Diferencia entre revisiones de «FCFS CPU»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 17:37 24 nov 2008
FCFS (First Come First Served)
Este algoritmo tamén chamado FIFO (First Input First Output) ou PEPS (Primeiro en Entrar Primeiro en Sair) ten en conta a quenda de chegada. Este algoritmo determina que cando entra un proceso éste acapara a CPU, non podendo entrar outro proceso, ata o final da súa execución. Unha vez rematada a súa execución entra o seguinte proceso por orde de chegada na cola, e non abandoará a CPU ata o final da súa execución, e continuarase así ata finalizar a cola de procesos a executar.
Imos ver un exemplo para explicar como traballa o algoritmo FCFS:
- Supoñemos a situación seguinte: 3 procesos chegan no mesmo instante, o tempo de chegada 0, e na orde P1, P2 e P3.
- Tempo de chegada: 0
- Cola: P1, P2, P3
- Duración Proceso: P1-->12 ciclos de CPU, P2-->5 ciclos de CPU, P3-->7 ciclos de CPU.
sendo,
- te|Pi O tempo de espera do Proceso Pi
- tr|Pi O tempo de retorno do Proceso Pi
Imos calcular o tempo de espera(te), o tempo de retorno(tr) e o tempo medio de espera para este algoritmo, así como o Diagrama de Gantt correspondente,
Como podemos ver na imaxe o algoritmo FCFS segue este procedemento :
- Ciclo 1 da CPU-Tempo de Chegada 0: O primeiro proceso en entrar na CPU é o proceso P1 pois na orde de chegada é o primeiro da cola de procesos. O algoritmo FCFS determina que ao entrar un proceso esté ocupará a CPU ata que o mesmo remate, así o proceso P1 acapara a CPU durante os primeiros 12 ciclos da mesma.
- Ciclo 13 da CPU-Tempo de Chegada 12: A continuación entra na CPU o proceso P2 que é o seguinte na cola, co cal acapara a CPU 5 ciclos da mesma ata que o proceso remata.
- Ciclo 18 da CPU-Tempo de Chegada 17: Prosegue o seguinte na cola que é o proceso P3 acaparando a CPU 7 ciclos da mesma.
Imos ver que pasaría se agora,
- Supoñemos a situación seguinte: 3 procesos chegan no mesmo instante, o tempo de chegada 0, e na orde P2, P3 e P1.
- Tempo de chegada: 0
- Cola: P2, P3, P1
- Duración Proceso: P1-->12 ciclos de CPU, P2-->5 ciclos de CPU, P3-->7 ciclos de CPU.
sendo,
- te|Pi O tempo de espera do Proceso Pi
- tr|Pi O tempo de retorno do Proceso Pi
Como podemos ver na imaxe o algoritmo FCFS segue este procedemento :
- Ciclo 1 da CPU-Tempo de Chegada 0: O primeiro proceso en entrar na CPU é o proceso P2 pois na orde de chegada é o primeiro da cola de procesos. O algoritmo FCFS determina que ao entrar un proceso esté ocupará a CPU ata que o mesmo remate, así o proceso P2 acapara a CPU durante os primeiros 5 ciclos da mesma.
- Ciclo 6 da CPU-Tempo de Chegada 5: A continuación entra na CPU o proceso P3 que é o seguinte na cola, co cal acapara a CPU 7 ciclos da mesma ata que o proceso remata.
- Ciclo 13 da CPU-Tempo de Chegada 12: Prosegue o seguinte na cola que é o proceso P1 acaparando a CPU 12 ciclos da mesma.
--ricardofc 24 nov 2008