Impresión en Linux

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 12:13 6 oct 2009 de Arribi (discusión | contribs.) (→‎Introdución)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

Normalmente as impresoras están instaladas no noso equipo local ou en rede:

  • En local. Na maior parte dos casos a instalación é automática xa que o sistema operativo se encarga de instalar os drivers necesarios. Se non, necesitamos o driver da impresora para o noso sistema e facer nós a instalación de xeito manual.
  • En rede. Neste caso a impresora pode estar conectada a un equipo que forma parte da rede e que fai de servidor de impresión, ou ben a propia impresora ten unha dirección IP, a través da que se accede a ela.

Un servidor de impresión proporciona o servizo necesario para poder utilizar unha impresora. Antigamente usáronse como servidores de impresión en Linux os programas LP, LPR e LPRng, pero hoxe en día están en desuso xa que foron substituídos por CUPS (Common Unix Printing System). CUPS baséase no protocolo estándar IPP (Internet Printing Protocol) publicado polo IETF (Internet Engineering Task Force).

CUPS, ademais de xestionar os traballos de impresión, incorpora un servidor web (que corre por defecto no porto 631) que permite configurar e administrar o sistema de impresión. Tamén se pode acceder a CUPS a través do contorno gráfico de usuario, tanto en Gnome como en KDE.

--Arribi 12:13 6 oct 2009 (BST)