Fujitsu Siemens ESPRIMO Mobile
Despece dun portátil Fujitsu Siemens ESPRIMO Mobile
Trátase dun equipo sinxelo e barato, ideal para facer prácticas de montaxe e reparación cós alumnos. Ademais axuda o seu baixo prezo (menos de 400€).
O Fujitsu Siemens ESPRIMO Mobile dende fora
- O Fujitsu Siemens ESPRIMO Mobile dende fora
-
O equipo pechado.
-
O equipo aberto.
-
Vista lateral dereita do equipo onde se ven tres entradas USB e a Regrabadora de DVD.
-
Vista lateral esquerda do equipo onde se ve a conexión de alimentación, o burato de refrixeración do micro, o conector VGA, a conexión RJ-45 e a rañura da ExpressCard.
-
Vista lateral esquerda moito mais cercana onde se poden distinguir mellor as partes antes indicadas e na que se sacou o protector da rañura ExpressCard.
-
Vista lateral dereita dende atrás, onde se pode distinguir a Regrabadora de DVDs, o sitio onde iría o Antirrobo K-Slot e o conector RJ-11 do módem.
-
Vista da parte baixa do portátil, pódense distinguir moitos dos buratos onde se atopan os parafusos que imos sacar así como rañuras de ventilación, os altofalantes e os conectores jacks femias para os auriculares e o micro.
-
Primeiro plano das etiquetas que veñen na parte baixa do portátil, aí atopase o Nº de Serie e o modelo por se o precisamos para buscar información do equipo ou falar có servizo técnico do fabricante.
Cambio de batería
- Cambio de batería
-
A extracción da batería é ben sinxela, só hai que mover cara a dentro os dous pechos laterais.
-
A batería sairá facilmente.
-
Trátase dunha batería de 12 V de Ion Litio como a da maioría dos portátiles.
-
Toma cercana da batería onde se ven as súas características 14,8V / 2000 mAh.
-
Imaxe do portátil sen a batería visto dende atrás.
Extracción do Disco Duro
- Extracción do Disco Duro
-
A extracción do disco duro faise con só sacar un parafuso. Como se ve na imaxe éste está perfectamente sinalizado no PC.
-
Sacando a tapa xa se ve o soporte do disco duro.
-
Aí está o disco duro fora do PC.
-
Como pode verse ten conexión SATA, unha conexión exactamente igual a de calqueria disco de 31/2".
-
E o oco no PC.
Extracción da Regrabadora de DVD
- Extracción da Regrabadora de DVD
-
A extracción da Regrabadora de DVD faise con só sacar un parafuso. Como se ve na imaxe éste está perfectamente sinalizado no PC.
-
Tamén precisaremos un Clip.
-
Con el abriremos a Regrabadora.
-
A apertura será inmediata.
-
E xa podemos tirar del.
-
Hai que tirar con coidado, sen forzala.
-
Aquí aparece xa fora do equipo e pechada de novo.
-
E nesta imaxe vemos o oco que queda unha vez retirada.
Accedendo ao interior do Portátil
- Accedendo ao interior do Portátil
-
Sacando estes catro parafusos marcados poderase extraer unha tapa posterior que nos permitirá acceder ao interior do Portátil.
-
A tapa sae facilmente, non ten ningún tipo de pestaña.
-
Xa se pode ver o interior do Portátil. só con sacar esta tapa será posible facer un cambio do módem interno, da tarxeta Wifi, da memoria RAM e do ventilador e disipador do Microprocesador.
-
Seguiremos sacando algúns tornillos mais da caracasa. Algúns deles atópanse agochados debaixo de "gomas".
-
Unha vez retirada a goma a extracción do tornillo é sinxela.
-
Débense sacar todos os tornillos da parte traseira do PC e gardalos aparte, sen misturalos cós do interior.
Extracción da Memoria RAM
- Extracción da Memoria RAM
-
A extracción ou ampliación da memoria RAM é xa posible ao sacar a tapa posterior.
-
Para extraer o módulo existente só hai que presionar "cara fora" sobre os enganches laterais.
-
Unha vez presionados a memoria quedará liberada.
-
Como se pode ver, trátase dun módulo de 512MB de memoria DDR2-667 (ou PC2-5300) do fabricante hynix en formato SO-DIMM.
-
Nesta última imaxe podemos ver os dous bancos de memoria que trae o equipo, polo que a ampliación neste caso é posible sen perder a memoria que trae de fábrica.
Extracción do Módem Interno
- Extracción do Módem Interno
-
O módem interno, marcado en vermello, atópase xusto ao lado da tarxeta WIFI.
-
Sacando eses dous parafusos xa só queda enganchado polo cable que vai cara o conector RJ-11 da parte posterior do PC.
-
Desconectaremos completamente o módem tendo coidado de non tirar dos cables.
-
Se non o conseguimos cós dedos podémonos axudar dun desparafusador finiño.
Extracción da Tarxeta Inarámica
- Extracción da Tarxeta Inarámica
-
A tarxeta inarámica é outro dos compoñentes do Portátil que ten fácil acceso. A ela chegan dous cables que son os que a conectan coa antena que se atopa na parte traseira da pantalla. Como se ve na imaxe é interesante marcar cun rotulador onde vai o cable "negro" para así non confundirse cando se monte o equipo.
