- Unha vez na consola de MS-DOS executar os comandos seguintes:
-
cd Sun\xVM VirtualBox
. VBoxManage.exe
-este comando daranos axuda e sintaxe de aplicación do comando-- Diriximonos na axuda á opción clonehd e deberiamos ver unha saída como a seguinte:
VBoxManage clonehd <uuid>|<filename> <outputfile> [--format VDI|VMDK|VHD|RAW|<other>] [--variant Standard,Fixed,Split2G,Stream,ESX] [--type normal|writethrough|immutable] [--remember]
-
- Imos a clonar en local un disco duro:
O disco duro a clonar a partir de agora chamarémolo ORIXE.
O disco duro onde queremos clonar chamarémolo DESTINO.
Entón executamos:VBoxManage clonehd ORIXE DESTINO --format VDI
O parámetro --format é moi interesante porque permite transformar o formato do disco duro virtual ORIXE a outro formato, é dicir, por exemplo podemos pasar un disco duro virtual formato VmWare ou VirtualPc a VirtualBox.
--ricardofc 8 out 2009