Nun principio (coa aparición do formato ATX, as placas viñan con dous conectores USB; hoxe en día veñen con "moitos" conectores, traseiros, frontais,...)
Recoméndase non empregar cables USB de máis de 5 metros de longo. Así e todo, pódese chegar ata os 25 metros enlazando 5 "cables de extensión activos".
Os cables teñen 4 Fíos (ata o USB 2.0, logo, a partires do 3.0, pasan a ter 4 + 5 fíos), con respecto aos de 4 fíos:
2 deles para alimentación (un leva +5 V e outro leva terra)
2 deles para datos (Data- e Data+)
As velocidades soportadas dependen do estándar:
USB 1.0: Half-duplex. De 1,5 Mbps -LowSpeed- para teclado, rato, joystick,... a 12 Mbps (1,5 MB/s) -FullSpeed- para dispositivos máis rápidos
USB 2.0: Half-duplex. Cunha velocidade de 480 Mbps (60 MB/s) -HiSpeed- compite có Firewire
Voltaxe / Intensidade : 5V / 5 * 100 mA (500 mA)
É capaz de ofrecer unha potencia de 2,5W (5V e 500 mA).
USB 3.0. Full-duplex. Cunha velocidade de máis de 5 Gbps (625 MB/s) -SuperSpeed-.
- Compatible con 2.0 e 1.0.
- Tecnoloxía SuperSpeed que traerá un aumento da velocidade de transferencia e reducirá o consumo de enerxía. Esta tecnoloxía fai necesario engadir cinco liñas, dúas delas para o envío e outras dúas para a recepción de información, de forma que se permite tráfico bidireccional, en ambos sentidos ao mesmo tempo.
Ven para solucionar problemas de conexión e similares.
Aparece a finais do 2014.
Este conector Tipo C é un novo tipo de conector reversible tanto en extremos como en posición.
USB Type C pinout
Ademáis de ofrecer a comodidade polo seu deseño reversible, ten unha velocidad de ata 20 Gbps por segundo baseándose na especificación 3.2 de USB.
Nota:
Aclarar que o USB-C é só a forma do conector, o cable pode ser a versión 2.0. Isto quere dicir que non significa que tendo un conector USB-C teñamos altas velocidades nin xestión de altas cantidades de potencia. Pero si que nos ofrece a posibilidade de ser un conector case universal e isto é debido aos variados protocolos que soporta: HDMI, DisplayPort, VGA, PCIe, Ethernet, etc. Claro está, todo depende do cabre incorporado pero a saída, neste caso o conector Type-C da soporte a protocolos variados (USB-C como porto de son).
Wireless USB 1.1. Aínda en proxecto parece que vai ofrecer ata 1 Gbps.
Outras características moi interesantes dos portos USB son as seguintes:
Pódense conectar ata 127 periféricos en cadea empregando Hubs USB
Os dispositivos conectados a estes portos son Plug&Play e permiten a súa conexión en "quente" (hot-plug)
Neste tipo de portos pódese conectar case calquera dispositivo pero, sobre todo, veremos conectados a el: Impresora, Escáner, Módem, Cámaras, Teclado, Rato,...