-
A desconexión destes cables é sinxela... non tanto volvelos a conectar, son moi fráxiles e pódense dobrar con facilidade.
-
Unha vez desconectados sacaremos os dous tornillos que a suxetan á placa.
-
Logo só hai que tirar dela para quitala do seu slot.
Conector de Vídeo
- Conector de Vídeo
-
Cara a pantalla deste Portátil saen dous cabres, un é o da antena WIFI e outro, como non, o que leva os datos da imaxe, ése é o que desconectamos neste momento.
Extracción do Microprocesador e do seu Disipador
- Extracción do Microprocesador e do seu Disipador
-
O primeiro será retirar o ventilador e para iso teremos que desconectalo da corrente.
-
Logo sacarémoslle o parafuso que o suxeita á placa e xa se poderá sacar.
-
Agora xa nos podemos centrar en extraer o microprocesador có seu disipador, que neste caso van soldados. Temos catro parafusos de estrela marcados cunha numeración e un plano para liberar o micro do socket.
-
Comezamos extraendo o parafuso número 4.
-
Logo o número 3.
-
E logo os números 2 e 1... así por esa orde.
-
Por último, liberaremos o micro do socket.
-
Xa podemos así extraer o micro e o seu disipador do socket. Hai que facelo con coidado pois pódense danar os "pinchiños" do microprocesador.
-
Aí vemos o micro cara abaixo xa extraído.
-
E o socket xa sen o microprocesador que, como se ve, é un Socket 478MN tamén chamado Socket P.
Extracción do Teclado
- Extracción do Teclado
-
Primeiro sacaremos os parafusos da parte traseira do equipo.
-
Agora chegamos a parte mais delicada pois o embelecedor da parte superior do teclado está ben suxeito con pestanas.
-
Ollo con non dobrar en exceso o plástico.
-
Agora o teclado xa se pode mover, pero ollo, non tirar moito pois aínda non está solto, falta o cable de datos.
-
Fixarse tamén nesa telilla negra aislante eléctrica pero non aislante térmica.
-
Para desconectar o cable de datos do teclado hai que levantar unha pestana negra existente no conector
Extracción da Pantalla
- Extracción da Pantalla
-
Para extraer a pantalla o primeiro é ter sacado o teclado e o embelecedor frontal superior que xa se sacou no apartado anterior.
-
Vemos que hai que desatornillar os parafusos que suxeitan a pantalla e, ademais, os cables de datos da pantalla e os da antena Wifi.
-
Esta sería a esquerda da pantalla onde se ven os dous parafusos que suxeitan a bisagra da pantalla e os cables da antena Wifi.
-
Esta sería a dereita da pantalla onde se ven os dous parafusos que suxeitan a bisagra da pantalla e o cable de datos da pantalla.
-
Os parafusos son realmente longos (o resto dos do equipo son, seguro, mais curtos) polo que son facilmente recoñecibles.
-
Nesta imaxe vemos a parte central da pantalla onde se pode distinguir o botón de encendido do equipo así como tres parafusos que teremos que sacar para desmonar completamente o equipo.
-
Unha vez sacados os catro parafusos das bisagras hai que ter coidado de suxeitar a pantalla... aínda queda por desenredar os cables .
-
Os cables saen da carcasa tirando deles con coidado.
-
Nesta imaxe temos un primeiro plano do conector da pantalla.
-
Xa está a pantalla totalmente separada do corpo do PC.
Sacarlle o embelecedor á pantalla
- Sacarlle o embelecedor á pantalla
-
Para desmontar por completo a pantalla do seu embelecedor hai que sacar unha serie de parafusos que están ocultos detras das gomas inferiores do monitor. Tamén nos permitirán extraer as bisagras.
Extracción da Placa Base
- Extracción
-
Como se ve nesta imaxe, temos uns 8 parafusos de estrela que sacar para poder separar a placa base da carcasa do Portátil.
-
Os primeiros que sacamos son os da parte superior da carcasa (uns parafusos realmente cortos).
-
Vese aí arriba unha especie de "pinchiño móbil" que é o encargado de facer de detector do peche da pantalla, así poderase programar o apagado do monitor cando este se baixe sobre o teclado.
-
Debaixo desa goma existe in parafuso que tamén hai que sacar.
-
Nesta imaxe xa se ve a goma sacada e o parafuso de estrela que estaba aí agochado.
-
Antes de extraer a placa base debemos desconectar o "Touchpad", este ten un conector moi parecido ó do teclado.
-
Dende a parte de abaixo a placa base ten este aspecto.
-
Aquí vemos a carcasa xa sacada.
-
A parte baixa da carcasa aínda non está separada, quédannos por desconectar os altofalantes e...
-
...tamén os USBs laterais
-
Nesta imaxe temos un primeiro plano do botón de encendido do equipo... un botón facilmente cambiable con só facer un par de soldaduras.
-
Xa temos a placa completamente sacada da carcasa do Portátil. Esta sería unha vista da súa parte traseira.
-
E aquí hai unha vista da placa dende o seu lado frontal.
-
Por último, a carcasa inferior na que aínda se poden distinguir elementos que se poderían separar como os USBs laterais e os altofalantes.