BlueJ

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 23:53 16 sep 2009 de Ricardofc (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

BlueJ

BlueJ é un contorno de desenvolvemento Java deseñado específicamente para a ensinanza a un nivel introdutorio. Foi deseñado e implementado polo equipo BlueJ na Deakin University, Melbourne, Australia, e a University of Kent, en Canterbury, UK.

Na seguinte ligazón web BlueJ atopará máis información sobre este IDE. De especial importancia a sección Documentation onde poderá atopar o seguinte Titorial en Español.

Instalación

  1. Prerequisitos:
    • Ter instalado Java: a versión JDK 6 ou a versión JDK 5.
      NOTA: Os usuarios de Windows Vista necesitarán usar a versión JDK 6 (ler isto para máis detalles).
    • Para máis detalles sobre requisitos do Sistema Operativo, como memoria e procesador, ir aquí.
  2. Descargar BlueJ na seguinte ligazón http://www.bluej.org/download/download.html

Cambio de Idioma a Español

Por defecto BlueJ traballa coa interface en Inglés, así que para que a interface apareza no idioma Español debemos proceder do seguinte xeito:

  1. No proceso de instalación escollimos para o programa unha ruta de instalación, co cal dirixímonos a esa ruta de instalación.
  2. Dentro da ruta de instalación editamos o arquivo bluej.defs que se atopa dentro do cartafol lib.
  3. Nese arquivo comentamos, pondo un #, diante da liña bluej.language=english
  4. Descomentamos, eliminando un #, diante da liña bluej.language=spanish
  5. Reiniciamos ou arrancamos BlueJ.
  6. Agora a interface xa aparece en Español.

--ricardofc 16 set 2009