Diferencia entre revisiones de «A placa base»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 16:02 1 jun 2023
A placa base ou placa nai (en inglés motherboard ou mainboard) é unha tarxeta de circuíto impreso que serve como medio de conexión entre o microprocesador, a memoria RAM, os dispositivos de almacenamento, as tarxetas de expansión,... É dicir, é o soporte sobre o que se monta todo o PC e, polo tanto, trátase dun dos elementos máis importantes do equipo. As súas características marcarán as propiedades do PC que vaiamos a montar, polo que elixir unha boa placa será moi importante. Os principais elementos das placas base son:
- Chipset
- Conector da Fonte de Alimentación (AT - ATX - ATX2)
- Zócalo do Microprocesador (Slot - Socket)
- Pontes ou jumpers
- Conectores dos botóns e LEDs da Carcasa e do Altavoz
- Ranuras para tarxetas de expansión (ISA, PCI, AGP, PCI-Express, AMR, CNR, ACR)
- Zócalos de memoria RAM (SIMM, DIMM)
- Portos: Serie, Paralelo, USB, PS/2, Firewire
- O conxunto BIOS + CMOS + Reloxo
- Controladoras e conectores de unidades de disco (IDE - Floppy – SATA - SCSI)
- Todos estes elementos imos a tratalos nos seguintes enlaces:
-- Volver